martes, 11 de agosto de 2015

Mañá mércores 12 charla e visita guiada o castro de Troña as 21:00 horas

Mañá 12 de agosto as 21:00 horas no castro de Troña charla e visita guiada, organizada polo concello de Ponteareas dende o departamento de Cultura e palestrada polo autor do blogue, Jhonathan Zúñiga.

Primeiro falarase da historia e arqueoloxía do castro de Troña e despois da mitoloxía galaica e seu peso na cultura popular do medo aínda nos tempos de hoxe. 

lunes, 3 de agosto de 2015

I parte do camiño a Bretaña, Sorogain (Navarra)

Nun val moi encaixado a case 1000 metros con saída a Francia, preto de Roncesvalles atopase este fermoso lugar chamado Soragain, en Navarra. Dar con el foi pura casualidade (inda que no camiño dun creo que non existen as casualidades) pois se non chega a ser por seu albergue onde pasamos a noite penso que nunca atopariamos este incrible e remoto lugar.

Estando de camiño entre a Galiza e a Bretaña francesa antes de chegar a Roncesvalles (lugar emblemático do camiño de Santiago e na historia) dimos con este lugar vía internet, descoñecendo totalmente seus encantos. Nun entorno de altas montañas sobre un val de amplos prados verdes repletos de gando, sobre todo vacún e cabalar, os cales tiñan un tamaño e robustez  impoñentes.

Pero Sorogain non ben sendo só un remoto lugar para gozar da tranquilidade e natura, senón que escondia algo máis que descubrimos o entrar no albergue, pois este val, noutros tempos foi un sitio de paso seguramente sagrado e de culto, pois posúe mámoas, dolmens e ata un crómlech ou círculo lítico de pequeno tamaño pero fermoso. 
Tamén unha curiosa acumulación de pedras nun prado que nos fai desconfiar de seu posible orixe.

Cando chegamos tiñamos a noite enriba pero mesmo así decidimos facer parte da ruta da "Estación Megalítica", polo menos os algo máis de 2 km ata o crómlech. Comezamos a andar o mesmo tempo que marchaba a luz do val, a única referencia a estreita estrada sen luz mentres os corvos xa saíran e cantaban os últimos pardais.

A medida que íamos avanzando eu e meu compañeiro que me acompañaba "Nito" (o outro compa Victor decidira quedar a descansar no albergue) nos altos prados ía aparecendo máis e máis gando, sobre todo vacún cuns exemplares brancos e moi robustos. Tamén en grupos máis pequenos cabalos, os cales tamén eran moi fortes e fermosos, os claes cando pasabas preto deles o macho dominante se te acercaba impoñendo coa súa mirada e tamaño.

O primeiro lugar que nos sorprendeu foi unha acumulación de pedras nun prado, era increible a cantidade de pedras alí depositada que contrastaban co resto da paisaxe. 
Penso que seu orixe non e natural, teño entendido que os glaciares arrastran pedras pero nunca vira algo así tan o natural. Recordando que estamos nun antigo lugar de culto prehistórico, dicir que este tipo de acumulacións petreas non son excepcionais, e as veces ata gardan sorpresas debaixo, polo que ben sendo posible que os antigos constructores das mámoas e crómlech do lugar puideran levar ata alí todas esas pedras con fins de ritualística.
Nesta última foto o fondo se pode ver a acumulación petrea baixo a arboleda.

Coa noite pisándonos os talóns deixamos as mámoas a un lado e nos apresuramos para ver o crómlech, pois co entorno tan tranquilo, natural e coa posta de sol era o momento perfecto para captar súa enerxía. Aínda que antes de chegar o monumento megalítico nos atopamos co cadáver devorado dunha vaca polos lobos, o cal fixo que o ambente se voltase algo inquieto, de andar preto a manada xa nos terian visto case dende que arrancamos.

Chegamos o crómlech coa escurecida, seu nome Xanxoten Harría (Pedra Xanxoten) a case mil metros de altitude os pes do monte Sorolepo. De pequeno tamaño, uns catro metros de diámetro e pedras chantadas pequenas, as cales semellaban na actualidade alteradas, seguramente pola gandeiría da zona. 
Pois alí nos atopabamos, practicamente a escuras, rodeados dos tranquilos pero cheos de vida prados. No lugar había unha chamativa enerxía tranquila e positiva, penso que podería estar toda a noite no medio do círculo, con total tranquilidade e seguridade sen temer a noite nin os lobos, esa era a sensación do lugar, non querer marchar de alí.

Comezamos a tocar e tentar sentir a enerxía das pedras, as cales noutros tempos foron base de rituais de nosos ancestros. Sorprendeunos unha delas cunha curiosa forma case perfecta de man, esta se puñas alí a man tiña unha enerxía sensitiva enorme, tanto que nun pricipio chegaba a marear, incrible. Despois de relaxarnos nese tranquilo entorno enerxético, chegou o momento de retornar o albergue.

De volta a paso apurado, cando pasamos de novo polo cadáver da vaca decidimos parar e ver como puido ser a cacería dos lobos, pois e algo do que tamén gosto, e máis penso que de existir un animal guía, o meu sen duda e o propio lobo. O cadáver devorado estaba xusto o lado do pequeno río seco case nesta época do ano, polo que pola pinta foi acurralada alí pola manada. Cando os lobos cazan bestas de tal tamaño quere dicir que se moven en manadas e non individualmente, pois se están solitarios se alimentan de carroña ou pequenas presas, pero nunca unha de tal envergadura. Isto inda daba máis respecto no momento claro, seguramente estariamos no seu couto de caza e  nosa única tecnoloxía era miña cámara co que pouco se podería facer. O cadáver se atopaba devorado de un par de semanas por seu estado de descomposición, tamén atopamos plumas de aves carroñeiras no seu entorno.
a dous metros habría os restos dunha pata do mesmo devorada, outra clara proba de que na manada había varios machos, pois o macho alfa ou dominante marxina os outros machos facendo que coman a parte del e as femias.

Rematando a pequena visión do que alí puído suceder, voltamos de novo o camiño do albergue. Andando a bo paso, co gando moi tranquilo escoitando seus cencerros, íamos falando e fixandonos en cada pequeno ruido que puidese ser sospeitoso de romper a tranquilidade, pois cando chegamos o albergue xa era noite cerrada e só tiñamos a luz dos móviles. O chegar fumos directos a descansar, algunhas almas pese conducir dende as nosas terras galaicas ata o Pirineo inda necesitamos algo de aventuras e sensacións para poder durmir ber.

O día seguinte nada máis levantarnos acudimos no coche de novo o crómlech, agora os tres, pois tiñamos que amosarllo o compañeiro Victor e eu queria despedirme del, aínda que espero nesta vida voltar a el, con máis tempo.
 

Cando arrancamos camiño de Roncesvalles para logo seguir cara a Bretaña, o compañeiro Nito mirou algo con forma alterada dende o coche, o cal parecia ser os restos dunha mámoa que non aparecía en ningún catalogo da zona, un exemplo máis do insólito e inexplorado que aínda se atopa este lugar.
 

Unhas das conclusións que saquei de Sorogain, o cal xa falarei seriamente cando remate as outras sensacións do viaxe das terras galaicas a Bretaña, e que neste insólito paso pudo ser na cultura atlántica que logo deu lugar a celta un lugar de paso sagrado e de culto, e posible que iniciados ou pobos emigrando hipotéticamente nun principio de sur a norte deixaran neste lugar súa pegada, que no seu paso por aquí enterrasen importantes individuos dos seus clans e recordar o viaxeiro de seu culto e recordo fose eterno. Tamén pode dar a pensar que este antigo paso fose utilizado con anterioridade o de Roncesvalles. pèro recordade que todo son as primeiras hipóteses persoais, poden ser certas ou estar erradas, pero a maxía por así chamarlle de poder estudalas e sentilas físicamente as veces faime ver o mundo como o puideron ver nosos enigmáticos ancestros.