domingo, 24 de julio de 2011

Ponteareas romana: As explotacións mineiras do Río Tea, introducción

Unhas das pegadas que nos deixaron os romanos no noso concello foron restos de minas auríferas nas ribeiras do Río Tea. O Tea sempre tivo a fama de ser o segundo afluente máis importante do Miño, e tal vez esa fama ben de esta época xa que polos restos que nos chegan a día de hoxe, debeu ser un importante lugar de extracción de ouro.

Os romanos usaron nestas terras a tecnica de "ruina montium", táctica que consistia en construir canles de auga que arrastrasen grandes cantidades de terra, as cales eran depositadas logo para extraer as pepitas. O lugar máis significativo onde usaron esta técnica foi nas famosas Medulas, no Bierzo.

Restos das canles da mina da Ponte, por detras do Cash Record.

Temos asi no cauce medio do Tea un importante patrimonio mineiro, dos cales se conservan restos de tres pontes romanas a moi pouca distanza entre si posto que están en plena zona aurífera. Tamén conservamos castros mineiros romanizados nesta zona como o Castro da Croa en Ribadetea. Outros castros parecidos que se atopan nese tramo mineiro serián o das Balsadas en Areas ou o das Searas en Angoares, e ata moi posible que tivera algo que ver o desaparecido que se atopaba baixo a plaza do cabezón no casco urbano de Ponteareas.

Restos da mina da Moscadeira, Ponteareas.

Asi nos chegan restos de cinco minas nas ribeiras do Tea, a da Croa a só uns metros do castro na parroquia de Ribadetea, a da Ponte a un Km da última moi pretiño da Freixa, por detras do Cash Record. Apenas distante desta estaria a da Moscadeira e o outro lado do río as da Ribeira, no barrio areán de Ganade. Estas dúas no seu tempo seguramente seria unha soa mina de importantes dimensións.
Por útimo temos restos da das Covas, en Moreira, moi deteriorada pola autoestrada a cal lle pasa case na súa totalidade por enriba deteriorando importantemente este xacemento. Este foi o unico xacemento destas careacterísticas que levou un pequeno estudo antes do paso da autoestrada dirixido pola arquóloga V. Carmen Torres (Anta de Moura S.L) no 1994, descubrindo restos de canles e foxas.
Vistas dende o monte do Castelo, en Cillarga (Ribadetea) de onde posiblemente se viaxiaban as minas do Val do Tea.

As características que cumplen estas minas a simple vista son os restos dos foxos das canles que contrastan notablemente co entorno natural. Tamén se pode nomear o monte do Castelo en Cillarga (Ribadetea), onde en época romano o parecer foi unha zona de vixianza e seguramente seu control sobre o cauce medio do Tea serviu para vixiar estas minas. Destacar tamén a pouquiña distanza que se atopaba a Vila romana de Angoareas, que seguramente rexentaba estas explotacións.
O marco xeográfico no que se situan estas explotacons vai máis ou menos dende a parroquia de Ribadetea ata Moreira pegado a ribeira do Tea, aínda que pode ser aínda maior.

Moi pronto podremos estudalas unha por unha en outros articulos destas.

jueves, 7 de julio de 2011

Viaxes do autor: Viaxe os castros auríferos astures máis os galaicos do Val do Navia (Asturies)

Esta viaxe se realiza dende Ponteareas ata o occidente de Asturies, máis especificamente as antigas concas auríferas das terras de Narcea e Allande e os castros galaicos do Val do Navia.

A primeira visita no primeiro día farase as terras de Narcea e Allande, entrando en Asturies polas terras leonesas da Laciana. Rodeados dunha fermosa paisaxe de abruptas montañas da Cordilleira Cantábrica e profundos vales chegamos o concello de Pola Allende.

A 6,5 Km da capital do concello na parroquia de San Martin de Beduledo no alto do monte de San Chuis ou Luis, a máis de 780 m de altitude, nos atopamos co castro de San Chuis.
O seu asceso non e facil, pois hai que subir parte do monte por estreitas pistas sen asfaltar. Pero o premio e inmellorable, dende este se poden ver unhas impresionantes e fermosas vistas sobre o contorno, sendo un importante punto extratéxico.
O asentamento ten moito que ver coa explotación aurífera romana da zona, aínda que en estudos máis actuais descubriuse que seu orixe se retornaba moito máis atras, posiblemente en época indixena entorno os séculos VII-VI a.C, sendo seu máximo explendor na etapa romana ata o século III da nosa era. Tamén tubo poboación residual nos siglos V-VI, sendo o último castro de Asturies en ter poboación.

A estructura do castro e triangular, destacando unha gran liña de foxos e parapetos defensivos sobre todo polas partes con menos defensas naturais. No interior abundan as vivendas circulares polas terrazas habitacionais, moitas moi ben conservadas.
Na parte alta, e decir a acrópole, destacan as vivendas de forma cadrada e rectangular, mostra da pegada romana. No máis alto hai unha gran estrutura de forma rectangular con varios habitaculos unidos, o que fai parecer unha especie de masio romana. Recordemos que este castro en época mineira romana de extracción aurífra é vivián nel funcionarios e técnicos da administración mineira romana da zona.


Vitas o Castro mineiro de San Chuis (Pola Allande), na última foto estructura cuadricular que se parece a unha posible mansio romana.

Saíndo das terras de Allande voltamos as terras de Narcea, máis concretamente o sur destas cara o pobo de Llarón/Larón, na Serra do Rañadoiro no concello de Cangas de Narcea.

Cruzando gran parte do profundo val do Narcea e atravesando o Monte do Rañaidoiro (1.181 m) por un moderno tunel, a saida nos topamos co pobo de Llarón, onde se atopan os restos de un importante poboado castrexo romanizado.
Pese a ser o unico castro practicamente excavado do concello de Cangas de Narcea me levo a sorpresa do gran avandono deste. O montículo sobre o cal se asentan os restos do castro de Llarón é inaccesible polo abandono, a vexetación o cubre por enteiro facendo calquer intento de entrar no recinto imposible.
Neste castro foi excavado no ano 1978, nel atoparanse restos de vivendas circulares e datarase de época romana, tendo un gran explendor.

Vista o inaccesible castro de Llarón, caido no olvido co Rañadoiro testigo de fondo.

Saíndo de Llarón a seguinte parada e Trascastro, tamén no extenso concello de Cangas de Narcea, pero a unha distancia considerable, tendo que bordear a Serra de Degaña e meterse de novo en terras leonesas, cruzando despois o famoso porto de Leitariegos para voltar a Asturies o val do Naviego. Enclavado neste fermoso val de paisaxes incribles e habitadas polo oso pardo, chegamos a Trascastro.
Aqui pasarei a noite nunha casiña de aluguer tradicional moi fermosa. Pero antes vistarei o castro de Trascastro, o cal e un gran outeiro cunha pequena capela no alto, este esta sen escavar.
Mesmo asi conserva unhas impresionantes defensas feitas por foxos e parapetos que caen no río Naviego. No seu interior abundan os restos petreos e podense apreciar trozos da antiga muralla. Tamén conserva a perfeción algúnhas terrazas.
Trascastro, pobo de Cangas de Narcea que conserva restos do antigo castro no outeiro que se ve o fondo da foto.

Paisaxe do val do Naviego en Trascastro, Cangas de Narcea.

No seguinte día madrugando é avandono as fermosas paisaxes das terras de Narcea para ir cara a costa Cantábrica. Cruzando Asturies de sur a norte dirixome o val do Navia, para visitar os catros Galaicos que abundan nas beiras do Río Navia.

Chegando a localidade de Navia, moi preto da Galiza na desembocadura do Río Navia, retomamos río arriba ata o concello de Boal.
Polo camiño podese admirar unha encantadora paisaxe do Val do Navia, que irrumpe entre as cadeas montañosas.

Vistas o fermoso Val do Navia, Boal (Asturies)

Chegados o concello de Boal, dirixome a parroquia de Pendía, onde se atopa un misterioso castro Galaico moi peculiar e unico nun sentido.
O acceso a este asentamento e complicado, unha estreita pista primeiro asfaltada e logo sen asfaltal nos conduce monte arriba a este.
Xa no interior do poboado temos unhas boas vistas sobre o Val do Navia. A estructura deste e un peñasco con pequenas terrazas nas que se espanden as vivendas. Na parte máis alta do peñasco o poboado atopase moi deteriorado, pero nas faldas e terrazas pasa o contrario, este atopase bastante ben conservado e abundan as vivendas circulares, dando proba de seu orixe preromano.
Pero o que máis destaca deste poboado sobre os outros, e que posué no mesmo asentamento dous monumentos con forno. Estas estranas arquitecturas aínda hoxe se descoñece seu labor, aínda que a teoría máis destacada e que foran saunas ligadas a rituais.
En toda a Cultura Castrexa só coñecense restos de trece estructuras deste tipo, polo que e moi misterioso que neste mesmo poboado se atopen dúas delas. Tal vez este asentamento foi no seu tempo un enclave de rituais relixiosos.


Castro de Pendía, arriba un dos monumentos con forno dos dous que poseé este asentamento. Abaixo, podese ver a estructura do poboado.

Marchando de Pendía voltamos ir cara o Navia pero agora en dirección contraria, e decir río abaixo para dirixirnos a localidade de Coaña.
Nesta localidade atopase o castro máis significativo de Asturies, e un dos máis importantes da Cultura Castrexa. Tratase do castro galaico de Coaña, tamén coñecido no lugar como Castrillón ou Castelón.
este poboado de orixe xa romanizado e unhas das xoias da Cultura Castrexa, construido como asentamento mineiro aurífero e posiblemente capital da tribu dos Alvioóns, data dos sécuulos I o III d.C. Nel asentanse máis de oitenta vivendas, polo que súa poboación debeu andar entre os 1.000 e 2.000 habitantes.
O seu interior esta moi urbanizado, e podemos atopar dende barrios familiares, rúas empedradas, prazas, desaugues... ata un monumento con forno na súa acropole, a cal cando visitei o poboado estaban restaurando e non poiden acceder.
Na entrada desta citania atopase un centro de interpretación con museo, onde se expoñen restos deste e outros castros da zona, ademáis dunha exposición das explotacións mineiras auríferas do occidente asturián.


Castro de Coaña, arriba vistas o castro. Abaixo nas seguintes podese ver o interior deste e algunhas estructuras.

Por último antes de partir da vila de Coaña visitarei unha Estela discoide que fora atopada nos redores da localidade. Esta e unha soa peza granítica duns dous metros de altura, ten un gran disco no medio con varias liñas borrosas en forma de signos. Seguramente seu uso foi para rituais relixiosos.
Estela Discoide de Coaña.

Visitada a estela acaba a viaxe polos castros do occidente asturián e volta a terras do O Condado. Decir que estes últimos castros que visitei do val do Navia eran do pobo Galaico, e os anteriores do Astur, pero sinceramente apenas atopei diferenzas entre ambos asentamentos e estructuras pese a ser de pobos diferentes, polo que pode ser que a Cultura Castrexa abarcara máis territorio do que se pensa ou nos fan pensar. Ata seguinte viaxe.

martes, 5 de julio de 2011

IV TARDES LIBRTARIAS: As plantas de biomasa e outras malas herbas

Auditorio Reveriano Soutullo (Sala multiusos) - Ponteareas

Venres 8 e sábado 9 de xullo.

Venres 8
19:30 h Proxección do documental "Apaga e Vámonos" (Manel Mayol, ano 2005)
21:00 h Conflictos de enerxía, charla cos grupos. Reganosa Demolizón. Asemblea do Suído.

Sabado 9
18:30 h Colectivo "Salva la selva"
19:00 h Charla sobre o proxecto da Planta de Biomasa de Ponteareas a cargo do Ateneo.
20:30 h Outras alternativas para os nosos montes, mesa redonda coas experiencias de Abonos Lourido CMVMC de Cabeiras.