jueves, 22 de marzo de 2012

Saídas de sendeirismo: Subida a Coto de Eira

Sabado 24 o grupo Montañeiros Porreiros organiza unha subida de sendeirismo o monte da Coto de Eira, que fai linde entre os concellos de O Covelo, Mondariz e Fornelos de Montes.

- Quedarase as 10 da mañá diante do pavillón de Ponteareas para subir en coches ata Gargamala (Mondariz) onde comeza a ruta. Levar un comida lixeira (bocadillo ou froitas) para xantar na cumbre e auga.

- Chegar o pastizal de Gargamala, dende hai partir andando camiño da Coto de Eira, onde visitaremos as mámoas e os petroglifos de camiño a cumbre.

- Xantar na cumbre, e poder ver se temos tempo o cercano foxo do lobo en "W" que esta nunha lomba do lado, ou ben se estamos máis cansos ou co tempo máis enriba descender o monte de novo cara o pastizal.

- E por último, pois iso, o descenso ata os coches. Sair cedo e bo, pois eu polo menos nunca subin a cumbre, e asi non temos problema co tempo, aparte de aproveitar millor o día e poder pararnos máis e visitar máis cousas.

Esperamos que vos animedes.

Noticias: A Xunta arrasa cos únicos vestixios romanos de Noia

O xacemento de Taramancos está a ser usado como recheo para os cimentos da ponte da nova variante de Noia que realiza a Dirección Xeral de Infraestruturas da Xunta. De nada serviron as protestas do concello e de colectivos culturais da zona.

Castro de Taramancos antes da destrucción.

Non é a primeira vez, nin será a ultima que Galicia Confidencial se fai eco da desfeita do noso patrimonio. Se este mércores amosabamos a faciana máis amable do amor polo noso patrimonio, agora falamos de todo o contrario; a desfeita dun novo xacemento arqueolóxico e, desta volta, por parte da Xunta.

Hai unhas semanas dábamos conta, precisamente, deste interesante achado. O xacemento de Taramancos comezouse a escavar este verán, precisamente, como unha actuación de urxencia antes da construción da conexión da Vía de Alta Capacidade (VAP9 Brión-Noia coa estrada SC-550 que une as localidades de Taramancos con Noia. Nun comezo pensouse que o xacemento era pequeno pero, co tempo, descubríronse importantes estruturas, gran cantidade de cerámica e tégula romana e un importante concheiro que non deu tempo a analizar pola premura das obras.

Os achados desvelaron, á falta de estudos máis rigurosos, a posible existencia dun poboado moi antigo, da Idade do Ferro, de tipoloxía totalmente inusual en Galicia, xa que non está fortificado, e parece estar vinculado a actividades de explotación do medio mariño. Pero tamén apareceron posibles restos castrexos e estruturas romanas.

Conservación


Desde o primeiro momento, o rexedor de Noia, Rafa García Guerrero e distintos colectivos culturais da comarca pedíronlle á Xunta que conservara ese poboado, o primeiro que conserva auténticos vestixos da orixe romana deste concello, ou, en todo caso, que deixara máis tempo para escavar. Sen embargo, a Consellería de Medio Ambiente e Infraestrutura opúxose alegando retraso nas obras.

E hoxe, nin mes e medio despois das escavacións, parte do xacemento serve xa como recheo para os cimentos da ponte da nova variante. A parte romana xa non existe e tamén foi danada a estrutura circular dunha cabana. Nin unha explicación de Patrimonio nin da Xunta polo momento. Os único que se pronunciaron para que non se destruíse este valiosísimo patrimonio -unha miudeza para Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, que dixo que castros había moitos en Galicia- foron o Concello de Noia (PSOE, BNG e N.O.I.A.) e a asociación cultural "Terra de Outes".

Críticas á Xunta

O alcalde noiés denuncia que a Xunta de Galicia non está mantendo a "necesaria colaboración entre as administracións" xa que "non informa e tenta agochar que a decisión de eliminar os restos está tomada desde o primeiro intre que apareceron". "Non se buscou en ningún momento alternativas que permitiran as conservación dos restos arqueolóxicos. A eliminación do xacemento é un mero trámite administrativo para a Xunta de Galicia, mentres para os noieses e noiesas supón unha enorme perda do noso patrimonio e da nosa historia, ademais de supor a perda dun enorme atractivo turístico", criticou nun comunicado.

Así, insiste en que o alcalde noiés non dubida en afirmar que "o goberno de Feijóo amosa nas súas políticas un total desprezo da conservación do patrimonio e do medio ambiente. Créanse proteción de espazos naturais e do patrimonio, pero á hora da verdade só son de aplicación para os particulares. As administracións, no canto de dar exemplo, empregamos de xeito abusivo o recurso do "interese xeral" para obviar as proteccións e amoldalas aos intereses políticos".

Regulado por lei

Fontes da Xunta consultadas aseguran que este tipo de obras están reguladas por lei e, polo tanto, non deben dar lugar a "ningunha polémica ou mal interpretación". Din que as obras son excavacións sufragadas pola Xunta para documentar todo o que alí se atope antes de que unha obra pública --a VAC Brión-NOia-- poida afectarlle. "Ademais realízase sempre un estudo de impacto arqueolóxico antes de cada obra e se actúa naqueles xacementos que resulten de interese como foi este caso". E iso é todo. Do informe de Patrimonio sobre o xacemento nada se sabe. Por iso, o PSdeG, a través do deputado José Manuel Lage, ven de reclamarlle á Consellería de Cultura que lle entregue unha copia do mesmo. Un trámite, que sen embargo, pode tardar meses, cando xa non quede nada do chamado castro de taramancos.

Desde Galicia Confidencial animamos a todos os lectores a que nos informedes deste tipo de desfeitas do noso patrimonio. Se sabedes de calquera irregularidade ou agresión contra o territorio non dubidedes en facernola chegar. Aportaremos o noso grao de area para, dentro das nosas posibilidades, evitar que isto aconteza.

Castro de Taramancos despois da destrucción.

lunes, 19 de marzo de 2012

Plantados 190 carballos na Picaraña no día da árbore

Grazas a colaboración do grupo ecoloxista Adenco plantaronse 190 esperanzas para un mundo millor. Tratase de 190 carballos plantados no lugar de As Chans no monte da Picaraña, para conmemorar o día internacional da árbore


lunes, 12 de marzo de 2012

Florece O Condado

Coa anticipada ola de calor que estamos sufrindo en aínda meses de inverno e debida entre outros factores as tormentas solares, están facendo que grande parte da nosa flora comece a florecer como se da primaveira se tratase.

XXIII Día da Árbore

Como todos os anos, o Grupo Ecoloxista ADENCO organiza unha xornada simbólica de plantación de árbores. Queremos chamar a atención sobre a deforestación e invasión de monocultivos, ao tempo de alertar dos perigos da seca, perigos que poden minorarse cunha adecuada política forestal.

Sairase ás 10h da estación de autobuses. Subiremos polo camiño da Picaraña ata as Chans, onde plantaremos as árbores. Un paseo agradable ata a zona onde xa estará todo preparado para plantar. Vémonos!

martes, 6 de marzo de 2012

Descubrimento de novos petroglifos na saida arqueolóxica os montes de Guillade e Cumiar

Como todos os venres dende fai xa case dous meses, o grupo "Montañeiros Porreiros" levamos saíndo coroando os principales montes do concello, asi como explorando e visitando o patrimonio olvidado da bisbarra.

Esta vez decidimos ir os montes que lindan entre as parroquias de Cumiar e Guillade, máis preciso nos lugares de O Pedroso e a Rega. Ali atopanse unhas pequenas estacións de petroglifos descubertas e rexistradas por patrimonio pero as cales quedaron tal como estaban, e decir, no olvido...


Noso obxetivo neste última andaina era facer un routeiro por eses montes e de paso atopar eses petroglifos. O monte esta moi baixo posto que fai pouco un incendio forestal arrasou parte de este, polo que as pedras e laxes mirabanse case todas a perfección.

Pero para sorpresa dos oito que ibamos, non dimos con ningún dos xa atopados, pero si atopamos outros tantos que aínda estaban sen descubrir e estudar. Os primeiros que topamos foi nun altiño o cal pola situación era moi probable que poidera ter restos de representación gráfica.
E asi foi, sen moito esforzo topamos dúas cruces e unha coviña. Mirando o das cruces cristiáns, deducimos rapidamente que antigamente a zona ter unha alta densidade de petroglifos, polo que fumos buscando polas laxes da cara oeste ata que dimos con outro fermoso petroglifo.

Tratase duns restos moi gastados dunha representación circular, pero que aínda se pode ver súas alteracións se un fixase. Atopase na parte alta da dunha gran laxe, esta composto de tres circulos de maior a menor e rematando nunha coviña central. Seguimos vendo a zona pero as laxes xa moi gastadas e sucias polo recente incendio forestal fixo dificil atopar nada máis arredor dese fermoso petroglifo.

Saindo xa da zona de linde entre as parroquias de Cumiar e Guillade, a entorno uns 200 metros cara o sur, baixando cara Guillade, noutra laxe levamos a sorpresa de topar outra zona con petroglifos, esta vez coviñas. Tratase dunha pedra con cinco coviñas, unha bastante maior que o resto, todas espandidas e bastante gastadas. A pouca distanza destas, uns dous metros atopamos outras dúas case pegadas entre si.



Por último e de mera casualidade, noutra ladeira que cae cara Guillade moi pedrosa, nunha pedra de tamaño bastante pequeno, levamos a sorpresa de topar un extrano petroglifo. A primeira impresión parece que pode representar a figura dun animal, dun cabalo ou algo asi (recordemos que na zona atoparonse máis representación equinas), parte de este esta ben conservado e distinguese súa alteración, pero outra parte esta máis gastada e perdese pola pedra.
De todas formas foi un gran día pola cantidade de petroglifos atopados nunha tarde, ensinamos as fotos por se alguén quere velas con detalle.
Para despedirme saudar a Montañeiros Porreiros e dar grazas pola súa gran axuda, e decir que este venres as 16:00 horas voltamos quedar diante do pavillón de Ponteareas para seguir explorando a zona. Saudos