jueves, 19 de septiembre de 2013

Fauna fotografiada no Brasil II parte

Tórtolas (neste caso a Stroptopelia Senegalensis)
De familia das pombas, ave migratoria de África cara sur América
Fotografiado en Praia do Forte, Bahía

Marabunta, formiga Guerreira ou Lexionaria 
Tipo de formiga migratoria e agresiva, móvense como auténticos exércitos cazando o seu paso súas vítimas. Algunhas colonias poden ter máis de 2 millóns de formigas, o ser migratorias non constrúen formigueiros e destaca súa forte mandíbula.
Fotografiado na reserva Sapiranga, Bahía

Mico ou Sagui (Callitrichidae) 
Especie de primates de pequeno tamaño expandidos polas zonas tropicais de sur América, tamén coñecidos como titís.
Fotografiados por distintas zonas da Bahía

Chama-maré (Ocypodidae)
Cangrexos atlánticos polo xeral de pequeno tamaño, soen andar en grandes grupos polos areais. destaca no macho por ter unha pinza muito maior e desenvolvida ca outra. 
Fotografiados en distintos areais da Bahía

Calango (Tropidurus oreadicus)
Especie de lagarto que pode chegar os 30 cm, non e agresivo e soe habitar en lugares tranquilos onde abunda a madeira para camuflarse.
Fotografiados en distintas zonas de Praia do Forte, Bahía

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Viaxe a chapada de Diamantina II parte, O Poço do Diabo

O Poço do Diabo (Pozo do Demo) atopase na Chapada de Diamantina a 22 Km da localidade de Lençôes. Tratase dun descenso pola montaña escarvado na pedra polo río de augas escuras debido a ter elementos orgánicos nas súas augas. No seu descenso forma pequenos canóns así como tobogáns naturais.
O camiño baixa dende a estrada pegada a marxe do río cos seus rápidos no medio dunha paisaxe fermosa. A uns 15 minutos río abaixo chegamos o lugar coñecido como “Poço do Diabo”, tratase dun salto de auga abrupto de gran altura en forma de fervenza caendo nunha gran poza de augas escuras.
Se descende a poza por un estreito camiño que ten unhas vistas espectaculares sobre a fervenza e poza. Dende a fervenza a o final da poza hai un tira-liña para os máis valentes que fai un descenso espectacular dende a altura da fervenza as augas da poza.
Unha vez abaixo, abraiado pola beleza do entorno, que millor cousa que darse un baño nas escuras augas da poza acompañado polo meu pai, as cales están muito frías, pero unha vez dentro delas entre o son da mata (fraga) de fondo e a tranquilidade do lugar, pódovos asegurar que limpa ata a alma.
Despois do relaxante baño de pureza, abandonamos este lindísimo e máxico lugar escondido nun pequeno recuncho do interior do estado da Bahía, seu encanto e presenza sempre serán recordados no meu interior como unha doce lembranza. 
Foto de familia xunto a meus pais despois de pasar unha xornada en grande.

jueves, 12 de septiembre de 2013

Conseguimos paralizar novos desterres no Castro da Croa

De novo hoxe en Ribadetea levantounos a voz de alarma da cama. Días anteriores no Castro da Croa fixeran un autentico desterre destruíndo parte de seus parapetos de defensa e alterando parte do conxunto castrexo que esta protexido por patrimonio.Os culpables, a CCMM de Ribadetea.

Despois disto púxose en coñecemento da policía autonómica (que se encargan do patrimonio) as alteracións no Castro da Croa levanto expediente. Pois ben, apenas dous días despois voltou aparecer unha pala traballando no castro, sacando xabre para os camións.

A empresa o parecer pedira permiso o concello para sacar xabre, estes os puxeran en contacto co presidente da CCMM de Ribadetea que como non, mandounos a un dos pouco sitios protexidos por patrimonio da aldea para seguir facendo canteira de forma ilegal, o castro da Croa. Pero o millor de todo e o destino dese xabre, pois só desprazase uns metros de onde o quitan, indo para o novo paseo que vai pegado o Tea entre Cernadela (Mondariz) e Ponteareas.

Excavadora hoxe a mañá destruíndo parapetos no castro da Croa.

Este paseo esta feito con xabre procedente dun importante recinto arqueolóxico protexido por patrimonio, pero o millor esta por chegar, pois cando me acerco o lugar onde están facendo as obras máis preto do castro, vexo que se levan por diante un parapeto de defensa e afectan seu entorno. Non sei porque, pero xa tiña esa intuición, e o máis bonito que a obra foi fomentada pola propia Xunta, augas de Galicia e o concello de Ponteareas, que din ter todos os permisos e información da ruta, tanto que nin sabían que había un castro catalogado e protexido por patrimonio que leváronse por diante. Agora esta todo nas mans de patrimonio que foi informado.
Arriba, parapeto defensivo do castro arrasado parcialmente pola nova "senda do Tea"

Neste ambente de manipulacións, permisos, desinformacións e destrución o final o único que sae perdendo e o patrimonio e seu entorno natural, que o final de conta, o lado dos cartos, favoritismo e sacar a foto non vale nada.

En roxo ultimas alteracións e destrucións no Castro da Croa en 2 anos, de seguir así, nosos netos porán ver algún resto do antigo poboado fortificado.

lunes, 9 de septiembre de 2013

SOS Castro da Croa, os Demos voltaron atacar pola espalda

Era un dos castros cun dos maiores sistemas defensivos de toda a cultura castrexa galaica, de estilo mineiro e cunha mina romana a menos de 50 metros del, e estaba na miña aldea, Ribadetea.

Digo estaba, pois nos últimos anos mentres un grupo de veciños intentamos impulsalo para coñecelo e posto en valor, facendo rutas guiadas, articulos en internet, publicando en revistas veciñais. Os demos, profesionais da destrución e acabar con todo, destruírono máis en cinco anos que en 2000 que ten de existencia.

Eses demos teñen nome (os mesmo do famoso herbicida), e tratase da propia CCMM de Ribadetea, que co apoio dos seus lacaios como a AAVV e demais convertéronse no peor inimigo da natureza e patrimonio en Ribadetea cando eles eran quen o debían protexer.

Primeiro reencheron con terras a zona central do poboado, logo fixeron camiños sen sentido polo interior dos parapetos destruíndo este, e a última que tiñan feito era un enorme burato acabando cun dos principais parapetos, pero esta xa pasa todos os limites, queren facer agora un aeroporto? Pois non ten sentido máis que facer dano a escavación que fixeron, facendo desaparecer parapetos enteiros.

Dende aquí muita dor e gañas de chorar, estes demos non pararán nunca e sen respeto e nin sequera propolo en asemblea co resto de veciños. Agora, o castro da Croa necesita máis apoios que nunca, pois pasou dun pequeno florecer e a ser coñecido, a estar en plena extinción por mor dos ratos, ratos que agora agachan as orellas e non saen das alcantarillas …

ISTO NON PODE SEGUIR ASÍ, SOS CASTRO DA CROA











Vista da zona que agora desapareceu cos parapetos xa danados.

Outras zonas xa afectadas nos últimos anos.


Nova zona que desaparece do castro marcada en roxo.