Asentamento fortificado
castrexo de importante tamaño situado na parroquia de Santa Mariña de Areas, en
Ponteareas. O castro atopase a beira da estrada que une Areas con Guláns e
mesmo foi danado por esta, foi construído aproveitando un outeiro ben marcado
no terreo que ten na súa parte máis alta 110 m sobre o nivel do mar. Destaca
que nas partes menos defensivas do outeiro construíuse un complexo sistema
defensivo de foxos, parapetos e terrapléns.
Deixando o complexo
defensivo para o final, imos co asentamento habitacional e o que nos chega a
día de hoxe, dicir que o entorno esta totalmente tapado de arbores de folla
caduca como castiñeiro e carballo polo que fai moi difícil na época do ano que
estamos un rastrexo da zona por atoparse todo cuberto por follas, destacar
tamén a presenza importante de maroteiro (madroño) no lugar.
Accedo o recinto por
un camiño na cara noreste que se interna bordeando o parapeto ou terraplén
principal do castro, tras subir este un atopase na principal terraza do poboado
e maior , que vai dende a zona central ata a zona norte. Tamén na zona sur ten
outra terraza inferior e outra máis pequena na cara oeste, ben delimitadas e
socalcadas no terreo.
Sobre a terraza
central atopase o cumio, no cal no alto tamén se atopa unha pequena terraza ben
sobresaínte con pedras na que destaca un penedo na parte máis alta que fai de
cumio, dende o cal se pode observar o val do Tea e o seu afluente o rio Xinzo.
Este penedo na súa superficie ten cavada unha pía que limpei, seguramente vinculada o
campo espiritual e de rituais dos seus antigos habitantes, nosos ancestros.
Destacar tamén que baixo este penedo, na súa base hai unha pequena cova, a día
de hoxe moi fozada pola presenza de xabaril.
Baixando pola cara sur pode observarse que o terraplén e máis
pronunciado ata a terraza sur, onde atópanse as ruínas dunha antiga edificación
datada do ano 1925 que tiña funcións comerciais. Nos redores de esta por
movementos de terras máis actuais pódese observar restos dun muro moi antigo
que poden corresponder a época castrexa. Dende esta terraza cae un profundo
terraplén a estrada.
Dende a estrada, na
súa cara este e tamén norte pódese observar como esta desfixo parte do complexo
sistema defensivo de parapetos e foxos, que forman un complexo sistema nesta
zona en forma de foxo-parapeto-foxo, sendo algúns de tamaño e altura desproporcionados,
moi similar a outros castros do val do Tea con características de época
romanizada. Tamén no lado norte pódese observar os restos dun longo foxo que
bordea o xacemento.
Como conclusión
resumindo nos atopamos ante os restos dun castro con características similares
a outros da zona, conservando moi ben súas estruturas defensivas pero case nada
das súas construción internas. Presenta unha base moi traballada polo que nos
pode caracterizar que polo menos o que se conserva parece vir da época
romanizada, inda que puido ter un orixe anterior.
FICHA
TÉCNICA
Tipo de ben: Asentamento Fortificado
(Castro)
Lugar: o Couto, Areas
(Ponteareas)
Altitude: 110 m
Cronoloxía: Posiblemente en período romano
Propiedade: Privada,
varios donos (polos marcos)
Catalogado pola
xunta: Si GA36042035
Estado de
conservación: Abandoado,aterrado
e danado nalgunhas zonas, inda que conserva ben súa estructura.
Conserva tradición
oral: Sen datos
COMO CHEGAR
Na
estrada que une Areas con Guláns nunha curva pronunciada dirección Guláns xunto
antes de chegar o punto limpo, na man dereita podemos ver xa as alteracións dos
terrapléns e parapetos, Xusto na curva do castro hai un ramal vello da estrada
antiga en desuso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario