lunes, 21 de julio de 2014

Andaina este sábado 26 de xullo polos montes do Salgueirón e monte do Castelo en Ribadetea.

Andaina na que o propio autor do blogue fara de guía e dará pequenas charlas nos restos patrimoniais da ruta como as mámoas do Marco, Carbalo Escuro e Casa da Moura, tamén no castro do Monte do Castelo así como nos restos do antigo camiño real, refuxio do Salgueirón e nas pedras con formas.

A andaina arrancara do lugar do Viveiro (na estrada que sube o barrio de Cillarga-Ribadetea) as 10:00 horas da mañá do sábado 26 de xullo e ascenderá ata o pico Salgueirón (633 metros). O tramo durará unhas 3 horas sendo de dificultade media, recomendase levar algo de almorzo así como roupa comoda. O remate os que queiran poden xantar no tranquilo e apacible lugar recreativo do Viveiro.

Organiza a AA.VV de Ribadetea.


martes, 15 de julio de 2014

Primeira campaña de exploración do monte do Castelo, Cillarga (Ribadetea)

Situándonos moi preto de Cillaga, na parroquia de Ribadetea (Ponteareas) nas terras do O Condado, situase este impresionante outeiro pedregoso fortificado de maneira natural.


O monte do Castelo é en si unha enorme formación baltolítica con penedos de grandes dimensións rodeados de profundas ladeiras que o conectan coa Serra do Galleiro. Esta formación defensiva natural do monte fixo que a día de hoxe, pese as alteracións e destrucións que fixo unha canteira xa cerrada que estaba instalada na súa cima, conserve aínda restos arqueolóxicos de diferente épocas da antiguedade. 
Na cima a 400 metros, dende a cal se vixía todo o val do Tea ata o do Miño e as serras dos redores, no monte entre os grandes penedos topamos fendas con refuxios e covas protexidas dos ventos, as cales fan que sexa un lugar de refuxio natural ou vixiador perfecto. Xa seu nome, O Castelo nos da unha grande pista, pois este topónimo nos di máis que un espazo natural moi defensivo, o cal o home da antiguedade o soubo usar pese as dificultades de acceso e o hábitat no monte, o que me recorda muito o castro de Vilar, no Courel. 
Plano amateur do monte do Castelo

ANTECEDENTES ARQUEOLOXICOS

Este monte xa fora fonte de estudo pola empresa de arqueoloxía Antas de Moura (Tui), os cales fixeron súa ficha e protección para patrimonio. Na súa campaña atoparon restos cerámicos que ían dende a idade de Bronce o período romano, así como muitos muíños de pequeno tamaño de man. Pero pola contra non toparon restos dun hábitat humano fixo, polo que pensaron que súa función serviría de refuxio pola abundancia de covas, e recordando que moi preto del pasa un antigo camiño que cruza o Galleiro polo paso do Marco do val do Tea o de Mos, xa preto da Ría de Vigo (nun pasado máis próximo esta ruta era o antigo Camiño Real). Tamén deron a posibilidade que puidera ter un valor vendo a zona e as forma dalgunhas pedras naturais de espazo para rituais. No período romano puxeron a hipótese de que o monte servira de viaxiador, posiblemente da cunca mineira do Tea.
Panorámica do Val do Tea medio e alto dende o Castelo.

PRIMEIRA EXPLORACIÓN DO MONTE DO CASTELO

Nesta primeira fase de exploración do monte, noso obxetivo era ver o tamaño real da cima e os seus esporóns na cara leste, os cales teñen forma de pequenas terrazas. Tamén de procura de restos como materiais cerámicos e líticos para poder ver diferentes períodos de poboación, inda que fose de maneira residual ou espontánea do lugar.

Subimos pola cara oeste por un antigo camiño ata dar case na cima cun camiño de cemento que servía de acceso a canteira, neste lugar topámonos baixo un enorme penedo coa primeira e máis coñecida cova. Esta ten unha pequena entrada pero logo no interior faise máis ampla, sendo un refuxio perfecto que se mira perfectamente seu uso como tal nas marcas de lume moi antigas na pedra. Seguimos ascendendo pola pista de cemento e chegamos a primeira cima, a cal pódese ver moi deteriorada polos traballos da canteira con penedos cortados e restos de asfaltos e zaorra. Mesmo así, nos topamos de maneira seme aterrada cun resto cerámico, tratase de tégula romana.      
                               
Primeira cova refuxio entrando polo oeste do monte.

No alto que non esta tan alterado pola canteira, podemos ver unha superficie rochosa con muitos restos de pequenas pedras que algún día puideron ser parte dun asentamento, entre elas descubrimos un segundo resto cerámico, este e máis ancho e con menos cocedura co anterior, e ten máis restos de outros pequenos sedimentos líticos incrustados, o que nos fai pensar que sexa de tipoloxía castrexa. No final desta cima, entre enormes penedos, aparece un foso que separa unha cima da seguinte, que é a máis alta.
 Posibles restos supervivintes a canteira e foso que separa as dúas cimas.

Baixamos o foso para acceder a parte máis alta onde se atopa un enorme penedo e entre as pedras soltas pola superficie atopamos o que parece un pequeno muíño de man tallado, o que parece tamén de tipoloxía castrexa.

 Baixo o gran penedo na cima, dende o foso aparece outra cova, na cal na entrada ten unha pequena pía escavada na rocha cun pequeno desaugue, seguramente puido servir para esprimir algo no caso de que sexa artificial. Esta cima pola dificultade dos penedos e a maleza e case inaccesible, pero vemos un acceso (non doado) na cara noroeste baixando a unha pequena terraza. Dicir que neste carreiro nos topamos entre a maleza cun sospeitoso burato rectangular de 2 metros por 1 de ancho moi similar a unha cata arqueolóxica.
Cova baixo o penedo da cima e na entrada posible cazoleta artificial con desaugue labrado.

Nesta terraza nos atopamos un lugar incrible, cunhas vistas fermosas sobre a contorna na que tamén se pode ver as paredes das ladeiras que protexen o monte. En canto as pedras, nos sorprende unha cun diámetro de dous metros circular e de forma plana que nos recorda a “Pedra de Abalar” de Muxía. Xusto o lado vemos unhas pedras colocadas en forma de estrutura circular moi deterioradas que nos dan muito que pensar (posible restos dunha vivenda castrexa). Tamén na superficie aparecen dúas pedras alongadas de case metro e medio que parecen talladas, o que nos recordan a mehires. Descubrimos tamén, entre os grandes penedos un estreito paso con forma de pasillo que nos leva o interior deles, o acceso e moi complicado e temos que facelo arrastrándonos de lado, pero logramos entrar. No interior, entre os grandes penedos nos topamos outra cova fermosa, na cal nos sorprende un fento de case tres metros estirado polo chan que nace no interior da cova e se arrastra ata a entrada para buscar o sagrado sol, nesta cova tamén atopamos restos na pedra de lume. 
Pedra similar a famo "de abalar" de Muxía e posibles restor circulares de unha vivenda.
Pedras alongadas que parecen talladas similares a menhires.
esteitisimo paso entre penedos e cova interior onde se ven posibles pedras talladas.

Unha vez examinada esa terraza, a cal esta chea de cazoletas que parecen naturais nos penedos, baixamos a terceira e ultima terraza tamén na cara noroeste, a cal esta moi cuberta pola maleza e ten unhas grandes pedras no final. Nesta terraza non topamos nada arqueolóxico, pero dentro da xeoloxía nas pedras que mencionamos antes aparecen repletas de cazoletas e con formas, algunha cazoleta de grande tamaño parecese a unha autentica pisciniña. 
 
 
Terceira terraza con pedras con formas cheas de cazoletas.

 MATERIAL ATOPADO


Dentro dos materiais atopados destacar os dous restos cerámicos, un de tipoloxía romana (tégula) e outro castrexo. Tamén o muíño de man de pequeno tamaño dentro do campo lítico como se atoparan os arqueólogos de Antas de Moura. Nos queda en dubida a función ou orixe do que parecen dous menhires e da famosa pedra similar a de abalar, todo na mesma zona.
A esqueda resto de cerámica castrexa e a dereita tégula romana.

Pequeno muíño de man atopado.

PRIMEIRAS CONCLUSIÓNS

Aparte da incrible forma defensiva do emprazamento e súa abundante cantidade de refuxios e covas, neste primeira investigación do monte coa aparición de cerámicas e o muiño de man nos queda clara a presenza humana dende a antiguedade. Pero en canto o estilo hábitat e de forma de poboación temos dubidas, de seguro que pola proximidade o camiño antiquísimo que por alí pasa sería un refuxio perfecto de forma ocasional.

Agora se buscamos un asentamento fixo, o que pode dar máis posibilidades sería un castro, de poucos habitantes e moi similar o de Vilar no Courel. Este puido ter unha estrutura que comezaría cunha croa na cima, a cal estaría separa en 2 por un foso, e despois na cara noroeste duas terrazas a diferentes alturas seguidas e ben comunicadas entre elas, totalmente rodeadas de profundas ladeiras. Nesta forma estrutural restos de pequenas pedras pola superficie, restos de cantería antiga na cara oeste e posibles pedras talladas e o foxo que separa as dúas cimas pode ser unha pista, sen contar os restos dunha forma de vivenda circular que atopamos na segunda terraza da cara oeste, as cales estás posibles terrazas tamén poden ser testemuñas dese castro.

Da época romana aparece tégula, pero pode darse a posibilidade de que utilizaran este monte como vixiador das minas auríferas da cunca media do Tea, sobre as cales ten un control visual perfecto.
Engadir, que cando entramos na segunda terraza e accedemos polo estreito pasillo entre penedos o interior dos penedos onde topábase unha cova, me recorda as antigas “neveiras” dos castelos medievais, a isto sumar o foso entre as dúas cimas cando estaba alí recordoume o monte do Galiñeiro na parte dos restos de seu castelo, pero só e unha hipótese.

Recordar que este monte esta moi alterado e destruído por mor da antiga canteira, e na actualidade atopase moi cuberto pola maleza polo que non e nada doado rastrear súa superficie.
Esperamos en breves facer unha segunda campaña de investigación máis profunda no campo arqueolóxico, xa que esta era máis ben de recoñecer o monte e ver que parte puideron estar habitadas. Tamén agradecer as dúas compañeiras que me acompañaron nesta aventura, espero que me acompañedes de novo pronto.