jueves, 26 de marzo de 2015

Un lume arrasa preto de 500 Ha na Serra do Galleiro redores

Dor e raiba no corazón, iso e o que sentimos muitos despois de tratar de protexer, dar a coñecer e querer a Serra do Galleiro e seus montes. Un lume que durou case dous días como un inferno asola montes das parroquias de Padróns, Ribadetea e Xinzo chegando en zonas como Mouro e Parada moi preto das casas.

Asesinos do medio natural plantaron primeiro tres focos na zona de Mouro (Padróns) desplazandose en toda a noite e día seguinte polos fortes ventos dirección sur as terras de Ribadetea e Xinzo polos montes e faldas da Serra do Galleiro, tendo que intervir unidades de reténs e aéreas de toda, incluido tamén o exercito Galiza. Esperemos que a estes "enfermos" algún día a mai natura retornelle o golpe.



Agora toca comezar de novo nestas terras queimadas unha vez máis, pero recordar e advertir que este ano pódese voltar moi negro pola nova lei de montes, a cal aprobaron recentemente o Consello de Ministros onde a partir de agora as terras queimadas poderanse recalificar. Ata agora, a anterior lei de 2003 non o deixaba facer ata trinta anos despois do lume neses terreos, pero agora e tristemente unha vez máis, unha minoría da sociedade pero moi poderosa (políticos e demais) voltan demostrar que non importalles protexer os montes nin coidalos, senón sacar beneficios e diñeiro deles con estas leis absurdas.

lunes, 23 de marzo de 2015

Nova ruta guiada polo camiño das pedras e enerxía dos montes da Picaraña

O sábado 4 de abril o autor do blogue organiza outra ruta guiada polos enigmáticos e coñecidos montes da Picaraña, o itinerario e o seguinte:

SAÍDA: As 15:30 dende diante das piscinas de Ponteareas para acercarnos nos menos coches posibles ata a Pena dos Namorados, o pe da N-120 en Arcos, os que queiran saír ali directamente a ruta parte de ali as 16:00 horas.

O PERCORRIDO:

- Saída da Pena dos Namorados, posible santuario pagán.
- Pena do Equilibrio e visita O Castro de Arcos.
- Pena do Pelouro e visita a posible estrano petroglifo.
- Castro e Castelo da Picaraña.
- No cumio da Picaraña pequena charla, "A Picaraña, un monte enigmático e moi habitado sobre o Tea."
- Xa na volta outra pequena charla na Pena dos Namorados, "Os primeiros habitantes do val do O Condado" e "A moura da Pena dos Namorados, legado dun posible santuario".

Esperemos que favoreza o clima e que vos animedes a asistir, un saúdo do autor. Jhonathan Zúñiga.

domingo, 22 de marzo de 2015

A lenda do Penedo dos Mouros, Ribadetea

Grazas a meu avó e súa boa memoria, puiden recuperar esta lenda a cal descoñecia por completo, a cal forma parte da noso rico folclore e mitoloxía.
Nos montes de Ribadetea, o pe da antiga estrada de Cillarga, que vai da Lomba (Areas) o Viveiro (Ribadetea) atopase o antigo Penedo dos Mouros , o cal na actualidade e coñecido como Penedos dos Moros, o cal a xente de forma errónea confunde cos "musulmáns que trouxo Franco na guerra civil".

Como todos os lugares "mouros" da nosa terra, o lugar esta relacionado cunha lenda de "ouro ou encantamento por parte dos mouros", inda que cada vez esa tradición oral de avós a netos, de contar esas historias mitilóxicas da nosa terra por desgraza vaise perdendo, e como din, cada vez que morre un vello nunha aldea se perde unha lenda, pero esperemos que agora esta non.

Conta a lenda, que o Penedo dos Mouros estaba encantado, pois ali no pasado os antigos mouros meteran ouro dentro e cerraran no penedo. 
Por aqueles tempos inda antes de nacer meu avó, fai entorno uns 80 anos atrás, Amador "o canteiro de San Blas" da parroquia de Areas, non tiña crenza nesas lendas de que había ouro dentro do penedo e este estivera encando. Mesmo así, dixo que de existir ouro no seu interior sería para el, dicía que as pedras non puideran ter poderes polo que ía dinamitala como outra pedra máis e ver se tiña de verdade ouro dentro.

O experimentado canteiro Amador entón subiu o monte, o Penedo dos Mouros, fixolle un pequeno burato e comezou a meterlle dinamita para barrenala. Cando este inda non rematara de meterlle a dinamita, esta explotou soa sen que déralle tempo a saír do pendo, saíndo este disparado. 
Amador sobreviviu, pero quedou sen un brazo, coxo dunha perna e sen a vista dun ollo, a xente xa o avisara, O Penedos dos Mouros ten un encantamento.


Na actualidade o mesmo Penedo dos Mouros ten unha pequena construcción no seu interior, unha porta feita en pedra a cal e anterior a o suceso do canteiro de San Blas, Amador. Esa pequena construcción a fixera anteriormente o primeiro garda bosques da Serra do Galleiro vido de Pontevedra. Este residiu na primeira casa do Viveiro (Ribadetea) a cal foi feita con ese proposito, ser a vivenda do garda bosques. voltando o penedo, este aproveitara a forma da pedra para facer esa porta a cal a usaba de pequeno almacén para gardar ferramentas.

Nos redores do Penedo dos Mouros non se atoparon restos arqueolóxicos, pero si ten muita riqueza folclorica en forma de lendas sendo moi coñecido nas parroquias dos redores, de seguro no pasado inda tivo máis lendas mouras. 
Pode ser que este penedo, no pasado fora lugar de rituais ou mesmo lugar sagrado de nosos antepasados pagáns, e dicir inda non cristiáns. Mesmo e posible que nos redores do penedo vivirá un druida ou chaman que a día de hoxe e recordado como ese "mouro" que habitaba no penedo. 

lunes, 9 de marzo de 2015

Mondrico, da fundación de Mondariz os paquetes de tabacos Celtas

Mondrico, un antigo nobre de orixe xermano do Reino Suevo da Gallaecia, apodado "O Bravo" foi segundo a lenda o fundador de Mondariz nos tempo do rei Resismundo fillo de Maldrás (que realmente encaixaria co o rei Remismundo). Este articulo esta basado no libro "Lendas, contos e outros relatos de Mondariz e o Balneario" escrito por Xoan Xosé Pérez Labaca.

Imos resumir un pouco esa lenda e que nos conta no seu libro Labaca, aínda que esta mezcle datas e etapas históricas, pero o interesante aparte da lenda e que se mezclamos o nome de Mondrico coa terminación que ben do xermano -iz (que posiblemente significa pertenza ou de alguén) nos sae  Mondariz, ou como di a lenda antigamenente, "Terras de Mondrico".

Mondrico era fillo de Andrico e Tornela, que residían na capital do Reino Suevo, Braga, os dezaoito anos decidiu participar en apoio a corte de Braga contra as revoltas Aunensis, a cal no libro segundo a lenda data no 561, data que para encaixala na historia habría que quitarlle 100 anos e situala no 461 durante o reinado de Remismundo. Aquela revolta fora provocada o parecer por antigos aristócratas galaico-romanos que non querían perder seus privilexios das terras ante o dominio suevo, o lugar da revolta foi probablemente nas terradas dos redores da antiga cidade de Tui, inda que algúns estudosos a sitúan na zona de Ribadavia, eu persoalmente ata engadiría a posibilidade do val do Tea.

Remismundo, rei da Gallaecia do 459 o 469.

O certo e que a Mondrico foille moi ben na loita e unha vez que conseguiron sofocar a revolta, foille concedido o privilexio nobre de poder levar sempre en calque lugar a espada no cinto, escudo redondo e casco. Despois disto Mondrico coa súa xuventude e valentía viva andivo pola Gallaecia dun lugar a outro na procura de aventura. Rematando no que na lenda chama Varda (A Guarda), onde namorouse da filla do gobernador desas terras Garderico, a fermosa Sabaxiana, a cal xa estaba prometida o gobernador das terras do val do Tea, Antróñico, o cal gobernaba dende o antigo castro de Tróñica (Troña).

Polo seu estatus de ser o máis nobre dos que se atopaba na Varda, seu gobernador Garderico mandoulle levar súa filla Sabaxiana ata Troña, para ser tomada por seu prometido Antróñico, isto partiulle o corazón a Mondrico, pero por súa nobreza decidiu aceptar a levala. 

No camiño fixeron noite na zona das Gándaricas de Budiño (Gándaras de Budiño), onde ambos uniron súas ialmas. Retornado o camiño a Troña seu amor fíxose real, e o chegar Mondrico cegamente namorado retou a Antróñico polo amor de Sabaxiana. Este indignado maldeciuno, pero como tiña condición de nobre tivo que aceptar seu reto, pero coas súas condicións. 

Segundo a lenda Mondrico tiña que derrotar dous dos seus máis feros guerreiros, e despois se sobrevivía a el nunha loita sen casco nin escudo, de conseguilo o millor tirador de fonda de Troña lanzaría unha pedra e a dúas distanzas máis lonxe do tiro podería asentarse con Sabaxiana. A loita foi feroz pero Mondrico conseguiu vencer a ambos guerreiros e despois o propio Antróñico, o cal coa súa espada na cabeza perdonou a vida pola súa nobre decisión de aceptar o reto.


Mondrico e Sabaxiana foronse dirección a pedra e chegaron a un lugar onde unha fonte clara de augas cristalinas, onde Mondrico bebeu e despois berrou cos brazos o ceo, "¡aquí neste sitio, quédanse Mondrico e Sabaxiana! ¡esta fonte deitará auga para min e para os meus! ¡estas son, dende agora, as miñas terras! ¡Terras de Mondrico!"

Mondrico asentouse o parecer na zona do Castromao, nos redores de Mondariz na estrada que vai do colexio a antiga Ponte de Cernadela. A seu asentamento achegaronse algúns guerreiros os cales levaron tamén súas familias creando un prospero núcleo de poboación.  Mondrico fecundou unha estirpe, a cal en tempos de San Martiño de Braga (Martiño de Dumio) por intervención directa deste converteuse o catolicismo. De Mondrico segundo conta Labaca surxíu este cantar popular nestas terras:
Esta é a terra dun home
que loitou por ser feliz
terra de Mondrico, O Bravo,
fundador de Mondariz.

Na foto lugar actual do Castromao.

Desta lenda de Mondrico e a fundación de Mondariz, e de destacar de forma interesante un aporte que engade Labaca, o cal di que nos anos vinte do século pasado escavando Pericot e Cuevillas na zona do Castromao de Mondariz atoparon a figura esculpida de Mondrico. Esta nun principio foi depositada no museo Etnográfico de Pías (Pías, Ponteareas), onde perdeuselle posteriormente a pista para logo ser topada na posesión dun boticario catalán coleccionista no ano 1954, morrendo este sen descendencia perdendose de novo súa pista. Agora sábese con certeza segundo Labaca, que se atopa nunha colección privada dun acaudalado americano en Sausalito, San Francisco (EE.UU), unha magoa pero isto por desgraza non e estrano co noso patrimonio galaico.

Pero o curioso, e que a figura de Mondrico serviu de modelo pola mala información ou documentación de algunha persoa, a cal pensou que era celta e non de estética xermana como modelo ilustrado dos paquetes de tabacos Celtas, antiga marca de Tabacalera S.A. Non e fascinante a onde chegou Mondrico!


lunes, 2 de marzo de 2015

Fotos do roteiro pola Ponteareas Romana

O pasado 21 de febreiro o autor deste blogue Jhonathan Zúñiga organizou un roteiro pola Ponteareas Romana coa boa afluencia de participante (se agradece muito). 
A ruta visitou varios xacementos arqueolóxicos vinculados a minería durante o periodo romano nos lindes actuais do concello de Ponteareas. 

O tema central foi como nese periodo no val do Tea comezou unha nova forma de vida, económica e social totalmente vinculada a minería aurífera extraída do río Tea mediante minas. 

As visitas foron acompañadas por charlas e explicacións do posible proceso mineiro no val do Tea, visitando así os restos das explotacións mineiras da Moscadeira, A Ponte (As Covas), A Barxamoura e a Croa, ademais da posible inda en estudo da Fonte Sapeira.

Tamén visitamos castros mineiros onde viviron os obreiros destas explotacións, como o das Searas en Angoares ou A Croa en Ribadetea. O mesmo tempo pasouse polas antigas pontes dos Remedio e o que queda da Ponte das Cons, falando das vías e calzadas romanas e o proceso de transporte mineiro terrestre e fluvial.

O Roteiro arrancou cunha introducción da igrexa de Angoares, onde antigamente atoparase restos da antiga vila romana que ali existiu. Pasou ademais polas parroquias de Ponteareas, Ribadetea para rematar en Padróns no Río do Barco, onde tralo derrumbe da antiga Ponte das Cons por unha riada no século XVIII púxose un barco tirado de corda para cruzalo Tea.

Agradecer a tod@s os participantes que fixeron o roteiro e a información que compartiron na ruta, na cal aprendimos todos un pouco máis de nosa historia pasada. Se todo vai ben para finais deste mes principios de abril realizarase outra similar con charla por outros restos arqueolóxicos do concello, saúdos!