jueves, 24 de noviembre de 2011

Ruta dos muiño e routeiro micolóxico (Ribadetea)

O sábado 26 de novembro realizarase unha ruta polos muiños de Ribadetea, zonas arqueolóxicas e routeiro micolóxico.

Sairase do Centro Cultural ás 9:30 da mañá, pasaremos polos seguintes muiños: Mourade, A Croa, Gelas, A Veiga, O Fridouro, O Pazo, As Cristinas, As Xulianas, A Caseira, O Patán, O Petello e os de Cillarga, un total de 23.

Tmén por zonas arqueolóxicas que seran detalladas e explicadas coma os restos da mina romana da Croa, Castro da Croa e petroglifo do Monte Aberto.

Aprobeitando o percorrido farase un routeiro micolóxico no que contaremos con guias para identificanran cogumelos. Outros sitios de paso de interes e a flora de ribera do Río Tea e Cillarga, esta última bastante virxe.

O rematar voltaremos tod@s xuntos o punto de partida.

- Duración aproximada de 4 horas e media.
- Dificultade media-baixa.
- Recomendase levar calzado impermeable (pola zona humida das ribeiras), roupa cómoda, pequeno almorzo e auga.

Organiza a AA.VV. San Xurxo de Ribadetea, vogalía da xuventude.

Algunhas zonas por onde pasara o routeiro.

Muiño de Mourade.
Bosques autóctonos da ribeira.
Fervenza da Croa.
Zonas micolóxicas.
Casi todo o cauce do Río Cillarga.
Muiños do Fridouro.
Petroglifo do Monte Aberto.
Muiños de Cillarga

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Ponteareas romana: A explotación mineira da Barxamoura (Bugarin)

A mina da Barxamoura na parroquia de Bugarin (Ponteareas) foi unha antiga explotación de recursos primarios de época romana.

Esta atopase na zona da Barxamoura, moi cerquiña da Freixa pegada o Río Tea. Neste río non e o único resto de explotación de recursos, senón que só é a continuación dunha rede de explotacións que van dende a Mina da Croa, en Ribadetea moi pretiño do castro mineiro da Croa, ata os restos da Mina das Covas en Moreira baixo a ponte da autoestrada das Rías Baixas. Asi atopamos ademáis no tramo entre estas a da Barxamoura, A Freixa, A Moscadeira e A Ribeira, sendo asi nese periodo o Tea unha importante rede de explotacións mineiras, seguramente auríferas.

Vista o principal canle da mina cara a zona de embalsamento.

Na Barxamoura atopamos moi vistosamente restos de alteracións no entorno con restos de profundos foxos e parapetos que foron erosionados polas correntes da augas en forma de canles. O método dos romanos usaron no Tea para extraer os recursos e a clásica “ruina montium”, usada tamén nas famosas Medulas, no Bierzo. Este método consiste en mover grandes correntes de auga do río uqe erosionan o terreo, logo embalsamar estas depositando asi os recursos pesados, e por último sacar a auga do embalsamento sobrante por canles de desaugue que voltan o río.

Restos da principal canle xa preto da súa saida o río.

Atopamos asi na Barxamoura os claros restos de tres grandes canles de desaugue, un deles de maior tamaño e principal e outros dous un pouco máis distanciados río arriba que no seu tramo final se xuntan en forma de “Y”. Tamén temos restos asi do comezo da zona onde seguramente embalsaban as augas, agora combertida nun pantanal e moi alterado polo avance dos campos de cultivos. Nela e onde se xuntan as tres canles de desaugue.

Segunda canle preto de onde se xunta coa terceira no seu tramo final.

Do que non atopamos restos e das canles que sacaban as correntes do río arrastrando grandes cantidades de terras e iban a zona embalsamento, pero todo pinta que estarían máis río arriba a favor da corrente e polo avance forestal e agrícola foron desaparecendo. Polo contrario como e máis lóxico, os tres canles de desaugan a favor da corrente na outra dirección para asi ser máis fácil a incorporación das augas de novo o río.

Restos da terceira canle, de menor tamño cas outras dúas anteriores

Desta explotación en concreo, igual que a da Croa en Ribadetea, inda non existen datos que sepase, nin foron estudadas nin protexidas por patrimonio. Sin embargo as da Freixa (A Ponte), A Moscadeira (Ponteareas), A Ribeira (Ganade) e As Covas (Moreira) si están recoñecidas por patrimonio e protexidas, ata se lles fixo un pequeno estudo simple.

Para chegar a esta antiga mina romana, o máis fácil e coller a carretera que une Ponteareas con Mondariz (PO-254) e a pouco máis dun kilometro xa na altura da parroquia de Bugarin, coller a ezquerda a segunda salida cara A Freixa. Desviándonos a esta estrada dun carril a uns poucos metros temos un cruce onde segue unha pista de frente que se mete no monte dirección a antiga discoteca ADN. Chegamos o fin da pista que remata onde estaba a antiga discoteca e collemos un camiño forestal que marcha pola dereita e seguindo este xa daremos cos restos da canle principal da mina.

Principio da zona pantanal de embalsamento onde se unen as tres canles de desaugue.

FICHA TÉCNICA

LUGAR: A Barxamoura PARROQUIA: Bugarin (Ponteareas)

ALTITUDE: Entorno 15 metros COORDENADAS:

TIPOLOXÍA: Explotación de recursos primarios

DATACIÓN: Romano

CLASIFICACIÓN DO SOLO: Sin catalogar nin protexer

PROPIEDADE: Privada (varios propietarios)


Plano feito polo autor da explotación mineira da Barxamoura