jueves, 23 de febrero de 2012

Viaxes do autor: O camiño vikingo cara Compostela

Nesta viaxe en terras das concas do ríos Ulla e Sar, entre as provincias da Coruña e Pontevedra, tentei buscar sinais dun tema moi pouco estudado da historia da Galiza, a ruta dos vikingos ou normandos, que tentaron levar varias veces dende a Ría de Arousa remontando o Ulla e o Sar coa intención de saquear a rica cidade episcopal e tumba do apóstolo Santiago, Compostela.

Este importante período da historia da Galiza cabe destacar que apenas ten interese para as institucións seu estudo, pero sen encambio a nivel arqueolóxico, historico e posiblemente tamén na toponímia ten un gran importanza. Por exemplo as famosas Torres do Oeste (Catoira) ou as da Lanzada foron levantadas para protexer as costas galegas destes saqueadores-mariñeiros, ou a mesma tumba do apóstolo foi trasladada da sé episcopal da época, Iria Flavia, a Compostela pois ali era máis doado de defendela dos guerreiros do norte...

Encaixando agora un pouco o marco histórico do cal trata a viaxe, decir que a primeira expedición normanda (que significa xente do norte) tubo como obxetivo o golfo Ártabro no ano 844, e decir a zona da actual cidade da Coruña foi onde desembarcaron, e finalizou tempo despois cunha derrota vikinga nos redores de Chantada (Lugo) polo rei Ramiro, no lugar de Camporramiro.

Despois desta primeira expedición, para a segunda vaga de invasións buscaron un sitio millor e máis rico que saquear, a sé episcopal e antiga cidade romana de Iria Flavia e o altar da tumba do apóstolo de Compostela, a cal para eles que eran pagáns, tiña pouca importanza de fe. Para isto só tiñan que adentrarse na ría de Arousa, retomar o Ulla só un par de kilometros río arriba e logo outros tantos do Sar para chegar a Iria e Compostela.
Asi o tentarón na segunda invasión (ano 858) sendo finalmente derrotados polo conde galego Pedro, pero mesmo asi conseguindo saquear Iria Flavia. Logo voltarono tentar case 100 anos despois entre os anos 964-966. Pouco despois o bispo Sisnacio reforza Compostela e Iria contra futuras violentas invasións vikingas, e nese periodo chega as costas galegas o terrible xefe vikingo Gunderedo, o cal desembarca máis de cen naves nalgún sitio da Ría de Arousa ou tal vez nas Rías Altas e vaise cara Compostela e Iria. Enterado disto o bispo-guerreiro Sisnacio e con reforzos do conde Gonzalo Sánchez vanse contra eles e se atopan en inferioridade o parecer nalgún lugar do concello de Teo, sendo derrotados e o valente Sisnacio morto na loita...

Despois deste último cruento encontro cos vikingos, o galegos senten tal terror por eles que para tentar defenderse os bispos e nobres fortifican as costas galegas, como por exmplo as Torres do Oeste, da Lanzada ou a Torre de Satumino na Ría de Arousa, que faran que as seguintes campañas vikingas ata o século XII sexan combatidas máis efetivamente, mesmo asi nunha campaña normanda no século XI, conseguen arrasar e tinguir de roxo as cidades e terras de Tui e Ourense nunha violentísima incursión nas terras do Miño.

Pois ben, este percorrido comeza un día moi choivoso de finais do inverno do 2011, a primeira parada deberia ser nas Torres do Oeste, no concello de Catoira (Pontevedra) na desembocadura do Ulla. Estas torres foron construidas sobre un asentamento castrexo, e posteriormente romano. Asi pasados os séculos e cambiando a historia, despois da morte do bispo Sisnando a mans dos vikingos, seus sucesores deciden reforzar este enclave para frear os normandos en posibles campañas futuras . Máis tarde os bispos Cresconio, Diego Páez e Diego Xelmírez as reforzan fortemente para non acabar como o seu antepasado Sisnando. No século XII e cando acaban os traballos e toma forma de castelo fortificado, chegando a nós a día de hoxe con restos de tres torres moi deterioradas. Este e un dos restos arqueolóxicos máis importantes da Galiza no que se refire a protexer nosas costas de posibles ataques e saqueos foraneos.
As Torres do Oeste foron levantadas sobre un enclave anterior para defender que os normandos non remontasen o Ulla camiño Iria Flavia e Compostela.

Abandoando xa a Ría de Arousa e as Torres do Oeste, remontamos uns kilimotros río arriba ata chegar a altura da actual poboación de Pontecesures (Pontevedra), unha vez ali cruzamos a ponte do Río Ulla e nos atopamos xa na provincia da A Coruña, máis exactamente no concello de Padrón.
Pasando a vila de Padrón nos topamos a inmortal Iria Flavia, antiga urbe romana pola cal pasaba a Vía XIX que unia Bracara Augusta e Lucus Augusta, que despois da caída do Imperio Romano comberteuse nunha importante sé episcopal galega, que posteriormente sería trasladada a Compostela.

Pois ben, antes de chegar a este punto tan importante imos para noutro sitio, a orillas do Ulla no lugar onde desemboca o Sar, río que leva dereitiño a Compostela.
Sabendo na época da importanza de Iria Flavia e os intentos vikingos por saqueala e seguir logo cara Compostela, non e dificil saber que este sería un punto importantísimo nesta investigación. Asi temos xusto enfronte da ponte unha especie de prado descampado pegado o río, vendo o pouco cauce do Sar na súa desembocadura, pode ser a hipótese de que nese descampado non só dembarcaran os normandos para asaltar Iria, senón que seguiran logo seu camiño cara Compostela a pé. ¿Conservariase este descampado dende fai máis de mil anos do camiño do Ulla a Iria? Pois o que me parece si posible é que despois do desembarco dunha gran flota vikinga nese descampado de ribeira, aproveitarase para outras actividades posteriores, como o comerzo en barco, pero nadie estaba ali, polo que todo son hipóteses.
Gran descampado a orillas do Ulla de camiño a Iria Flavia, o fondo Pico Sacro.

Desembocadura do Río Sar no Ulla, nas proximidades do descampado.

Saíndo da ribeira do Ulla cara Iria me sorprende moitísimo un topónimo que me atopo pasando a vila de Padrón, "Matanza". Este atopase entre o Ulla e Iria, e recordando o violentos que podían chegar a ser os normandos para tentar sembrar o pánico e que seus opoñentes non lles fixesen fronte, e moi probable que este topónimo si veña dun mal recordo desta época. Tal vez antes de entrar en Iria Flavia mataran nas portas da urbe a todos aqueles que atoparon polo camiño para decirlles o que lles esperaba os que estaban dentro agachados. Ou tamén e posible que despois de tomar e saquear Iria, mataran ali mesmo todos xuntos os que tentaron facerlles fronte ou mesmo por diversión súa. O que esta claro e que ningún topónimo de lugar ponse asi por asi, é aqui pode estar o significado dun.
"Matanza", lugar que se atopa entre o Ulla e Iria Flavia que ven pode deribar dunha gran matanza dos normandos nos redores da urbe de Iria.
Vista o lugar de Matanza dende Iria flavia, con Padrón o fondo.

A escasa distancia da zona de Matanza nos topamos coa antiga urbe de Iria Flavia, antiga cidade romana e logo importantísima sé episcopal. Nos redores do actual templo podese ver restos da antiga civita romana asi como tumbas cavadas en pedra. Aqui foi tal vez un dos sitios da Galiza onde máis sufriron a barbarie dos navengantes normandos, facendo incluso por mor destes que a sé epicopal se trasladase a máis distancia terra adentro ata Compostela.
Vistas o actual templo cristián de Iria Flavia.
Restos romanos que se poden ver nos redores do templo.
Algunhas das tubas que se atopan en Iria da súa antiga necrópole.

Neste antigo canto da Galiza, xa moi olvidado e esquecido, pois poucos na actualidade saben da importanza que tivo Iria Flavia en todo o noroeste peninsular, aínda se conserva un gran recordo do que foi noutra época polas súas estreitas rúas, seus restos visibles e seu respirar de sitio histórico.
Rúas en Iria Flavia.

Deixando xa atras Iria e seguindo o posible camiño dos normandos de fai máis de 1.000 anos cara Compostela, sorprendime notablemente entre Iria e Compostela cando me topei co lugar da "Escravitude". A escravitude, o comerzo con persoas, a venta de persoas o millor postor, unha autentica barbaridade aínda practicada no século XXI, pois ben, esta atrocidade era unha importante fonte de ingresos dos normandos. Ante todo estes demos do norte eran mariñeiros e comerciantes, aínda que para conseguir os bens e trocalos usasen a violencia. Polo que as propias persoas eran para eles unha materia máis de troco, polo que utilizaban os prisioneiros para a venta como escravos, asi seguramente despois de tomar unha cidade da época, pouco despois poiderase ver fileiras de homes, mulleres e nenos encadeados listos para ser levados e vendidos.
Cartel que indica o lugar da Escravitude.

Coñecendo a importanza da escrivitude para o ben dos normandos, non e tan descabellado pensar que tal vez neste lugar xa preto de Compostela, co nome actual de Nosa Señora da Escravitude, escolleran prisioneiros de Compostela e Iria para ser levados e vendidos como escravos, non voltando nunca máis as terras galaicas.
Templo da Nosa Señora da Escravitude.
Vista do camiño na ribeira do Río Sar entre a Escravitude e Compostela.

Despois de visitar os redores de A Escravitude, e cunha choiva que non daba tregua, decido voltar camiño Ponteareas. Decir que quedei moi sorprendido pola cantidade de nomes de lugar e sitios na curta distanza entre a desembocadura do Ulla e Compostela, que aínda a día de hoxe poden conserven tantos posibles vestixios das esporádicas campañas dos normandas contras as antigas terras galaicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario