miércoles, 26 de octubre de 2011

Fotos antigas de Ponteareas, inundación do Río Tea no ano 1917

Inundación da ponte da antiga nacional 12o

Case totalidade inundación da Ponte romana dos Remedios

Vista o barrio da Ponte coa subida do Río Tea

Vista a subida do río case inundande por completo a nacional 120

Actualidade: Meteorito que volou sobre Ponteareas o 17 de agosto

Moitos pontareáns quedamos abraiados o contemplar na noitiña do 17 de agosto voar este meteorito dirección o Atlántico sobre nosas cabezas.

lunes, 10 de octubre de 2011

Limpan o castro de Troña

Por fin parece limpan en condición este importantisimo xacemento arqueolóxico a nivel galegoo máis inteesante que agoa podese ver a perefeción os foxos e parapetos da zona este.


Burradas en Ribadetea polo progreso

Nos últimos días estan sucedendo constantes ataques directos contra a natura e o patrimonio da parroquia de Ribadetea, estes están sendo producidos pola comunidade de montes da aldea máis o concello e a diputación.

A última foi estes días recentes, na cal os veciños quedamos sorprendidos de que apareceran nas estradas, pra ser máis exactos nas cunetas, carteis de veleno. Esta peste que esta en teoria prohibida seria votada nas beiras da estrada para limpalas cunetas en vez de limpalas coa mítica máquina para ese traballo.
A estrada esta a cargo da diputación, polo que non se sabe se foron estes ou o propio concello, de todas formas aínda que fose a diputación a mesma culpa teria o concello por non comunicalo e deixar facer esas burradas, para estes casos sempre se esconde.
Agora a pregunta é que pasara cando volten as choivas e enchanse os regos de desaugue das cunetas e leve toda as augas envelenadas polos regueiros cara o río. Laméntable, só recortase po malo.



O outro feito na mesma parroquia tamén de última hora ten como protagonista o castro da Croa, lugar protexido o máximo xunto cos seus redores por patrimonio.
Pois ben o parecer algúns seguen sen entendelo e nos topamos con estas imaxes na zona de parapetos do poboado.
Os culpables, a comunidade de montes da parroquia, pois puxose a sacar xabre pa levalo sabe dios onde creando asi un auténtico desterro no recinto arqueolóxico, ademáis de abrir pistas novas polo medio dos parapetos para o desterro.

De seguir asi o poboado estara en serio perigo de existenza pois estan desfancendo os parapetos de defensa de este sen reocuparse sequera de preguntar se poden facer semexante burrada, pois por lei de protección de patrimonio estan facendo un delito, pois ese lugar arqueolóxico non se pode tocar.




lunes, 3 de octubre de 2011

Restos da fortaleza da Picaraña (S.XV)

Situándonos no cumio do monte da Picaraña cara súa cara norte, nos redores do Penedo da Anduriña para ser máis exactos, aínda podemos admirar os restos dunha das fortalezas medievais que tivo o concello, tratase da desaparecida fortaleza da Picaraña.

Súa situación non foi escollida por escoller, pois foi construida por un proposito, asediar o castelo do Sobroso, sobre o cal tiña unha panorámica perfecta.
A seu terreo ocupacional xa estivera ocupado con moita anterioridade, pois na Idade de Bronce xa hai indicios de haber habitantes emprazados nesa zona.
Posteriormente contruiriase un castro nese lugar que chegaria tempos da romanización ben entrados, conservando na zona un riquísimo valor arqueoloxico pola gran cantidade de restos cerámicos esparcidos pola superficie. Desta época aproveitaron no século XV seus parapetos, foxos e pedras para a construcción e defensasas da fortaleza.

O motivo da construcción da fortaleza foi por guerras nobiliarias entre os de Soutomaior e Sarmiento que tiña como fin a posesión do castelo do Sobroso.

Temos datos destas loitas nobiliarias entre as dúas familias que nos din que tras as revoltas irmandiñas, Diego García Sarmiento da casa ribadaviense dos Sarmiento reconstrue a fortaleza do sobroso que fora tirada polos irmandiños. Pouco despois o famoso Pedro Madruga a recupera para a casa dos Soutomaior pero por pouco tempo, pois co seu encarcelamento en Benavente (1477-1478) os Sarmento voltan a ocupar o castelo do sobroso.

Unha vez libre Pedro Madruga, voltou tentar recuperar as súas posesións perdidas, entre elas o Sobroso. Para elo construiu a fortaleza da Picaraña moi proxima o Sobroso e gardeceuna con 5.000 infantes e 1.000 cabaleiros. Mesmo asi non foi capaz de tomar o Sobroso e pouco despois os Reis Católicos a mandarian derruir no 1482 como outras moitisimas da Galiza, incluida tamén a do sobroso. Desapareceria asi a fortaleza da Picaraña, que tivo só catro anos de vida, pero polo visto moi intensos.

Outra lenda da zona nos di que dende a fortaleza da Picaraña montaron unha gran catapulta sobre a torre do homenaxe, a cal asediaba seguido o castelo do Sobroso, chegando a deixa este case destruido.
Outro dato historico desta época escrito nos chega que di: "Liberado el conde de Camiña de su prisión de Benavente en la primavera de 1478, vuelve a sus solares dispuesto a recuperar posesiones y castillos perdidos durante su cautiverio, y para conseguir el de Sobroso, nos
dice Vasco de Aponte: "... y levantó ao pé de Sobroso a Picaraña..." Con el conocido decreto de los Reyes Católicos, mandado ejecutar por su gobernador en Galicia Fernando de Acuña en 1482, el castillo de Picaraña fue derribado".

En canto as estructuras conservadas, destaca os restos da torre do homenaxe sobre o Penedo da Anduriña (370 m), na cal conserva a perfección as escaleiras de acceso a esta e as marcas de anclaxe das portas. Sobre o penedo tamen se poden ver as marcas de asentamento no chan dos antigos muros da torre.

Xunto debaixo nos topariamos co patio de armas, que aínda conserva súa superficie socalcada e cun acceso que se conserva semi-pavimentado. No redor de este tamén topamos restos da murallas, a millor conservada pola cara oeste xusto debaixo do Penedo da Anduriña.

Máis abaixo noutro socalco rodeado de grandes pedras e foxos que sirvirián de murallas e defensas que o protexen do resto do monte, nos podiamos topar coa zona de establos do castelo. Destca aqui que a posible entrada seria dúas grandes pedras naturais en forma de porta con restos de defensa o seu redor.


Vista do Penedo da Anduriña sobre o cal se erguía a atalaia dende o patio de armas.

Marcas dos muros da torre do homenaxe sobre o Penedo da Anduriña.
Restos cerámicos castrexos que abundan sobre a superficie da antiga fortaleza.
Escaleiras de acceso a torre do homenaxe.
Restos da muralla na cara oeste pegados o Penedo da Anduriña na parte máis baixa.
Vista o antigo patio de armas.
Rampa de acceso pavimentada o patio de armas.
Posible antiga porta de entrada a fortaleza.
Vista dende o Penedo da Anduriña o castelo do Sobroso.

FICHA TÉCNICA

LUGAR: A Picaraña (no cumio), San Lourenzo de Oliveira

ALTIDUDE: 370 metros

COORDENADAS: LONX: 08º 28´36” LAT: 42º 11´27”

TIPOLOXÍA: Asentamento o ar libre, asentamento fortificado (Castro-fortaleza)

DATACIÓN: Idade de Bronce/Idade de Ferro/Medieval

ESTADO DE CONSERVACIÓN: Moi alterado, con poucos restos conservados

CLASIFICACIÓN DO SOLO: Solo rústico de protección do patrimonio

PROPIEDADE: Privada ( mancomún)