martes, 27 de agosto de 2013

Os ratos encántanlle o ratibrón

Hoxe 27 de agosto do 2013 na miña parroquia, Ribadetea (Ponteareas), o noso monte voltou sufrir e chorar por mor duns mensaxeiros da morte que aínda utilizan a lei do salvaxe oeste as costas de todos os veciños, tratase da Comunidade de Montes de Ribadetea.

Despois do conflito que vivimos na aldea por mor dos herbicidas actualmente, onde a CC.MM, a AA.VV e outros colectivos da aldea como das augas defenderan fumigar con herbicida nunha parcela de mais de 12 Ha no noso monte, mentres os veciños nos opuñamos a esa barbaridade, hoxe nos espertamos sabendo que estaban fumigando eles mesmos co herbicida Garmón GS (que só o poden aplicar empresas especializadas) nun corta fogos entre Cillarga e Mouro.

A CC.MM de Ribadetea herdeira dese caciquismo primitivo do rural galego, decidiu por súa conta como se do salvaxe oeste se tratase sen nin sequera falar cos veciños fumigar a maquina de sulfatar de forma totalmente desprevida os nosos montes.  

Pero como na última vez, madrugadores e comprometidos como verdadeiros heroes da aldea, algúns veciños voltaronse pegar o madrugón e subiron as saías da Serra do Galleiro, no lugar onde estaban “traballando” para protestar, podendo gravar un vídeo co que se abriu unha denuncia contra os responsables desa barbaridade.

Nese vídeo pódese ver un señor xubilado da CC.MM de Ribadetea cunha maquina de sulfatar as costas (maquina da morte) e tres operarios dos montes, os cales son uns mandados (xa seguramente teñen bastante con aguantar os demos). A tan só 35 Km do maior incendio da Galiza neste momento, sen cercar o monte e sinalizar o veleno, sen ningún tipo de protección nin traxes, utilizando desbrozadora nesta época, sen permiso... se pode ver no vídeo certo señor da CC.MM, xubilado fumigar coa sulfatadora herbicida, mentes os operarios cortan eucaliptos e os recollen.

O vídeo da muita pena e impotencia, amin persoalente que estou moi lonxe me parte un anaco da alma, e máis cando se trata da aldea onde creceu e criouse un mesmo, a cal a considero un paraíso. Esperemos que agora os responsables o paguen caro con todo o peso da xustiza. O vídeo podédelo ver no facebook no Grupo de Chentrails Galicia ou O Condado Historia Viva.

Nos arrepiamos cando escoitamos falar de Monsanto e demais, pero neste caso temos os demos na casa, polo que por muito que nos mintan e enganen en Ribadetea deberiamos saber a estas alturas que “o que demo é, demo se queda”. Pero o pior non son eles, senón os palurdos pro-caciques que os defenderan a morte mesmo así, mentres noso monte sufre e chora en silenzo, pero nunca se pode perder a esperanza en Ribadetea, pois se algúns nestes meses cambiaron, tod@s podemos cambiar.




viernes, 23 de agosto de 2013

Fauna fotografiada no Brasil I parte

Bem-te-vi (Pintagus sulphuratus)
Abunda en sur América, destaca pola cor amarela no peito o que faino un ave moi fermosa.

Fotografiados na zona da Praia do Forte.

Centopeia ou quilópedes
Artrópodo de gran tamaño que segundo a especie soe ter entre 15 e 191 pares de patas, e alargado e con antenas.

Fotografiado na Reserva Sapiranga (Mata de Sâo Joâo)

Jararaca (Brothrops)
Serpe moi velenosa de pequeno tamaño que abunda no Brasil, ten as escamas con cores acastañadas e soe ser nocturna, estrana de ver recomendase non acercarse muito a ela.
Fotografiada na Reserva Sapiranga (Mata de Sâo Joâo)

Lesma do mar (Aplysia)
Estés animáis sonsimilares as lesmas de terra, cando están ameazadas liberan nubes de tinta para dificultar a vista do atacante. Moi abundantes nos recifes do Brasil.
Fotografiado nos corais de Praia do Forte.

Urubu (Condor) (Cathartidae)
Tamén coñecido como o "buitre do novo mundo" polo seu parecido co buitre, pero non son a mesma especie, aínda que ten muitas similitudes como a alimentación de carroña como animáis mortos.

Fotografiado nas cercanias da Chapada da Diamantina, no interior do estado da Bahía na zona semi-árida ou "Sertao Bahiano".

jueves, 22 de agosto de 2013

I Mercado Romano en Mondariz

O concello de Mondariz organiza a vindeira semana nos días 23, 24 e 25 de agosto a primeira edición do Mercado Romano de Mondariz. As actividades serán nas inmediación do centro na Praza da Alameda, cos horaios de mañá de 11:00 a 14:00 horas, e de tarde de 15:00 a 23:00 horas.

Entre as actividades destacaran animacións e xogos de madeira para nenos, así como exhibicións de cetrería e un espectáculo nocturno a conta dun malabarista. Tamen se poderá mercar obxetos e adornos de artesanía, xoguetes e productos biolóxicos nos postos ambientados na antiga Roma.
Dar os parabéns por adiantado os organizaores deste evento tentando recuperar parte do noso pasado, pois recordemos que nos redores de Mondariz estivo posiblemente a "masio viaria" romana de Búrbida. Dende Ponteareas Historia Viva animar a tod@s os veciños da bisbarra e redores a participar neste tipo de festas que nos achegan un pouco máis a noso rico pasado do O Condado.



miércoles, 21 de agosto de 2013

Apoio e solidariedade dende ADENCO cos veciños de Ribadetea

[NOTA DE PRENSA] Esta mañá remitimos aos medios de comunicación esta información, coa nosa postura sobre o uso dos herbicidas nos nosos montes e trasladando o noso apoio aos vecinos e veciñas de Ribadetea, Ponteareas.

***

Nota de prensa, 20 de agosto de 2013

ADENCO solicita á administración a prohibición da aplicación de herbicidas cerca dos mananciais de auga de Ribadetea e manifesta o seu apoio á veciñanza
ADENCO OPONSE Á UTILIZACIÓN INDISCRIMINADA DOS HERBICIDIDAS NOS MONTES DO CONDADO

A Asociación para a Defensa da Natureza do Condado, ADENCO considera que o emprego masivo e indiscriminado que se está a realizar con herbicidas, pesticidas, biocidas e toda clase de velenos nos montes do Condado supón unha grave ameaza á fauna, á flora, ás augas, ao conxunto da biodiversidade e á saúde das persoas que habitamos nos concellos e as parroquias do Condado. Os produtos empregados son tóxicos, nocivos para o medio ambiente e perigosos para a saúde das persoas polo que o seu emprego pode xerar múltiples problemas ambientais e sociais.

O conflito dos herbicidas en Ribadetea

O Grupo Ecoloxista ADENCO, despois de teren coñecemento da problemática existente en Ribadetea e do evidente risco de contaminación por herbicidas das traídas de augas veciñais, ten enviado escritos ás distintas administracións públicas esixindo a prohibición do emprego de herbicidas cerca das captacións de auga veciñal. Tamén temos solicitado que as administracións defendan a saúde dos veciños e das veciñas e a biodiversidade existente en Ribadetea.

Desde ADENCO esíxelles ás Administracións Públicas garantías do cumprimento da lexislación vixente, en especial do Real Decreto 1311/2012, de 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios. Esta norma indica que hai que priorizar os métodos non químicos apostando polas prácticas e os produtos con menores riscos para a saúde humana e o medio ambiente. Este Real Decreto establece tamén que se tomarán todas as medidas necesarias para evitar a contaminación en zonas de extracción de auga para consumo humano podendo prohibir a aplicación nos casos nos que existan riscos para a sáude pública, como é o actual.

Desde ADENCO lembrámoslle ao Concello de Ponteareas que as bases do réxime local confírelle competencias no tocante á protección da salubridade pública e ao subministro de auga.

ADENCO quere manifestar o seu apoio aos veciños e veciñas de Ribadetea na defensa das súas augas veciñais e do medio ambiente.

As alternativas ao emprego de herbicidas

Desde ADENCO apostamos por un monte multifuncional no que os herbicidas nos teñen cabida. Existen moitos métodos alternativos aos velenos empregados por propietarios forestais e por Comunidades de Montes veciñais en Man Común. Para o control da Acacia melanoxylom por exemplo os métodos de control mecánicos complementados con introdución de frondosas de crecemento rápido teñen acadado importante éxito.

lunes, 19 de agosto de 2013

Triste incendio nas parroquias de Pías e Fozara


Día triste onte para os veciños de Pías e Fozara, e para en xeral todos os do O Condado que amamos nosos montes. O conto e o de sempre, lamentamos despois da desgraza en vez de previla cando se pode previr, non aprenderemos nunca? ou non interesa que aprendamos? Dúas casas foron desaloxadas no barrio de Puntacóns en Pías, así como a empresa de abonos Eco-Celta.

PD: Agradecer a páxina do facebook dos veciños de Chan da Gándara (Padróns) pola foto.

sábado, 10 de agosto de 2013

Dende Brasil: Viaxe a Chapada de Diamantina I parte

A Chapada de Diamantina e un paraíso situado no interior do estado brasileiro da Bahía. A conforman unha sucesión de serras onde nacen unha importante rede de ríos, sendo así un autentico oasis natural rico en biodiversidade rodeado das áridas terras do interior centro do Brasil.
Río Leçoes o seu paso pola localidade de Leçoes.

O nome Chapada de Diamantina ben de “chapada” pola protección das montañas e “diamantina” porque era unha rica rexión en diamantes. Conta con un enorme abanico de atractivos naturais como a cachoeira da Fumasa, o Pozo Azul ou a Gruta da Torrinha entre outros. Súa principal localidade e Leçoes, de onde parte nosa primeira ruta polos seus redores, coñecida como ruta dos Serranos polo escuro río Leçoes e súas cachoeiras (fervenzas).
Vista do centro de Leçoes.

O as augas escuras do río Leçoes por causa de antigos restos de materias orgánicas, o que fai que sexan moi boas para a pel humana. O río non sempre vai por enriba da terra, senón que ten tramos subterráneos,este e o caso da zona de Caldeirôes o pouco de comezar a ruta, onde pódese ver por buratos na pedra o río. Aparte forma pequenas cascadas e pozas entre as abruptas rochas cunha fermosa vista sobre a pequena cidade de Leçoes. 
Saímos da zona de Caldeirôes comezamos a ascender co cauce do río Leçoes, chagando así as Salas das Areias, unha serie de covas formadas de pedras moi erosionadas e distinto tipo de areas e outros minerais, así podemos topar diferentes cores, arxilas e ata purpurina natural, coñecida aquí como "falso ouro".
Seguindo o cauce do río nos topamos nunha zona moi pétrea dentro das augas e unha fermosa mata (flora) nas súas ribeiras, observadores dos rápidos e pozas do Leçois que se introduce na montaña en forma de canón.
Máis arriba nos topamos cunhas fermosas fervenzas e pozas onde nos damos un baño moi relaxado nas súas frías augas, tratase da Cachoeira da Primavera e o Pozo Paraíso.
Cachoeira Primavera

Abandonado o río comezamos a subir por un escarpado e estreito camiño cara o alto mirador da Pedrinha de Leçoes, no alto nunha longa estreita meseta percorremos o “Caminho das Mulas”, chamado así porque era por onde cruzaban antigamente os comerciantes polas montañas coas súas mulas para chegar a Leçoes e os pobos da zona.
O final da estreita meseta entre as montañas chegamos o mirador da Pedrinha de Leçois, que e unha gran pedra sobre un impresionante acantilado, onde se contempla o val do río Léçoes e a propia localidade de Leçois, e por detrás da montaña a interminable planicie do interior brasileiro.
Unha vez abandoado o mirador comezamos a descender por outro sendeiro de novo rumbo a Leçois sen antes parar e darnos un baño na fermosísima Cachoeirinha, unha fervenza cunha poza entre a mata de selva onde meterse debaixo das súas augas limpa ata a propia alma.
Despois dese divino baño na Cachoeirinha descendemos ata chegar de novo o punto de saída, a localidade de Leçois. Aquí remata noso primeiro día de ruta, aventura e actividade na fermosa Chapada de Diamantina, espero que vos gustase. Pouco a pouco irei publicando diferentes rutas e visitas nesta paradisíaca terra. Un saúdo dende o Brasil.






jueves, 8 de agosto de 2013

Unha boa noticia na Serra do Faro de Avión

Una colonia de buitres negros se instala en la Serra do Faro

Esta especie, inusual en Galicia, parece haber hallado en la zona un hábitat propicio
Los agentes medioambientales de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras en las comarcas de Carballiño y O Ribeiro han localizado una colonia de buitres en la Serra do Faro (entre Melón, A Cañiza y Covelo). Consideran que se trata de una importante novedad, ya que estas aves son muy raras en Galicia. A lo largo del último mes y durante más de 50 horas de observación, Marco Antonio Reboredo y Anxo Rodríguez han contabilizado hasta 25 buitres alados y negros, que en su opinión están en estos montes porque hay abundantes caballos y vacas en libertad, cuyos cadáveres les sirven de alimento.
Un buitre negro de la colonia descubierta en la Serra do Faro. (Foto: MIGUEL Á. CABANELAS)
Un buitre negro de la colonia descubierta en la Serra do Faro. (Foto: MIGUEL Á. CABANELAS)
Los agentes declaraban que 'nun principio pensamos que se trataba únicamente do buitre leonado do que xa se teñen visto algúns individuos nos últimos anos, pero a nosa agradable sorpresa foi que tamén hai o buitre negro, unha especie con diferentes figuras de protección en Extremadura e Andalucía'. El descubrimiento se debió al hallazgo de uno de estos animales 'que estaba fatigado e non daba voado, así que procedemos a súa captura e traslado ao Centro de Recuperación de Aves do Alto do Rodicio, sendo a primeira vez que este centro recibe un buitre negro'.

CONTROL

'Non se sabe prácticamente nada deles', apuntaban los agentes, que continúan estudiando el comportamiento de esta colonia y ya han informado a los responsables de la Consellería de Medio Ambiente, recomendando la colocación de un radio transmisor al buitre que se encuentra ahora en recuperación y que se soltará en próximos días, para facilitar el seguimiento y observación de las aves.

'É importante destacar que é unha especie moi tímida que solo pelea pola comida con outros buitres. Nada que ver con esa fama tan mala pola que é coñecida. Tamén que non fai ningún dano ó gando nin a caza, e realiza unha labor de limpeza no monte ó comer ós animais mortos', indican. En ese sentido, también anuncian que esta colonia estará en adelante muy controlada.

FONTE: Xornal La Región.

miércoles, 7 de agosto de 2013

Ribadetea Resiste

Vecinos de Ribadetea se oponen el uso de herbicida en doce hectáreas de su monte

Impidieron que actuase la empresa contratada por la comunidad de montes porque temen que el producto químico afecte a los manantiales de agua de los que beben

07.08.2013 | 07:27
Vecinos de Ribadetea explican la situación a agentes del Seprona, ayer, en el monte. // Oskar Sombra (D.P.)
Vecinos de Ribadetea explican la situación a agentes del Seprona, ayer, en el monte. // Oskar Sombra (D.P.)
Una veintena de vecinos de la parroquia de Ribadetea, en Ponteareas, impidieron, ayer por la mañana, el paso de un tractor de una empresa contratada por la comunidad de montes para aplicar herbicida en doce hectáreas de terreno. La pretensión de la comunidad de montes es acabar así con las especies invasoras de este rodal; eucalipto y acacia australiana, y cumplir, de este modo, con el plan de ordenación plantando nuevo eucalipto más productivo.
Los vecinos contrarios al uso de herbicidas en el monte aseguran que esta decisión no está respaldada por la mayoría de la parroquia. "La decisión se aprobó en una asamblea de los comuneros hace unos meses pero en el orden del día no se especificaba este punto, solo ponía trabajos en el monte, y por eso muchos comuneros se fueron sin votar", explica Felipe Domínguez,uno de los vecinos de Ribadetea que ha promovido la recogida de firmas en contra del uso de herbicida y que ya suma más de 250 apoyos.
El rechazo a este método de erradicar las invasoras se debe a que los vecinos temen los efectos que pueda tener en su salud. Señalan que en la zona a actuar existen en torno a siete manantiales de agua que surten a la traída de la que beben. "Nadie nos garantiza que el herbicida no vaya a penetrar en el subsuelo y contaminar el agua", comenta Roberto, otro de los vecinos que se oponen.
Los vecinos llevan semanas organizándose para impedir la entrada de máquinas en el monte. Hasta ayer, cada día varios se han ocupado de vigilar con el propósito de avisar a los demás si veían alguna máquina. "No nos concentramos más porque es un día laborable", declararon ayer.
Por su parte, el presidente de los comuneros, José Amoedo, alega que la decisión de usar herbicida se aprobó en asamblea y que se recurrió a este método porque los ingenieros de montes lo recomendaron como el más viable, efectivo y rápido, al ser terreno en pendiente.
Para mediar en este conflicto, hasta el lugar se trasladaron ayer dos agentes del Servicio de Protección de la Naturaleza (Seprona) de la Guardia Civil. Finalmente, la directiva accedió a suspender los trabajos y a estudiar si celebrar una nueva asamblea de comuneros para tomar una decisión. "Dicen que se va a envenenar el agua y eso no lo pueden demostrar, hubo una reunión informativa para explicar lo que se iba a hacer y casi no hubo asistentes", afirma el presidente de los comuneros, quien asegura que las dos comunidades de aguas estaban informadas e insiste en que se trata de "un herbicida legal, que está totalmente permitido".
FONTE: FARO DE VIGO

martes, 6 de agosto de 2013

Valentes veciños de Ribadetea frean a CC.MM e a empresa encargada de aplicar herbicida

 Finalmente “os ratos” actuaron como tales (sen desestimar os ratos) decidindo aplicar nos montes de Ribadetea herbicidas, sen escoitar os veciños e nin ver sequera as máis de 200 firmas de veciños en contra dos Herbicidas.

Ante esta “valente” acción da CC.MM (que xa di muito deles) rapidamente decenas de veciños acudiron o monte a primeira hora da mañá para frear a empresa encargada de fumigar, estes veciños, os verdadeiros heroes da mañá que sen apoio da AA.CC e colectivos das augas de Ribadetea (todos lácallos da CC.MM) loitan por Ribadetea e nosos montes de maneira totalmente desinteresada, o contrario que o bando das fumigacións.
 Xa coa garda civil diante, chegou o presidente da CC.MM que voltou a dar un recital de educación e saber estar, insultando e gritando, dando unha vez máis imaxe de inculto, maleducado e ditador, pero nos non estamos o seu nivel. O finala presión dos valentes veciños logrou vencer en “Mordor” e facer que polo menos paralícese a fumigación de herbicidas ata nova asemblea, que esperamos que por fin os supostos “valentes de papel” da CC.MM dea a cara.

PD: Agradecer a Oskar Sombra polas fotos.

RIBADETEA RESISTE OS HERBICIDAS!! A UNION FAI A FORZA E NOS SOMOS A FORZA!!