jueves, 4 de abril de 2013

Petróglifo do Penedo da Sartén, Cristiñade

O penedo da Sartén fai de linde natural entra as parroquias pontareáns de Cristiñade e Guláns. chamase así debido a súa forma semicircular e ter na superficie unha cavidade con desaugue a cal non parece natural, tendo así unha forma similar a unha sartén.

A pedra nai granítica mide 2,20 x 2 metros, sobresaíndo do chan 1 metro, nun dos seus lados pareceu un petróglifo con forma cruciforme, orientado norte-sur e rematando na súa parte sur nun triangulo. as súas medidas son 24 por 15 cm.

Pola súa forma de cruz sempre pensouse que seu orixe era recente, o cal a súa función era marcar o límite entre as parroquias de Cristiñade e Guláns. Pero máis recentemente atopouse polos seus redores restos cerámicos que parecen anteriores a idade de ferro, a iso engadirlle que a cavidade da cima da rocha non parece alterado naturalmente pode dar pe a outras hipóteses, non do petróglifo en si, senón do que puido haber os seus redores. Tamén destacar a súa forma triangular o final da cruz.

FICHA TÉCNICA
 
CLAVE DE IDENTIFICACIÓN (D.X.P.):   GA360420102  
PARROQUIA CONCELLO:  GULÁNS (San Xulián) / CRISTIÑADE (San Salvador) PONTEAREAS 
 U.T.M. COORDENADAS. XEOGRÁFICAS: LONX.: 08º 32' 39'' LAT.: 42º 08' 31''
ALTITUDE (m. s.n.m.) :  275 metros
ADSCRIPCIÓN TIPOLÓXICA: LUGAR CON REPRESENTACIÓN
GRÁFICA AR LIBRE
DATACIÓN:  MODERNO/CONTEMPORÁNEO
CLASIFICACIÓN DO SOLO:  SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO
 USO DO SOLO:  Forestal
PROPIEDADE:  Forestal Privada (mancomún)

DEBUXO DO PETROGLIFO FEITO POLO AUTOR





No hay comentarios:

Publicar un comentario