miércoles, 27 de junio de 2012

Oleada de Chemtrails o sábado sobre Ponteareas

O que pense que estas estelas de pequenos avións son de voos ordinarios ou que hai tanto tráfico aéreo sobre a nosas cabezas está moi equivocado, nun momento da tarde case chegan a tapar o sol nun día totalmente despexado estas estelas da morte.





Solsticio de verán (San Xoán) en Ribadetea 2012






lunes, 18 de junio de 2012

Actualidade, nunha Ponteareas arruinada, asfaltan e arranxan a pista de acceso a casa do alcalde

Hoxe espertamos na parroquia de Ribadetea con ruído de maquinaria, a cal levamos a sorpresa de que estaba arranxando a pista que leva a nova casa do alcalde de Ponteareas, o señor Solla. Isto contrasta coa gran cantidade de pistas e estradas do concello que se atopan en moito peor estado, por non dicir nada nada da actual subida de impostos e recortes no concello, pero para arranxar a pista de acceso a casa do alcalde parece que si hai cartos. Outra nova vergoña e tomadura de pelo da clase política local, moi descarados.

sábado, 16 de junio de 2012

Actualidade: Indignante e abusivo ataque os pontereáns por parte do circo do concello

Aprobado a Plan de Axuste do Concello de Ponteareas
14/06/2012  - Fonte: 
Cos votos favorables de PP e ACiP
O Pleno Extraordinario da Corporación Municipal, celebrado na mañá de hoxe, aprobou cos votos a favor dos grupos municipais do Partido Popular e Alternativa Ciudadana de Ponteareas, o Plan de Axuste que permitirá, segundo a concelleira de Facenda, Belén Villar González, “dar os primeiros pasos cara ao equilibrio financeiro do Concello, reducindo o déficit de tesourería, que na actualidade é de nove millóns de euros, de cara a estar no ano 2022 en situación de superhábit”.
Para a aprobación do Plan de Axuste, o Goberno Local mantivo diversas reunións cos distintos grupos da oposición de cara a un achegamento de posturas que permitira sacar adiante un “plan vital para a supervivencia do Concello” asegurou Belén Villar. A concelleira de Facenda e primeira Tenente de Alcalde salientou que, logo desas reunións, “acadouse un achegamento de posturas con ACIP, grupo que amosou unha clara disposición a atopar un punto de encontro con medidas nas que, ambas partes, estiveran de acordo”.
As medidas que se adoptarán serán nos capítulos de ingresos e gastos.
 Ingresos
-Fíxase unha subida do IBI do 17% ata o ano 2018, o que fará que se pase dun tipo impositivo do 0.42% ao 0.49%, unha subida axustada, por debaixo do IBI que pagan os concellos da mesma categoría que Ponteareas e, como apuntaba Belén Villar, “por debaixo dalgúns dos concellos da comarca de menor poboación”.
-Incremento nun 15% a taxa de recollida de lixo pasando no rural de 45 euros/ano a 51,75 euros/ano e para urbana de 80 euros/ano a 92 euros/ano.
-Increméntase a taxa de matrícula para o Conservatorio Municipal de Música, así como a cota mensual, se ben os alumnos empadroados en Ponteareas contarán cunha bonificación do 40% sobre dita cota.
-Establécense dúas novas ordenanzas: Ocupación de Solo e Voo en Telefonía Móbil e Servizo da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP).
-Revisión das taxas sobre o cemiterio municipal.
-Aplicación de taxa de saneamento nas parroquias que contan xa con este servizo en funcionamento.
 Gastos
-Non cubrir as xubilacións de persoal que se produzan, o que supón un aforro de 332.000 euros.
-Cesión do Castelo do Sobroso á Deputación Provincial de Pontevedra.
-Cesión da Estación de Autobuses á Xunta de Galicia, rematado xa o prazo de 20 anos de explotación desta instalación por parte do Concello.
-Cesión da Residencia da Terceira Idade á Xunta de Galicia ou establecemento dun convenio para que a administración autonómica cubra o déficit que produce o servizo, dentro da liña de prioridade que a Administración Autonómica lle da a todos os servizos relacionados coa Terceira Idade.
-Dar de prazo ata o ano 2014 para estudar as vías de traspaso da actual Escola Infantil á Xunta de Galicia, así como da nova que se construirá.
-Establecer un prazo, ata o mes de decembro, para atopar vías de financiamento para Canal Tea e no caso contrario, proceder ao peche de dito servizo.
 A concelleira de Facenda, Belén Villar, recalcou unha vez máis que “os incrementos impositivos aprobados non son, nin con moito, desmesurados” e asegurou que seguen estando por debaixo dos municipios da mesma categoría e poboación que Ponteareas.
Desmentiu a responsable da Facenda municipal, que o Concello “teña exceso de persoal, senón que ten moitos servizos municipalizados que se veñen prestando aos veciños e veciñas”. Nese sentido afirmou que “reducir persoal levaría aparellada unha redución de servizos á cidadanía”.

 O portavoz do BNG, Xosé Represas, afirmou, tralo pleno de hoxe no que o PP sacou adiante o seu plan de axuste cos votos de ACIP, que “hoxe é un mal día para Ponteareas e para os ponteareáns. O Partido Popular conseguíu aprobar un incremento salvaxe de impostos para que os veciños sigan pagando do seu peto o tinglado de despilfarro, enchufismo e corrupción do PP que arruinou o Concello”.
Segundo o BNG, o PP “en lugar de recortar ese tinglado escandaloso, preferíu apretar aínda máis o cinturón da xente con máis impostos”. Represas salientou que “o plan aprobado hoxe supón que os ponteareáns en conxunto pagarán 1,1 millón de euros máis en impostos cada ano, é dicir, uns 200 euros máis por familia e ano”. "O PP obriga aos ponteareáns a pagar máis impostos para seguir mantendo os altísimos salarios do alcalde e do goberno, que non se tocan,  para manter a desmesurada plantilla de 300 traballadores, que tampouco se toca, e facer fixos aos colocados a dedo e para asegurar a continuidade de servizos absurdos e ruinosos como a televisión”.
Por último, o BNG lamentou que outros grupos da oposición presten apoio puntual ao PP xustamente en medidas negativas para Ponteareas que só favorecen ao Partido Popular. “O PSOE apoiou o pasado ano ao PP para aprobar os salarios de Solla e o seu goberno e agora ACIP apoia ao PP para aprobar unha suba de impostos brutal. Segundo Represas “o BNG é a única alternativa e esperanza dun cambio real e definitivo para Ponteareas”.

Para o PSOE o acordo alcanzado entre o PP e ACIP, para aprobar o Plan de Axuste Económico proposto polo goberno municipal do PP, suporá unha forte subida dos impostos municipais. “Coma denunciamos en numerosas ocasións, os graves problemas económicos ocasionados pola desastrosa xestión dos sucesivos gobernos do PP e coaligados, pagarémolo agora entre todos os veciños e veciñas de Ponteareas. Subir un 17% o IBI e o Imposto de Vehículos, ademais da creación de novas taxas, que teremos que afrontar todos e todas nun momento difícil para tantas familias en Ponteareas, é amoral e abusivo. Máis aínda cando os culpables da situación na que se atopa o Concello son os mesmos que acordan agora aprobar dito aumento de impostos: PP e ACIP.”
Desde o PSOE tamén propuxeron reducir entre un 25% e un 28% (aprox. 100.000 € anuais) os salarios dos membros da Corporación Muncipal, tanto dos concelleiros do Goberno coma dos grupos da oposición. Medida que foi rexeitada con gran vehemencia pola Concelleira de Facenda, Belén Villar. Os socialistas de Ponteareas entenden que os representantes públicos debemos ser os primeiros en dar exemplo cando é necesario adoptar medidas económicas restritivas, coma é a ocasión.
No Partido Socialista de Ponteareas temémonos que isto non vai ser máis que un parche para maquillar a situación económica do Concello, xa que non se está a solucionar a razón do problema, que é a nefasta xestión dos cartos, o despilfarro do diñeiro público, as políticas de amiguismo e o enchufismo practicado polos gobernos da dereita neste pobo.

Info sacasa de TODOCONDADO.


O DIA E A NOITE, tamén podemos ver o moito que ríense de nos e nos enganan os políticos incompetentes pontareáns, neste caso ACIP apoiando no pleno as subidas de impostos e recortes en servizos os pontareáns mentres que no seu xornal, que ben sendo como leer o Mortadelo, poñen en titular claramente que "non apoia a abusiva de impostos que pretende o goberno municipal". Unha vergoña, vergoña que deberíalle dar os votantes (en xeral) pero neste caso deste partido que contradicese a si mesmo e ten falta de personalidade.
 En canto o resto pouco que dicir, con só leer un xa se da conta dos impresentables que nos gobernan, eles son os que arruinaron o concello, cunha política corrupta, de grandes soldos e enchufismo para os postos municipais. Pero como sempre os que temos que pagar con todo somos os habitantes do concello, mentres eles seguiran coa corrupción, seus grandes soldos, as mentiras e cos seu séquito de incompetentes ben situados en postos públicos que pagamos todos. 
Agora e un bo momento para os pontareáns facer exame de consciencia, sentarnos e pensar e non cegarnos co fanatismo político e ver como esta sendo noso presente e como será o futuro con estes incompetentes que só ben a seu peto. Ponteareas esta en loita, e non só dende agora, senón dende xa fai tempo, pero debemos ser máis e non ter medo o "que dirán" pois por culpa dese medo levamos anos pasando de persoas a escravos. Pontareáns abrámolos ollos, non nos representan! o verdadeira xustiza e do pobo para o pobo!

viernes, 15 de junio de 2012

Protesta, vergoñento e tristísimo

Este cartel atopeime con el hoxe no Centro Social de  Ponteareas, centro que presume de axudar e colaborar cos máis necesitados. Pois aquí temos un exemplo escrito de maneira ata groseira e directa para os que queiran deixar roupa para que a repartan entre os máis necesitados, a cal acabara no lixo por falta de tempo. E agora podemos dicir, e os 300 empregados do concello que se ven paseando toda a mañá e tomando cafés polo bares non teñen un pouquiño de tempo para recoller e clasificar a roupa que entregan con solidariedade os veciños? Unha vergoña, aparte o redor do cartel estaban tamén postas carteis para ser  solidarios e atencións a inxustiza, o que ben sendo completamente contraditorio co que pon neste en cuestión.

jueves, 14 de junio de 2012

Paisaxes do O Condado

Vista a aldea de Maceira, no concello do Covelo.
Val medio do Tea nas parroquias de Pías (Ponteareas) e Vilar (Mondariz Balneario)
Panorámica de Vilasobroso dende o castelo do Sobroso.
O Condado dende os Montes da Paradanta coa Serra do Galleiro o fondo.
Ponte dos Remedios sobre o Tea, Ponteareas.

viernes, 8 de junio de 2012

Actualidade, a realidade do Corpus e o lixo

Mentres na vila de Ponteareas xa recolleron o lixo e preparan e maquillan o pobo podando setos, cortando céspede e ata arranxando beira rúas, todo moi vistoso para o turista que visita este fin de semana a vila para o corpus...

Nas parroquias e redores aínda temos o lixo nas portas da casa, nos non temos a categoría e igual temos que celebrar tamén o corpus para ter un servizo digno de limpeza, unha pequena recopilación de fotos das parroquias neste momento, a verdadeira realidade...






E por último os espazos en teoría "protexidos" e "naturais" polo concello, neste caso A Freixa, pois ben turistas e estranxeiros da nosa vila, se nos ledes, esta e a realidade da nosa vila, e por moito que o tenten non se pode maquillar o inmaquillable.


jueves, 7 de junio de 2012

Actualidade, a estampa pre-corpus de Ponteareas



A só un par de días da principal festa da vila, Corpus, esta e a estampa que presenta a vila e súas aldeas por mor da mala xestión do concello coa empresa de recollida de basuras, FCC, a cal seus obreiros están en folga. Unha vez máis xogan con nos pois o gabinete de crise do concello votalle a culpa o goberno central, e estes din que e cousa do propio concello, o cal coma sempre non se quere facer responsable de seus erros e mala xestión.