martes, 3 de diciembre de 2013

O Penedo da Campá, no monte Pedraquetinha (Toutón-Mondariz)



Situámonos a máis de 500 metros de altura na cima do monte Pedraquetiña, que ten a súa cota máis alta pertencente a parroquia de Toutón no concello de Mondariz, pero nesta máxica montaña sobre o val do Tea e seu afluente río Borbén tamén lindan as parroquias de Borbén pertencente o concello de Pazos de Borbén, e Parades pertencente o de Ponteareas.

É a escasos metros da cima onde se atopa este peculiar e incrible monumento patrimonial moi marxinado a día de hoxe, tratase do “Penedo da Campá ou Campana”. Veciños da zona contan, que no alto da Pedraquetiña existe unha pedra, que antigamente se a batías cun pau, soa como unha campá dunha igrexa.


Seguindo esta pista, chegamos a famosa pedra, a cal quedou moi danada por traballos de cantería e unha escavadora fai uns anos. Mesmo así, tivemos o pracer en situ como se pode ver no vídeo, de probar esa son con forma de eco que soa se bates nela nuns buratos que ten na parte de abaixo. Ese buratos ou orificios, furan de forma artificial o penedo no centro, e dicir foron feitos a posta para que esta pedra, situada estratexicamente a máis de 500 metros sobre o val do Tea e Borbén, soara como unha campa.


Pouco se sabe do orixe e poucos coñecen a día de hoxe esta pedra, pero topamos cunha importante pista no folclore e ledas da zona, onde o parecer no alto do monte Pedraquetiña habitaba nos “tempos dos mouros” unha fermosa moura. A lenda desta moura e moi común a doutras partes da Galiza, pois os mozos tentaban subir o monte para vela e namorar a esta bela rapaza, que vivía no alto “nunha pedra”, que era o único que tiña, de hai o nome do monte “Pedraquetiña”.

Como noutros monumentos patrimoniais moi similares como “o Catabún” en Budiño (Porriño), ou o “Penedo da Campá” de Troáns (Cuntis), tamén nos falan as lendas de mouros, polo que é moi posible que os habitantes dos antigos castros dos redores (Toutón, Xunqueiras..) traballasen e utilizasen este tipo de pedras para comunicarse, alertar ou avisar. A isto hai que sumarlle o lugar estratéxico no que atopase, no cauce medio do val do Tea e do val do río Borbén.

Vista do penedo o val do río Borbén.

En canto o estado de conservación deixa muito que desexar, aparte de atoparse marxinado e se valor total na actualidade. O penedo en si fáltalle un anaco, no cal aínda se pode ver a marca dun barreno de canteiro que o rompeu. Por se fora pouco, fai una anos unha escavadora o desprazou e volcou do seu lugar orixinario, que era xusto debaixo asentado sobre unhas pedras de base postas artificialmente. En ambas dúas accións agresivas contra el, a ninguén practicamente importoulle nin ninguén protestou.
 Marca de barreno de canteiro no penedo.
Lugar onde posiblemente estivese orixinalmente situado o penedo.

Tamén destacar que ten na súa superficie un petróglifo actual relixioso, que ten tallado no penedo unha cruz latina de gran tamaño coas letras en maiúsculas MT e PV, xunto coa fecha (seguramente de cando o gravaron na pedra) 1928. Este resto, e unha forma de “cristianizar” o que era dos pagáns mouros.

FICHA TÉCNICA

Tipo de ben:  Monumento indefinido   
Lugar: Monte Monte Pedraquetiña (Toutón-Mondariz)
Cronoloxía: Descoñecida (Idade de Ferro-Bronce??)                 
 Propiedade: Privada (Mancomún)

Catalogado pola xunta: Non

Estado de conservación: Malo, moi danado e sen protexer.

Conserva tradición oral: Si