martes, 8 de enero de 2013

Parroquias: Paredes, un balcón de tradición sobre súa pequena ribeira.

No curruncho máis o norte do noso concello, nas fadas e ladeiras dos montes da Periquiña e bañada polo río Borbén e o Regueiro da Fraga, atopase a verde parroquia de San Cibrán de Paredes. 

Paredes e a parroquia máis pequena do concello, contando con 62 habitantes e 2,1 Km2 de superficie, cunha altura entorno os 130 metros sobre o nivel do mar. Atopase enclavada nunha marxe bastante pronunciada do fechado val do río Borbén. Pese ser a máis pequena, Paredes garda un gran encanto tanto tradicional como na súa paisaxe típica rural galega, das mellores do concello. Divídese en tres núcleos de poboacións ou barrios, que son O Picouto, O Ramallal e Touceda.
Vista o barrio do Picouto.
A alta humidade do val e grazas a existencia aínda de bastante gando, fan que seus redores sexan de praderías verdes entre o río e os montes máis na montaña. 

Seu principal monumento e súa igrexa parroquial, a cal conserva importantes restos románicos do século XII, pero outros moitos debéronse perder o parecer na gran remodelación que tivo no 1875, da cal aínda conserva unha placa de recordatorio, grazas a todos estes restos vemos que Paredes ten unha longa historia como entidade de poboación.

Formas de cabezas de animais e outras na arquitectura da igrexa de San Cibrán.

Baixo os redores da propia igrexa podemos ver tumbas moi antigas de pedra, moitas aínda conservan súa fabrica medieval, polo que posiblemente aparte pódese tratar dunha necrópole medieval.  

Tumbas posiblemente medievais nos redores da igrexa.

Tamén entre súas vivendas podemos observar antigos soportais que marcan datas como 1885. En canto a muíños de auga, faláronme de cinco, pero seguramente puido haber máis, algún deles son o do Couñago e do Medio, o da Ponte ou o muíño dos Cans. 
Múiño do regueiro da Fraga.

Por último dicir que estás ladeiras fan un fermoso balcón sobre o río Borbén das cales se admira do outro lado a Serra do Galleiro. En canto súa toponimia, Paredes, pode vir de varias formas, eu persoalmente creo que pode vir pola súa arquitectura de “zona socalcada con antigos muros”, pois esa e a forma que presenta algunha das súas zonas máis antigas como o Picouto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario