domingo, 28 de diciembre de 2014

O Castelo da Torre, Nogueira (Ponteareas)

Situándonos na parte suroeste do concello moi preto do linde con Salvaterra de Miño, na parroquia de Nogueira nos atopamos con esta escarpada elevación baltolítica (rochosa) que como ben nos di seu topónimo, A Torre, nos pistas e indicios que nosos ancestros utilizasen este baluarte defensivo natural cun gran control visual para construír unha fortificación.
Pouco sabemos da historia do antigo castelo medieval que aquí construíron, pero si podemos ver aparte da súa toponimia restos ou marcas das súas antigas estruturas que ata nos poden axudar, nun campo hipotético claro tentar calcular o seu período medieval de vida.

Primeiro imos falar da estrutura natural do monte, pois este presenta pola cara nordeste unhas defensas naturais formidables, o monte e moi escarpado e con profundas caídas, tamén hai abundancia de formacións rochosas de grande tamaño que foron aproveitadas para con pequenos foxos fortalecer as boas defensas naturais. Mentres que pola cara suroeste as defensas de carácter naturais son menos notables, polo que construíron un grande foxo de case 100 m de longo por uns 10 de ancho que reforzaba toda a cara oeste, mentres que na sur aproveitaron outras grandes formacións rochosas para parapetalas e fortificalas. E nesta cara onde aínda conserva un camiño que parede que puido ser a entrada principal o recinto superior.

Posible restos da entrada principal polo camiño de acceso e abaixo gran foso na parte oeste.

Na parte alta central destaca antes do gran penedo da cima, unha planicie socalcada que correspondería o posible patio de armas. Enriba de este o grande penedo de San Xosé, onde se situaría a torre de homenaxe. Sobre o penedo se pode observar claramente as marcas talladas na pedra nai do que foi os muros da torre, facendo un rectángulo a estrutura duns 5 por 8 metros. Destacar tamén nun rebaixe do penedo na cara sur restos de rompeduras rectas na pedra nai, posiblemente puido ser unha edificación secundaria tal vez vinculada a unha capeliña ou algo similar.






Marcas talladas na cima do penedo dos muros onde se asentou a torre do homenaxe.

Vista o parapeto do antigo patio de armas e contra o penedo da torre de homenaxe, posible lugar onde existira outra extructura.

Destacar tamén na cara norte, entre grandes rochas un pequeno camiño que descende entre elas e que remata nunha cova que sae da zona fortificada e do foso o exterior, polo que pode que se tratara dunha porta secundaria. Para fortalecer esta hipótese no camiño entre dúas grandes rochas no paso nunha parece que hai restos de estar con restos como de talladura nunha dirección de abaixo cara arriba, polo que pódese tratar das marcas dunha antiga porta levadiza que cortaba o estreito sendeiro de acceso.


Psible acceso con porta secundario na cara norte por un estreito sendeiro entre os penedos que separan a zona fortificada do interior. Tamén se pode ver unha cova que faria de entrada o recinto e unha marca de talladura entre dous penedos no estreito sendeiro, que puido corresponder a unha porta levadiza.

Dicir que cando buscaba o monte, puiden falar cun señor da zona duns setenta anos que me contou que de pequeno contaban que ese monte da Torre tiña un encantamento, e que se escavábase nel podería aparecer veleno, auga ou ouro, sabendo así que A Torre conserva folclore en lendas.

Por último engadir que o rastrexo na zona non e doado, pois o terreo se atopa cheo de follas e musgos, aparte notase alterado con destrucións polo que parecen pequenas canteiras tradicionais, polo que muitos restos de pedras seme talladas na zona poden pertencer a estas explotacións mineiras, pois no asentamento non queda resto de estruturas da época. Tampouco se ben restos de destrución a simple vista, polo que o pode indicar que o Castelo sería abandoado como muitísimos outros galaicos a finais do século XV e súas estruturas acabaron en construción veciñais posteriores, pois nesta zona ver antigas casas abandoadas moi antigas polos montes e normal.
 
Polas marcas estruturais da torre de homenaxe, o traballadas que están as defensas na cara oeste e sur pode parecer o Castelo que nos chegan seus restos a día de hoxe como pertencente o período baixo medieval, e polo seu amplo campo visual que domina controlando todo o val do Tea chegando o do Miño, que puido se un punto estratéxico nas guerras feudais galaicas do século XV, como as que tiveron nestas terras entre as familias dos Soutomaior e Sarmiento.

FICHA TÉCNICA

Tipo de ben:  Asentamento Fortificado Medieval (Castelo)   
Lugar: A Torre, Nogueira (Ponteareas)
Altitude: 105 m

Cronoloxía: Medieval (Posiblemente tardomedieval)                 
 Propiedade: Privada, mancomún
Catalogado pola xunta: Si GA36042033

Estado de conservación:  Abandoado, sen restos de construcións pero si con marcas dos muros e estrutura defensiva, no lugar hai danos por canteiras tradicionais.
Conserva tradición oral: Conserva unha lenda polo menos.

COMO CHEGAR
Non e nada doado, hai que coller unha pequena estrada que sae dende o outro lado da igrexa parroquial de Nogueira, onde hai un pequeno campo de fútbol, onde máis arriba a man esquerda aparece un camiño de terra que baixa a unhas casas. Por ese camiño a uns 50 m desviase outro (o primeiro) de terra a esquerda que sube o monte, subindo por esa pista chegase o lugar. O máis doado preguntar por o monte da Torre, onde había antigas canteiras en caso de non topar estas pistas.
Pronto subirei vídeos tamén da xornada para explicar e ver mellor o que esconde o monte da Torre.


No hay comentarios:

Publicar un comentario