viernes, 20 de enero de 2012

Petroglifos de Gargamala, Mondariz

Fai xa un par de anos tiven o pracer de visitar as estacións de petroglifos de Gargamala, no concello de Mondariz, lugar onde aparte dos petroglifos hai un fermoso entorno os pés dos montes do Coto de Eira con impresionantes vistas o val do Tea e outras serras a máis de 400 metros de altidude.
No lugar dos gravados o ar libre distinguense ata doce estacións, as cales datan da Idade de Bronce. Destaca o nivel de conservación en que se atopan moitos grabados os cales diferencianse perfectamente a simple vista. No lugar temos grabados de variados tipos, dende algúns con formas de pegadas ou ferraduras ata unha gran cantidade de petroglifos circulares moi ben conservados, os cales hai de todolos tamaños, dende grandes circulares ata pequenos que rodean os grandes, nas seguintes fotos podense ver algúns exemplos deste tipo.


Pero en Gargamala súas laxes teñen aínda moito máis, como tamén petroglifos rectangulares con casillas, os cales recordan os miticos tableiros de xogo, pero aínda a día de hoxe non se sabe moi ben seu significado.
Un dos petroglifos que máis me chamou a atención e gostou foi un circular entrelazado en forma de oito, o cal aparte apreciabase moi ben e tiña o tamaño dunha cabeza máis ou menos.
O xacenmento tamén esta cheo de coviñas, moi míticas nos xacementos de arte rupestre do Val do Tea. Estas as podemos atopar en concentracións ou dispersas por todas as estacións, algúnhas polo medio de outros grabados ou soas. Hainas de todolos tamaños, dende moi pequenas ata de gran tamaño, destancando un grupo delas esparcidas a pouca distancia unhas das outras por un especie de altar composto por dúas laxes. Ademáis hai tamén unha gran cantidade de petroglifos indefinidos, e dicir con debuxos e formas sen significado, as cales seguramente no seu tempo serian parte dun debuxo e agora só se conservan partes deste, polo que son dificiles de interpretar.

Outro petroglifo que me chamou moito a atención foi un circular que se atopaba só nunha pedra, ten un tamaño considerable, súa forma de sucesións circulares esta atravesada por unha liña, cun estilo parecido o laberíntico, pero chega un momento que a sucesión de formas circulares de menor e maior desaparece (seguramente por mor destar gastados) e continua a liña media curva, o que fai que pareza unha auténtica "flor", ata parece que ten algunhas follas grazas a pequenos grabados que aparecen o seu redor...
Para chegar a este fermeso enclave de arte rupestre, hai que ir ata a aldea de Gargamala no concello de Mondariz. Unha vez en Gargamala preguntar polo pastizal e tirar monte arriba ata chegar a este, o cal ten uns fermosos prados. No pastizal a moi pouca distancia no medio dun piñeiral tamén atopanse dúas mámoas. Pero voltando a ruta cara os petroglifos, estes atopanse do pastizal a 1 Km máis ou menos subindo por unha pista forestal monte arriba, a cal antes polo menos estaba sinalada. Destacar tamén que seguindo dos petroglifos para arriba dirección a Coto de Eira atopanse os restos do antigo foxo do lobo de Gargamala.
FICHA TÉCNICA

LUGAR: A 1 Km do pastizal de Gargamala, Gargamala-Mondariz

ALTIDUDE: Máis de 400 m

COORDENADAS: LONX:

TIPOLOXÍA: Lugar con representación gráfica o ar libre

DATACIÓN: Idade de Bronce/Calcolítico

CLASIFICACIÓN DO SOLO: Solo rústico de protección do patrimonio

PROPIEDADE: Privada (mancomún)

No hay comentarios:

Publicar un comentario