martes, 7 de mayo de 2013

Ponteareas Romana: A explotación mineira da Croa, Ribadetea



Na zona da Croa na parroquia de Ribadetea, polos redores do campo de fútbol ata o río, atópanse un dos xacementos arqueolóxicos maiores do concello, os restos da explotación mineira romana da Croa.
 Vista a un dos canles principais.


Tratase dunha antiga mina romana (fai entre 2.000 e 1.500 anos) de grandes dimensións, nela seguramente traballaban a maioría dos habitantes do castro da Croa que esta moi preto. Na mina da Croa atopamos moi vistosamente restos de alteracións no entorno con profundos foxos e parapetos que foron erosionados polas correntes da augas en forma de canles e van a dar o río. O método dos romanos usaron no Tea para extraer os recursos e a clásica “ruina montium”, usada tamén nas famosas Medulas, no Bierzo. Este método consiste en mover grandes correntes de auga do río arrastrando con elas os minerais, logo embalsamar estas, quedando así depositados os recursos pesados, e por último sacar a auga embalsada sobrante por as canles de desaugue que volven o río.


Na Croa atopamos restos de tres grandes canles de desaugues con varias ramas cada un, logo na zona sur tamén hai restos de canles pero moito menos marcados pois esa zona foi máis alterada artificialmente co paso dos séculos (plantacións de arbores, unha granxa, leiras). En canto os restos da zona onde se embalsaban as augas seguramente seria na zona do campo de fútbol e seus redores, pois topamos restos de alteracións nios montes que rodean o campo en forma de contención dos redores do mesmo, aparte de que o propio campo de fútbol sempre foi un barrizal o igual cos redores sen ter regatos que desborden augas. Mesmo e posible que coa propia auga da mina puideran encharcar varios foxos do castro da Croa, como mostran algunhas alteracións moi preto do castro que case morren no parapeto defensivo do propio asentamento castrexo. 

Engadir que na zona da Croa en Ribadetea, posiblemente nos topemos coa maior zona arqueolóxica do concello, comprendidas na ribeira do Tea de forma consecutiva de norte a sur polo magnifico castro mineiro da Croa que data da mesma época, logo a explotación mineira da Croa e a seguir duns posibles restos de outro pequeno asentamento parapetado e fortificado que posiblemente correspondan a un novo castro de pequenas dimensións, no cal o autor do blogue esta realizando estudos para poder determinar a súa orixe e tipo de asentamento.

Vista a un canle dende a estrada que bordea o campo de fútbol.



No río Tea non e o único resto de explotación de recursos, senón que só é a continuación dunha rede de explotacións que van dende a esta da Croa ata os restos da Mina das Covas en Moreira baixo a ponte da autoestrada das Rías Baixas. Así atopamos polo de agora entre estas a da Barxamoura, A Freixa, A Moscadeira e A Ribeira, sendo nese período o Tea unha importante rede de explotacións mineiras, seguramente auríferas (Ouro).
 A zona sur atopase moito menos marcados os canles por difentes alteracións artificiais máis actuais.



FICHA TÉCNICA
Tipo de ben: Explotación mineira (mina)

Lugar: A Croa, Ribadetea (Ponteareas)

Cronoloxía: Romana

Propiedade: Privada (varios donos)

Catalogado pola Xunta: Non

Protexida pola Xunta: Non

Estado de conservación: Bastante bo, máis alterada pola parte sur da explotación e na ribeira do Tea polas antigas leiras agrícolas.

Tradición Oral: Moi preto dela, na zona do pozo da Croa (no río Tea, pegado o castro da Croa, seguramente restos do embarcadoiro deste) hai a seguinte lenda, “din que en tempos dos mouros dentro do pozo da croa escondían tesouros e ouro, para logo levalos de alí”.
Tamén na praia fluvial da croa conservase a seguinte lenda; “Baixo as augas da Croa din que hai agachada unha grade de ouro”.


Plano dos restos da mina feitos polo autor do blogue:

No hay comentarios:

Publicar un comentario