jueves, 30 de mayo de 2013

Petróglifos Padróns 2 (Padróns)



Atopámonos no lugar do Monte Aberto do lado da parroquia de Padróns, moi pretiño co linde con Ribadetea e por enriba do barrio de Chan da Gándara. Por debaixo da estrada principal que une ambas aldeas, os pes dunha carballeira, están situados nunhas pedras de tamaño medio graníticas alongadas moi próximas entre si, os pes dun pequeno val que forma un regato que pasa moi próximo. Son un total de seis petróglifos atopados, todos eles circulares concéntricos que comezan nunha coviña, tamén puidemos ver indicios de algunha coviña apartada nas pedras pero moi gastadas.

Dicir que nesta saída saíuse pola procura do xa coñecido “petróglifo de Padróns”, os cales foran estudados por Novoa Álvarez no 1985 e foron engadidos a patrimonio co código GA36042122,  tratase dunha serie de petróglifos circulares  concéntricos con surcos ou coviñas no medio ben marcadas, que adaptándose a superficie dunha rocha ocupa case súa totalidade. Pois ben a zona esta moi cuberta pola maleza e sobre todo toxeira e silveira, polo que acabamos explorando unhas rochas que se atopaban fora da maleza atopando, en dúas rochas distintas, un total de seis petróglifos circulares concéntricos tapados polo musgo os cales polo xeral están moi gastados, polo que parece que non son os que mencionaba Novoa Álvarez, polo que poden ser novos petróglifos nas inmediacións do anterior.

Os seis teñen a mesma temática cos descritos por Novoa Álvarez, arrancan dun surco ou coviña e vanse ampliando en liñas de forma circular. Atópanse moi deteriorados e gastados, o contrario do que describían dos xa atopados, os seis estaban cubertos polo musgo ou terras polo que tiverámolos que limpar con coidado.

Nas pedras do redor non topamos máis restos, posiblemente estas dúas conservaran as representacións rupestres por estar máis protexidas das augas e non ser tan húmidas como as de seu entorno. Destacar que a uns 50 metros de estes, topamos noutra pedra soa unha coviña, a pedra estaba moi sucia por terra negra e non se apreciaban mais talladuras a simple vista.

En canto a súa cronoloxía, polo gastados que se atopan parecen bastante antigos, pero recordar que posiblemente no seu redor se atopen os que atopara Novoa Álvarez coa mesma temática pero máis conservados, o máis seguro e que correspondan a mesma época acercándonos a Idade de Bronce.

Dicir que no seu entorno na zona do Monte Aberto hai máis restos de arte rupestre, temos o norte destes no outro lado da estrada os do Charco, e máis abaixo o sueste o do Monte Aberto en Ribadetea. Tamén na cima do outeiro que ten enriba pertencente a Ribadetea, nas escavación para a construción dunha granxa  atopáronse unha necrópole do Calcolítico composta por unha cista, unha estela e restos de asentamento como cerámicas e cantos rodados entre outros. Un pouco máis distantes o leste na zona coñecida como O Miñoto (Ribadetea),  tamén atoparanse restos de asentamento como cerámicos e cantos rodados. Todo en xeral pódese englobar nunha cronoloxía que vai dende o Calcolítico (entorno o terceiro milenio antes de cristo) ata a Idade de Bronce.






Coviña atopada alexada dos anteriores.

FICHA TÉCNICA


Tipo de ben:  Representación gráfica (petróglifo)     
Lugar: Monte Aberto (Padróns)
Cronoloxía: Calcolítico/Idade de Bronce                 
 Propiedade: Privada


Catalogado pola xunta: O petróglifo de Padróns esta catalogado GA36042122, pero non sabemos se estes entraron dentro desa catalogación ou se pola contra son novos.

Estado de conservación: Regular, atopándose moi gastados e estaban tapados por musgos e terras, seu redor e un autentico bosque inaccesible de toxeiras e silveiras, polo que non se puido seguir buscando.


Plano feito polo autor dos petróglifos

 Como chegar

 

miércoles, 8 de mayo de 2013

Fauna ceibe nos montes da Serra do Galleiro






A Ponte antiga de Lantón (Ribadetea-Padróns)



Tipo de ben:  Ponte                              Lugar: Lantón (entre Ribadetea e Padróns)

Cronoloxía: Descoñecida                    Propiedade: Publica

Descrición:


Antiga ponte empedrada que cruzaba o río Cillarga unindo as parroquias de Ribadetea (zona das Pasandas) con Padróns (zona Chan da Gandara) polo camiño primitivo principal máis cercano o Tea. A cronoloxía, mesmo que ten trazos e marcas dos carros máis contemporáneos pode ser moi anterior. A estrutura pétrea e moi simple, con cachotes graníticos e unha base sobre o río Cillarga sendo súa superficie empedrada. Ten no mesmo tres postes a cada lado que serven de protección. Perdeu seu uso cando se construíu máis arriba a ponte nova de Lantón na estrada que une Ponteareas con Pazos de Borbén. 


Catalogado pola xunta: Non esta no catalogo.

Estado de conservación: Bo estado, aínda hoxe se usa de paso. O seu entorno esta moi preto da ribeira do Tea tendo unha gran riqueza natural. Tamén moi preto están os pasos de gelas tamén sobre o río cillarga, posiblemente anteriores a ponte.

Outra foto da ponte.