jueves, 20 de enero de 2011

Persoaxes ilustres: Álvaro Pino

Álvaro Pino Couñago, é un dos deportistas máis destacado dete concello, naceu na parroquia de Fontenla o 17 de agosto de 1956, é ex ciclista e foi no 2010 director deportivo do Xacobeo Galicia.

Comezou coma profesional no 1981, ano no que gañou a súa primeira etapa na Volta Ciclista a España no recorrido Zaragoza-Torrejón, tras unha escapada de 200 km. No 1983 foi cuarto na volta España, chegando a ser líder poñendo en apertos ao propio Bernard Hinault.
Pero seria no 1986 cando quedara vencedor da Volta España derrotando en todos os terreos a primeiras figuras como Sean Kelly, Robert Millar, Laurent Fignon ou Pedro Delgado. No1988, gañou o Gran Premio da Montaña e tres etapas máis. En 1989 gañou a célebre etapa dos Lagos de Covadonga. Nesa volta, co equipo ZOR, foi dúas veces primeiro na clasificación por equipos (en 1983 e en 1985).

No Tour de Francia, acadou en dúas ocasións a oitava posición (en 1986 e 1988).

Outras vitorias importantes no seu palmares serián a Subida ao Naranco en 1982, a Volta a Cataluña, dúas etapas e a Escalada ao Montjuic no 1987. Ademais da mencionada vitoria na Volta a Cataluña de 1987, foi segundo en 1986, cuarto en 1988 e terceiro en 1989. Na Subida ao Naranco, ademais da devandita vitoria, foi dúas veces terceiro: en 1987 e 1989.

Na Volta Asturias subiu tres veces ao podio: foi terceiro no 1982, segundo en 1983 e terceiro de novo no 1989. Foi terceiro no Gran Premio de Navarra (hoxe Premio Miguel Indurain) en 1985, tamén terceiro na Subida ao Urkiola en 1988 e segundo na Klásica de Primavera do 1989.

Na Volta Galiza, a súa mellor posición foi 2º en 1988, ano en que gañou tamén unha etapa e o Gran premio da Montaña. Tamén gañou o Gran premio da montaña da Volta Euskadi esa tempada.

Tamén foi campión galego de ciclocross 1987-88, 1988-89.

Foi seleccionado en sete ocasións para disputar o campionato do mundo de ciclismo de fondo por estrada. En 1988 recibiu o Premio Superprestixio de Unipublic. Quedou no posto 18º no Giro Italia do 1983, especialmente deseñado para rodadores e velocistas.

En total, estivo como ciclista profesional 11 anos, dende 1981 a 1991, se ben as tempadas de 1984 e 1990 pasounas practicamente inactivo debido á lesións. Con todo, a súa participación na primeira metade da Volta ciclista España de 1990 foi decisiva para o triunfo final do seu compañeiro de equipo Marco Giovanetti. Tivo que retirarse, por múltiples lesións, cando estaba de 10º na clasificación xeral.

Como profesional correu nos equipos Colchón CR, BH, Seur e Kelme, retirándose en 1991. Posteriormente, foi director deportivo do conxunto ciclista español Kelme (1992 a 1999) e despois do suízo Phonak (de 2002 a principios do 2005). Foi o descubridor para o ciclismo de élite dos corredores galegos Marcos Serrano e Óscar Pereiro.

En maio de 2006, foi presentado oficialmente como director técnico do equipo profesional de ciclismo galego Xacobeo Galicia. Con el como director de equipo, o Xacobeo Galicia proclamouse campión por equipos da Volta ciclista España 2009.

No hay comentarios:

Publicar un comentario