lunes, 2 de marzo de 2015

Fotos do roteiro pola Ponteareas Romana

O pasado 21 de febreiro o autor deste blogue Jhonathan Zúñiga organizou un roteiro pola Ponteareas Romana coa boa afluencia de participante (se agradece muito). 
A ruta visitou varios xacementos arqueolóxicos vinculados a minería durante o periodo romano nos lindes actuais do concello de Ponteareas. 

O tema central foi como nese periodo no val do Tea comezou unha nova forma de vida, económica e social totalmente vinculada a minería aurífera extraída do río Tea mediante minas. 

As visitas foron acompañadas por charlas e explicacións do posible proceso mineiro no val do Tea, visitando así os restos das explotacións mineiras da Moscadeira, A Ponte (As Covas), A Barxamoura e a Croa, ademais da posible inda en estudo da Fonte Sapeira.

Tamén visitamos castros mineiros onde viviron os obreiros destas explotacións, como o das Searas en Angoares ou A Croa en Ribadetea. O mesmo tempo pasouse polas antigas pontes dos Remedio e o que queda da Ponte das Cons, falando das vías e calzadas romanas e o proceso de transporte mineiro terrestre e fluvial.

O Roteiro arrancou cunha introducción da igrexa de Angoares, onde antigamente atoparase restos da antiga vila romana que ali existiu. Pasou ademais polas parroquias de Ponteareas, Ribadetea para rematar en Padróns no Río do Barco, onde tralo derrumbe da antiga Ponte das Cons por unha riada no século XVIII púxose un barco tirado de corda para cruzalo Tea.

Agradecer a tod@s os participantes que fixeron o roteiro e a información que compartiron na ruta, na cal aprendimos todos un pouco máis de nosa historia pasada. Se todo vai ben para finais deste mes principios de abril realizarase outra similar con charla por outros restos arqueolóxicos do concello, saúdos! 


















No hay comentarios:

Publicar un comentario