martes, 26 de marzo de 2013

Paisaxes do O Condado, a Costa do Alén

Fermoso, abrupto e testemuña dun rico pasado, así se pode definir o val do río Alén ou "Costa do Alén". Situados na parroquia de Barcia de Mera, no concello do Covelo, atopase enclavado este abrupto e natural val que descende dende a montaña ata a máis ampla conca do Tea.

Fervenzas, rápidos, vexetación autóctona e un amplo patrimonio fan deste enclave natural un sitio máxico. Por aquí pasaba unha antiga calzada que aínda se conserva empedrada que nun primeiro momento seguramente uniría a antiga cidade romana de Bracara Augusta (Braga) con Lucus (Lugo) e as terras do norte como Iria Flavia. Pasados os séculos tamén posiblemente utilizarían este ramal peregrinos que acudían a cidade santa de Compostela. Posiblemente recordo disto sería a capela San Xoán de Mosteiro, construída antes do século XII e reformada entre o 1705 e 1709.


Capela medieval de San Xoán de Mosteiro.

Cascadas no descenso do río Alén.

Calzada romana aínda perfectamente empedrada.

Entre o máxico paisaxe autóctono atopase a solitaria ponte romana.

Rápidos e bravo descenso do río Alén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario