martes, 15 de enero de 2013

Personaxes ilustres: A familia Bugallal

A familia dos Bugallal foi unha das máis influentes na Galiza de finais do século XIX e principios do XX. Así mesmo o reflexa un xornalista anónimo do xornal La Correspondencia Gallega no 1891.
 “Cuando el mismo Cánovas era
Vencido en Cieza, el distrito de
Puenteareas permanecía inalterable:
En todas las elecciones generales
De aquel tiempo salió victorioso
D .Saturnino Álvarez Bugallal.”

Esta familia natural de Ponteareas de recursos limitados, en apenas uns sesenta anos foron capaces de escalar escalóns sociais e converterse nunha das familias máis influentes na elite económica e política do estado español. Nunha época onde o caciquismo e as influenzas estaban o día, os Bugallal foron estendendo súas influencias pola Galiza da época o igual que outras familias galegas como os Monteristas, os Gassetistas, os Riestistas ou os Besadistas.
Estatua de Gabino Bugallal en Ponteareas.

Os Bugallal saíron do anonimato con Jose Ramón Bugallal Muñoz, notario de Ponteareas que apostou por seu sobriño Saturnino Álvarez Bugallal o cal tiña unha sólida formación humanística e xurídica, aparte de ter facilidade de palabra e ser un gran orador.

Saturnino fora compañeiro de estudos de Murguía, era conservador e conseguiu darlle prestixio o seu apelido chegando a ser ministro e embaixador. Case o mesmo tempo pero moito menos relevante naqueles anos tamén seu irmá Benigno Álvarez Bugallal pasou de militar a xeneral, pero non puido ver o gran ascenso dos Bugallal pois morreu no 1885.                                                                  
 Moi pouco despois dous sobriños de Saturnino, fillos do notario J.Ramón Bugallal, saíron elixidos como deputados, tratábase de Gabino Bugallal e Darío Bugallal.
Gabino Bugallal
 
Gabino Bugallal Araújo naceu no 19 de febreiro do 1861 en Ponteareas, sempre estivo en formacións conservadoras e no 1886 foi elixido deputado por Ponteareas, sendo despois por outros partidos xudiciais ata que no 1903 foi designado ministro, permanecendo así en gobernos conservadores na carteira ministral. Pero foi en marzo de 1920 onde conseguiu seu máximo auxe, sendo nomeado Presidente de Consejo de Ministros do estado español provisional durante cinco días despois do asasinato de Eduardo Dato. Foi nomeado ministro ata en oito ocasións, presidente das cortes e xefe do partido conservador, coa proclamación da II República marchou a París, onde morreu o 31 de maio do 1932.
Darío Bugallal
En canto seu irmá, Darío Bugallal Araújo, pasou do distrito de Ponteareas o Senado deixando a outro irmá no seu sitio en forma de relevo no 1903, deixando como novo deputado por Ponteareas a Isidoro Bugallal Araújo.
Cando os Bugallal acabóuselle o apelido por consanguinidade, recurriron a familia por afinidade para seguir coas súas influencias, así Manuel Fernández Barrón xenro de Gabino representou Ponteareas. Tamén outro xenro de Gabino, Luis Usera Bugallal logrou representación por Chantada e outros distritos, o igual José Estevez Carrera, abogado do bufete de Gabino que conseguiu o distrito de Ribadavia dende o 1914 ata o 1923. 
Isidoro Bugallal

Os Bugallal conservaron súa vila natal Ponteareas como un fortín, conseguindo logo expandir súas influencias como se dun imperio se tratase por outros distritos galegos coma Bande, Chantada, Xinzo de Limia e Ribadavia. Chegaron a ser o máis parecido a uns señores feudais da época contemporánea, recibindo homenaxes constantes de outros deputados, sobrevivindo seu imperio a ditadura de Primo de Ribera.

2 comentarios:

  1. Teño unha foto no meu poder que pode ter moito que ver coa familia Bugallal.
    Faga o favor de porse en contacto comigo en "Antonxaque@gmail.com"
    Obrigado.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sería un bo aporte para futuras investigacións Anton Lorenzo, estamos en contacto, saúdos!

      Eliminar