miércoles, 24 de abril de 2013

Arqueoloxía olvidada, a Fonte do Ouro




Tipo de ben:  Fonte                          Lugar: Chan das Carballas, Ribadetea

Cronoloxía: Ano 1920                     Propiedade: Comunal

Descrición:



Fonte antiga situada no lugar do Chan das Carballas, en ribadetea (Ponteareas), o pe da pista que une o Viveiro coa Lomba, en Areas. 
Atopase en mal estado non votando nin auga, e estando parcialmente cuberta pola maleza. Seu nome pode derivar de que súas augas foran amarelas ou con restos de ferruxe, ou pola contra polo folclore dos mouros e seu ouro, pois a pouca distancia esta a “casa dos mouros”. 
Tamén recordar que polas redores pasaba unha antiga vía tamén usada en tempos romanos, de onde cruzábase da zona da ría de Vigo o val do Tea, que estaba cheo de minas de ouro como nos demostra arqueoloxía, polo que poidera se r fonte do ouro en referencia a "fonte da antiga ruta dom ouro". 

Conserva unha placa de mármore que pon:
DISTRITO FEDERAL
ANO 1920


Catalogado pola xunta: Non esta no catalogo.

Estado de conservación: Mal estado, en ruínas e xa non vota auga. En canto seu entorno esta deteriorado pola pistas e as obras nestas.

lunes, 15 de abril de 2013

Chega a primavera O Condado

Din que coa primavera todo resurxe, e pode que sexa verdade, pois coas riadas polas intensas choivas e o florecemento dos arbores, fan que a Freixa presente neste momento unha aspecto inusual e limpa.

jueves, 11 de abril de 2013

Palestras do autor: No Centro Cultural de Ribadetea, Ponteareas

Palestra do autor no Centro Cultural de ribadetea (Ponteareas) sobre o Reino Suevo da Gallaecia, agradecer a AA.VV de Ribadetea por organizar a palestra e a Oskar Sombra polas fotos http://www.facebook.com/SombraGraphics .


Palestras do autor: No CSA O Fresco, Ponteareas

Palestra do autor do blogue sobre o Reino Suevo da Gallaecia,  agradecer o Centro Social O Fresco por poder dar a palestra e por as fotos.


miércoles, 10 de abril de 2013

As Tres Cruces, Mondariz-Balneario

No barrio de San Pedro, no pequeno concello de Mondariz-Balneario moi preto da ribeira do río Xabriña, no lugar coñecido como O Bosque nos atopamos con este peculiar monumento.

Tratase de As Tres Cruces, o conxunto fórmao unha grande pedra granítica apoiada en dous chanzos que o fan moi similar a un dolmen. Na súa parte superior foron colocadas tres grandes cruces tamén en granito sen imaxes que representan o Calvario. Na pedra hai tallada unha data, que marca o ano 1700, seguramente ano no que se colocaron estas tres cruces.

Pero en As Tres cruces hai moito máis, xa que na pedra base tamén hai petróglifos, algúns cristiáns, como representación de cruces, pero outros parecen moito máis anteriores, así distínguense al menos tres coviñas ou cazeroletas. Tamén na cima, xunto as cruces, hai un cavada na pedra unha pequena pía con forma rectangular (ES-OS) que de seguro tiña un uso relixioso ou de culto.

Este monumento e un claro símbolo de cristianización dunha representación pagán, de entrada pode ser que no seu orixe fose un dolmen ou un lugar de culto pagán, o cal tamén tiña petróglifos polo menos na pedra base. Nos redores tamén se atopa a capela de San Pedro, do século XIII.
Vista os apoios da pedra base, os cales nos recorda os dos dolmens.
Na pedra base podemos ver petróglifos como esta coviña (esquerda) e a outra representación (dereita).
Na cima, xunto as cruces pía rectangular.

FICHA TÉCNICA

CATEGORIA DO BEN: Catalogado (Catálogo da Xunta e do PXOM)
PARROQUIA: Barrio de San Pedro, Mondariz-Balneario
ADSCRIPCIÓN TIPOLÓXICA:  Varios, ben histórico/cultural
DATACIÓN: Descoñecida / Moderna
CLASIFICACIÓN DO SOLO: Protexido
 USO DO SOLO: Público (zona recreativa)
PROPIEDADE: Pública
ESTADO: Bastante bo a que pertence a cronoloxía máis actual, e dicir a cristián, a anterior pagán atopase moi deteriorada.

DEBUXOS DE ALGUNHAS REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS DA PEDRA (PETRÓGLIFOS)



lunes, 8 de abril de 2013

Cultura Castrexa: O Castro, As Searas (Angoares)

Entre o casco urbano de Ponteareas e a parroquia de Angoares, máis concretamente no barrio das Searas pola parte de atrás do espazo comercial do Eroski, seguindo o camiño que por alí discorre nada máis saír da zona das casas e adentarnos no monte nos topamos con este impresionante asentamento fortificado castrexo.

Vista a entrada da principal a Croa entre os parapetos.

Este asentamento aproveita unha gran lomba que puido ser natural nun primeiro momento a cal a reforzaron  e alteraron para unha mellor defensa, nesta lomba central en forma de meseta moi parapetada e fosada polos bordes, asentaríase a zona habitacional do poboado. O redor dela a bordea un gran foxo, o cal en moitas zonas esta moi ben definido, sobre todo na cara norte e oeste, onde a súa alteración sobre o terreo e moi pronunciada interrumpindo a lomba chegando os 100 metros de longo por 40 de ancho máis ou menos medidos dende o borde superior da meseta poboacional e o outro lado. Pola cara sur e este pola contra temos aínda restos de pequenos parapetos de defensa acompañados de pequenos foxos destacando dous que chegan os trinta metros, seguramente esta zona sería a máis vulnerable defensivamente polo que construíron estas alteracións defensivas. Engadir que tamén por esta zona co avance das leiras de traballo atopase máis destruída.

O espazo habitacional situado na lomba principal, e totalmente chan na cima e ten restos de antigos postes e pastas de divisións agrarias. Ten unha lonxitude de 110 metros por 60 metros.
Ten dous camiños principais de acceso a esta acrópole ou croa, e un secundario pola cara norte. destacar o que se atopa máis preto do camiño, pois cando escavaron para este acceso deixaron a vista resto pétreos que poden tratase ou ben de muros defensivos ou de vivendas.

En canto as zonas máis afectadas por destrución, destacar as partes sur, este e oeste onde polo avance das leiras foron gañando terreo os parapetos defensivos destruíndo estes. Tamén no camiño que discorre pódese ver perfectamente como atravesaron un parapeto para a construción deste. Por último na cara norte e oeste, pegados o camiño pódese ver restos de canteiras antigas que destruíron parte asentamento. Engadir que polo propio camiño, pódese ver restos cerámicos dispersos pola zona.

Por último dicir que este castro parece de carácter mineiro o igual que outros dos redores pola seu gran complexo defensivo. Recordar que neste tramo medio do Tea existen restos dunha sucesión importante de restos de minas romanas de extracción de recursos primarios, polo que seguramente este castro sexa de cronoloxía romana. O parecer na zona norte afectada pola cantería en antano había un gran penedo circular, o cal os veciños chamaban o "penedo do castro" ou "pedra do castro". Esta a día de hoxe atopase desaparecida.

Superficie da lomba habitacional totalmente chan.
Alteracións defensivas dos parapetos e foxos na cara sur.
Impresionante foxo que interrumpe a lomba na cara norte.
Terraplén que rodea a lomba ou acrópole (croa) principal.
Restos pétreos a vista na acrópole.

FICHA TÉCNICA
CLAVE DE IDENTIFICACIÓN (D.X.P.): GA36042030
PARROQUIA: Angoares (San Pedro) - Ponteareas
 U.T.M. COORDENADAS. XEOGRÁFICAS: LONX.: 08º 30' 29'' LAT.: 42º 10' 10''
ALTITUDE (m. s.n.m.) : 35 metros
ADSCRIPCIÓN TIPOLÓXICA:  Asentamento fortificado (Castro)
DATACIÓN: Idade de Ferro / romana
CLASIFICACIÓN DO SOLO: SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO
 USO DO SOLO: Forestal e outros
PROPIEDADE: Privada (varios propietarios)
ESTADO: Estrutura defensiva en boa conservación, algunhas alteracións de destrución nas zonas parapetadas e sen escavar.

PLANO DO POBOADO