domingo, 30 de junio de 2013

Casa/Castelo da Torre García d´Ávila, S.XVI. Praia do Forte, Brasil

Situámonos moi lonxe de onde súelo visitar patrimonio, o outro lado do Atlántico, no estado da Bahía no Brasil, máis concretamente no concello de Mata de Sâo Joâo, nos redores do pobo de Praia do Forte no litoral brasileiro. Aquí atopase os restos da casa da Torre ou Castelo da Torre de García d´Ávila, a primeira gran edificación portuguesa militar no novo mundo, aquí pódese dicir que comeza a gran aventura colonial portuguesa nas Américas, sendo considerado o primeiro castelo de estilo feudal na América.

Os primeiros orixes foi por iniciativa de Diogo Álvares Correa e súa muller Catalina Álvares, coñecida como Catalina do Brasil, de construír o primeiro casal cristián na colonia do Brasil.                                                                                                              

Pero foi o seu construtor García d´Ávila, o cal era fillo Tomé de Sousa, primeiro gobernador do Brasil. García d´Ávila despois de vencer as tribos indíxenas do norte da Bahía decidiu construír nos redores de Praia do Forte (a 80 Km de Salvador) unha mansión o estilo feudal fortificada  como centro dos seus amplísimos dominios, os cales chegaron a ter 800 mil km2, polo que algúns din que foi o maior latifundio da historia chegando case a terras de Pernambuco. Nacía así entorno o ano 1551, nunha elevación 79 metros sobre o chan litoral bahiano a casa/castelo da Torre de García d´Avila.

A primeira fase de construción por parte de García d´Ávila e seu fillo Francisco García d´Ávila dura do 1551 o 1624. Para súa construción traen pedra de Portugal así como presos como man de obra. Esta primeira estrutura foi descrita como unha torre ameada fortificada sobre un montículo en pedra e cal, o parecer tiña capela cristián pois unha das súas función tamén era o cristianizar os pagáns indíxenas. A fortificación defendíase tanto por mar dos ataques corsarios como por terra dos ataques indíxenas. Posiblemente por mar tivera apoio de outra fortificación menor no litoral de Praia do Forte a día de hoxe desaparecida.

Este enorme latifundio fixo que se introducida unha gran cantidade de man e obra africana na rexión, sendo así a día de hoxe o estado de Bahía a poboación de raza negra maioritaria, testiga de esa emigración forzada por parte imperio portugués. Na arqueoloxía da Torre de García d´Ávila apareceron restos da cultura africana chegada.

Nas segundas invasións holandesas as colonias portuguesas, o neto do construtor, Francisco Días d´Ávila Caramuru, defendeu e guarneceu a fortificación. Tamén nel refuxiouse Giovani San Felice, conde de Bagnoli, o cal asumiu o mando das tropas portuguesas antes do desastre da batalla de Mata Redonda. Francisco Días d´Ávila II no na segunda metade do século XVII amplío os dominios familiares cara o norte, , aparte de controlar parte das rutas entre a rica rexión de Minas Gerais e Portugal.

No ano 1805, tras a morte sen descendencia do último descendente do d´Ávila, García d´Ávila Pereira de Aragón, a Torre pasou para os Pires de Carvalho e Albuquerque.

No século XIX a Casa da Torre serviu de base do Exercito Liberador Cachoteira durante a guerra de independencia do Brasil. Tras a independencia foron recompensados seus moradores polos seus servizos con títulos como vizcondes e baróns. A partires do 1835, tras a independencia do Brasil a casa da Torre foi abandonada rematando en ruínas. 

No século XX, no ano 1936 o Instituto do Patrimonio Histórico e Artístico do Brasil recuperouna. Pero tivo que esperar ata os anos 80 cando o Instituto Xeográfico e Histórico do estado da Bahía comezase o proxecto de recuperación d Casa da Torre. Coa axuda da fundación García d´Ávila o ben patrimonial comezou a ser reconstruído e estudado pola arqueoloxía. A día de hoxe atopase en fase de recuperación, cotando cun centro de interpretación nas inmediacións. A Casa/Castelo da Torre e a día de hoxe unha das xoias patrimoniais do Brasil, así como unha peza fundamental para o estudo da colonización portuguesa do Brasil e a introdución de poboación africana na mesma.

FICHA TÉCNICA

Tipo de ben: Castelo/fortificación
Lugar: Praia do Forte, estado de Bahía (Brasil)
Cronoloxía: Século XVI (1551)
Propiedade: Goberno do Brasil
Estado de conservación: Bo, en recuperación o igual que seu entorno.

Plano da Casa/Castelo da Torre

COMO CHEGAR DENDE PRAIA DO FORTE

PD: Un saúdo dende o Brasil, espero na miña longa estancia seguir con articulos deste estilo no rico patrimonio histórico e natural do Brasil, apertas!! Jhoni



jueves, 27 de junio de 2013

Unha vez máis, a desgraza caeu sobre a Serra do Galleiro


Triste noticia, pois para moitos a Serra do Galleiro e moito máis cunha serra, e nosa serra mai, onde de pequenos medramos a súa sombra, onde nos levaban nosos familiares para contemplar o fermoso val do Tea onde vivimos...

Agora a historia se repite, 1990, 2005 e 2013 as lapas do lume tinguen a nosa querida serra de escuro e tristeza, sen vida nin aire puro que respirar. Maldicimos unha vez máis os enfermos que prenden lume na mai terra, así como os que o fan polo negocio dos cartos, pois estes son máis enfermos aínda.

Pero estamos no de sempre, lamentamos cando acontece a desgraza pero non a previmos, isto xa o sufrimos no 1990 e no 2005, pero non tomamos ningunha medida, que esperamos cando os responsables dos montes teñen un 80% destes de toxais e eucalipto, a desgraza pode caer simplemente cun vidro e a Serra do Galleiro e todos os que a habitan voltan a tremer.

Dende aquí dar ánimos e forzas a tódolos veciños ante esta situación que non e estrana por desgraza para nos. Esperemos que desta os responsables dos montes collan consciencia e pensen máis alá dos cartos e comecemos a previr nosos montes, para que esa vez por fin sexa  última.


Así e como restaura o concello de Ponteareas o patrimonio

Esta pedra de granito foi colocada na Ponte dos Remedios (de orixe romana), todos uns artistas. 

Dende o Brasil

Como sabedes moitos o autor deste blogue (Jhonathan Zúñiga Puga) atópome por unha longa temporada no Brasil. Ante min abrase un novo mundo cheo de aventuras e moito que aprender dunha cultura, natura e patrimonio entre outros. Mesmo así seguirei publicando sobre Ponteareas, O Condado e noso país galego. Un forte saúdo e aperta dende o Brasil.

jueves, 20 de junio de 2013

Veciños de Ribadetea queren dicir NON OS HERBICIDAS

Veciñ@s de Ribadetea, chegou a oportunidade de opinar, presentar propostas e debatir sobre o futuro da nosa saúde e noso entornorno natural, pois recordar que o noso monte e o noso xardín, o xardín da nosa aldea e vida, o cal temos que coidar e defendelo como se fose o propio da nosa casa. Para poder defendelo así como nosa propia saúde difundamos e acudamos a ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE VECIÑOS PARA VECIÑOS, ESTE VENRES AS 22:00 HORAS NO CENTRO CULTURAL. Por moitos carteis que nos arranquen, por moito que manipulen, este mensaxe debe chegar a tod@s os que algún día loitaron e loitamos por unha parroquia millor, NON OS HERBICIDAS NOS MONTES DE RIBADETEA!!

jueves, 13 de junio de 2013

A Batalla de Anceu, ano 825, andalusís contra galaicos, II parte.

Antes de proseguir co desenlace e segunda parte da batalla, dicir que na primeira parte cando me refería a monarquía centralizadora da corte asturián, quedaría mellor dicir unha monarquía centralizada dentro do antigo territorio da Gallaecia, e dicir galaica, que a día de hoxe na historia que chámanlle “oficial” se chama o Reino de Asturias. Un anote importante para aclarar isto e que por exemplo cando nas crónicas musulmáns nos falan da revolta de Belay (Pelaio) nos din que foron en terras dos galegos. Pois ben, isto seguramente nos di que o que chamamos a día de hoxe a corte de Oviedo era máis ben un poder centralizado no antigo territorio da Gallaecia ante os poderes dos caudillos locais e igrexa.


Volvendo a batalla, recordar que os exércitos musulmáns de Abd-Rahman II saídos de Córdoba dirixidos por Malik e Al-Abbas divídense, Malik tomando cara o norte o camiño máis da costa, e Al-Abbas diríxese cara terras máis do interior de Lugo. Dicir que esta separación puido realizarse o pasar a antiga Bracara ou o Miño, collendo un a antiga vía a Iria Flavia e Brigantium e o outro cara a antiga Lucus Augusti.
O continxente dirixido por Al-Abbas que dirixiuse a terras lucenses foi derrotado na zona de Chantada, máis exactamente na batalla do río Nahalón onde posiblemente unha forza composta por as tropas do rei Afonso II e habitantes da zona conseguirían a vitoria.                                          
En canto o continxente de Malik, máis preto da costa seguiría o camiño do norte, seguramente retornando a antiga vía que subía o val do Tea, e despois ou ben desviándose polo val do río Borbén ou máis posiblemente pola antiga vía romana que bordeaba os montes do Coto de Eira cara o norte, por a actual Barcia de Mera (Covelo) onde aínda quedan restos da vía así como pontes. Unha vez bordeada a Coto de Eira atoparíase xa en terras de Fornelos de Montes, onde descendería o val do río Oitavén, alí tentando cruzar cara o val do Verdugo coas súas tropas, nas cales habería un notable grupo de mercenarios estranxeiros, no lugar Chan de Vilariño faríanlle fronte o exercito galaico.


Actualmente visitei a zona de Chan de Vilariño, e certamente e un lugar perfecto para unha boa emboscada contra un continxente con maior número de unidades. Tratase dunha ampla elevación sobre o terreo, onde ten un amplo dominio visual sobre o val do Oitavén. Na parte alta ten unha pequena chaira onde sobresaen catro poderosos outeiros rochosos sobre o camiño transversal que cruza a elevación, seguramente por ese camiño cruzou Malik coas súas tropas cara o norte dirección o val do Verdugo, e onde o cruzaría pola antiga ponte da vila termal de Ponte-Caldelas. Alí estarían os galaicos agochados entre os outeiros rochosos esperando o momento do ataque, pois sabían que un exercito numeroso alí sorprendido, non tiña espazo para unha manobra eficaz.
 Vista a zona de Chan de Vilariño, no outeiro da fronte e donde din que aterraron o caudillo Vilariño.


A BATALLA DE ANCEU
 
Estando no lugar, esa sería a acción a simple vista máis eficaz, dende os outeiros os galaicos estarían controlando o exercito musulmán de Malik, e esperando a que cruzara a elevación de Chan de Vilariño polo camiño que cruza esta sur-norte. Seguramente os rastreadores sarracenos o ver que no alto o contorno fai unha pequena chaira entre os outeiros, a cal fai sentir seguridade, non fixáronse nos outeiros de forma case fortificada que rodean esa zona máis chan. Cando o exercito musulmán puido toparse cruzando ese paso na chaira, foi cando seguramente o caudillo coñecido como “Vilariño” mandou o asalto dende os outeiros contra as tropas de Malik. Imos tentar recrear a batalla desta forma hipotética.
Posiblemente nun primeiro momento tendo unha posición elevada e rodeando os musulmáns os galaicos aproveitarían para lanzar contra estes frechas ou mesmo pedras cando o groso do continxente destes atopábanse entre os outeiros. Recordar que posiblemente a maioría dos galaicos non fosen guerreiros, senón labregos, pero moitos deles habían de ter moi boa puntería derivada da caza e gran coñecemento do terreo. Seguramente a confusión foi total entre os musulmáns nun primeiro momento, e o propio Malik veríase sorprendido pois nesa chaira non había sitio para manobrar cun exercito, e menos para utilizar cabalería, polo que seus homes seguramente estarían apertándose entre eles cara o centro da alongada formación.


De seguro que os galaicos estratexicamente tamén cortaran a vangarda dos musulmáns, co fin de que estes se rompían filas e fuxisen o farían cara os lados onde o terreo e máis abrupto ou cara atrás, por onde atopase o Oitavén, facendo outro corte natural do terreo non podendo agruparse facilmente. Cando os galaicos acabóuselle a artillería que terían, seguramente soaría un corno ou algo similar e chegaría a carga dende os outeiros e montes colindantes o camiño contra os asustados musulmáns, os cales agora con medo veríanse atrapados entre os menos numerosos galaicos. Esta situación de emboscada e encerro das tropas de Malik faría que seguramente no intento de manobrar os propios soldados deste danaranse entre eles o estar tan pegados entre si e apresados polos galaicos.

Mesmo así a loita debeu ser moi dura, pois antes de que esta rematase, o que parecía o caudillo líder dos galaicos, Vilariño, ía caer morto. Pero Malik, vendo o posible importante numero de feridos e baixas no seu continxente, así como as poucas posibilidades de vitoria naquela chaira que seguramente debeu maldicir moitas veces, decidiu mandar retirada de novo cara o sur, o que seguramente tamén foi un novo desorde por parte das súas tropas xa rotas de formación, que unha vez conseguidos escapar da elevación atoparíanse abaixo co río Oitavén, que sería como un segundo obstáculo, polo que seguro que faría que espallaranse aínda máis os guerreiros musulmáns cruzando cada un por onde puidera o río. A derrota fora total por parte dos musulmáns retirándose das salvaxes e enigmáticas terras galaicas coa moral moi baixa.
Redores de Chan de Vilariño.


En canto os galaicos, que de seguro súa forza estaba constituída por aristócratas dos redores e campesiños coñecedores moi ben do terreo, tamén deberon sufrir un importante numero de baixas e feridos, pois o que se di a día de hoxe que era seu líder polos redores de Anceu, Vilariño, caeu morto na propia loita, sendo aterrado no mesmo campo de batalla, nunhas rochas no alto do outeiro máis elevado pasándose a chamar o lugar co seu nome, o Chan de Vilariño. Segundo os veciños actuais “fai tempo” toparase no lugar súa suposta tumba, pero descoñecese seu paradoiro, mesmo se sigue no lugar.




CONSECUENCIAS DA BATALLA

Pola parte dos andalusís, do Emirato de Córdoba reinado por Abd-Rahman II fixo que este a partires de estas derrotas fixase súa política exterior militar en aceifas contra terras o este da península, como os Condados Cataláns, a Nabonense franca ou terras de Navarra. Tamén tivo que sufocar varias revoltas internas, unha das máis importantes nas terras do val do Ebro contra a familia dos Banu Qasi, os cales estaban emparentados por sangue coa realeza navarra. Tamén no final da súa vida tivo que facer fronte os saqueadores chegados do norte, tratábase dos vikingos ou normandos, os cales tamén acabou derrotando. Engadir tamén, que Abd-Rahman II destacou como gobernador por facer florecer o Emirato de Córdoba no campo da cultura, ciencias e arte.
 Estatua Abd-Rahman II


En canto os galaicos, foi un respiro para as súas terras e o propio monarca Afonso II, que fixo que o temido Abd-Rahman fixase súas campañas contra outras terras peninsulares. Pero mesmo así a tranquilidade non duraría moitos anos, pois pouco despois chegarían tamén os brutais saqueos da xente do norte a terras galaicas, os vikingos ou normandos. 
Destacar outra personaxe que aparece pouco despois, o cal máis que un caudillo pódese dicir que era un autentico bandoleiro sen señor nin bandeira, tratase de Mahamud. 
Este enigmático personaxe que nun principio seguramente era o gobernador de Mérida, pero por mor de conflitos internos co seu señor Abd-Rahman II, Mérida e asediada no ano 833 polo emir, facendo que Mahamud fuxa a terras fronteirizas entre galaicos e musulmáns. Comezaría así xunto a seus homes unha autentica vida de aventura e saqueos a ambos lados da fronteira, sendo unha dor de cabeza para os mandatarios ambos lados. Moveríase por os territorios da actual Galiza a sur de Portugal tendo posiblemente un cuartel fixo entre as cidades de O Porto e Lamego. Finalmente este caudillo ou bandoleiro, e derrotado polas tropas de Afonso II no val do Mao, en Sarria. Din que Mahamuz morreu na loita tras caer do cabalo, mesmo así ningún soldado atrevíase achegarse a el polo pánico que tíñanlle, só unha vez ben asegurado que estaba morto decapitárono e mandáronlle a súa cabeza o monarca Afonso II.



Esta historia de Mahamuz ben gustaría ser recordada e estudada nun novo artigo que non o descarto. Aquí remata como puido ser (hipoteticamente) a Batalla de Anceu no 825, espero que gustase este pequeno recuncho da nosa historia, a día de hoxe olvidada e marxinar, agradecer aqueles que me fixeron compaña ata Anceu e os veciños da zona, por contarme a lenda de Vilariño e súa hospitalidade, un saúdo do autor e ata outra! Jhonathan Zúñiga.

PD: enlace da primeira parte da batalla;  http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com.es/2012/10/a-batalla-de-anceu-ano-825-andalusis.html