viernes, 22 de agosto de 2014

Fauna do O Condado

Millafre Real (Milvus milvus)
Esta ave rapaz e das que máis se ve na nosa zona, non e doado distinguilas na natureza por exemplo do millafre negro ou mesmo do falcón. Soese confundir muito co famoso “gabián” (falcón). Foto sacada en Meder, Salvaterra de Miño. 



Cobra de Escaleira (Rhinechis scálaris)
Esta cobra só atopase na Península Ibérica e nas costas francesas mediterráneas, as femias poden chegar o 1,50 m pero seu tamaño normal e medianeiro, non e velenosa. Destaca por ter unha decoración nas escamas escura por arriba con forma de escaleiras, de hai o nome. Fotografada na Serra do Galleiro, Ponteareas.



 Corzo (Capreolus capreolus)
Inda bastante común nas nosas serras e ribeiras dos ríos este cervido, este en cuestión case escapáseme do obxetivo polo discretos que son do ser humano. Soen andar en parellas sempre e este, o estar só aínda fai pensar que aínda sexa novo. Fotografado no lugar do Viveiro, Ribadetea.


Eiruga ou larva
Inda que non pareza, este insecto tratase dunha eiruga cunha especie de caparazón que ben sendo unha pel dura, na cabeza pódese ver millor súa característica de eiruga coas súas antenas. Fotografada na Serra do Galleiro, Ponteareas.



viernes, 1 de agosto de 2014

Brutal atentado contra o Tea por un vertido en Mondariz

Brutal atentado no Tea na zona de Mondariz por un vertido nas augas que asesinou case a totalidade da fauna acuática da zona. De novo o egoísmo e carácter dominante dalgúns humanos acaba cos nosos compañeiros de hábitat máis febles e inocentes, o que non saben e que se están asesinando no fondo así mesmos.