miércoles, 26 de enero de 2011

Parroquias: Celeiros, baixo a sombra dos piñeiros mansos

Parroquia que se atopa o leste do concello, lindando cos municipios de Salvaterra de Miño e o das Neves. Conta con 227 habitantes e ten unha extensión de 2,5 Km/2.

Ten un notable relevo accidentado pese nom ter alturas significativas. Atopase en camiño entre o val do Tea e os montes da Paradanta, atravesada polo Río Uma, o cal crea un fértil val.

Destaca a vista na zona centro da parroquia dous xigantes piñeiros mansos centenarios que posée, o cal un pasa dos 30 m de altura, chamado Piñeiro manso dos Candeira, o cal esta catalogado entre árbores senlleiras da Galiza.

En canto a arquitectura relixiosa, destaca a igrexa parroquial adicada a San Fins datada do século XVIII. Decir que esta asentada nunha acrópole na cal habia un castro, agora xa case desaparecido, só conservando restos das terrazas e parapetos de defensa.
Moi interesante tamén xusto o lado da igrexa, no cemiterio, o panteón da familia Candeira. Foi construido no 1.871 por Jose Cerviño Garcia ou Ignacio Cerviño Quinteiro. Destaca enriba dos dous sarcofogos unha estatua, con un reloxo, relevos, incripcións... que fan deste panteón un dos mellores monumentos galegos da arte funeraria galega asi como canteira.
Tamén conta Celeiros con dous cuceiros, un cercano a igrexa e outro no barrio de Soutelo.

En canto a historia, nom temos datos da presenza prehistorica, pero suponse que esta zona sería transcurrida polos prehistoricos posto que nas veciñas parroquias de Cumiar e Guillade si os hai.
En canto a Idade de Ferro si hai constancia do castro xa mencionado debaixo da acropole que no que se atopa a igrexa, conserva aínda algunhas terrazas e parapetos polos redores da acropole.

Tampouco hai datos medievais, pero vendo a fertilidade do río Uma neste tramo e a cercania a o Castelo do Sobroso, o máis probable e que as terras de cumiar pertenceran a este señorio.
no século XVIII construese a igrexa, polo que seguramente asentarase xa un núcleo significativo de poboación polos redores.
Debeu ser tamén destacable a familia dos Candeira, posto o munumento funerario do siglo XIX que lles construiron, pois o parecer eles doaron as terras onde se atopa o cemiterio para seu uso como tal. Tamén preto de ali, onde se atopan os dous piñeiros mansos centenarios, lles chaman dos Candeira, asi que é de supor que esa explanada combertida agora nunha area recreativa lles pertencián tamén.

Na zona do barrio de Soutelo pasa o río Uma, o cal esta bastante avandoado nesa zona, pero aínda asi conserva seu encanto natural é de augas limpas rodeado de un paisaxe verde de pastizais, leiras, viñas... todo num entorno rural que merece a pena ver.

Piñeiros mansos centanarios xigantes dos Candeira.
Igrexa parroquial de Celeiros, construida no século XVIII.
Bonito rincon cun lavadoiro e fonte.
Panteón dos Candeira, dos máis significativos da arte funeraria tradicional galega.
Cruzeiro do Barrio do Soutelo.

Os medios de desinformación voltan a tentar manipular, o danado, o medio ambente.

FARO DE VIGO 25/01/11
Medio Rural desconoce todavía el coste económico del control de la plaga del pino
Algunos cálculos apuntan a siete millones de euros, pero dependerá de los trabajos que sean necesarios

El coste del control de la plaga del pino es todavía una incógnita. Ni la Consellería de Medio Rural ni los concellos afectados –Salvaterra y As Neves– conocen cuánto les costará a las arcas públicas atajar el nematodo y evitar que se extienda, según confirmaron ayer a FARO DE VIGO fuentes municipales.
De hecho el propio director xeral de producción Agropecuaria, José Alvarez Robledo, durante su visita a una de las oficinas para extender permisos de corta, indicó que el coste depende de muchos factores, entre ellos la madera que cortarán y retirarán los propios afectados y de la que deba encargarse la Xunta, lo que encarecerá el proceso.

Aún así, algunos cálculos realizados por el sector apuntan a siete millones de euros, y la propia Tragsa –empresa pública que realizó mediciones de campo en la zona– estima que serán necesarios más de seis millones de euros.
En el coste final influirá la eficacia de las talas que se realizarán antes del 28 de febrero directamente por los propietarios, que en estos momentos ya avanzan a buen ritmo. Las oficinas para solicitar permisos de corta están abiertas al menos hasta el día 30 de enero, si bien su ampliación no se ha publicado en el Diario Oficial de Galicia. Inicialmente la apertura solo para solicitar permisos estaba prevista hasta el día 20. Los vecinos también aceleraron sus talas de carácter personal aprovechando las buenas condiciones climatológicas de los últimos días.
Siete mil parcelas.

En la zona afectada hay unos 100.000 árboles en unas 7.000 parcelas con un volumen de unos 90.000 metros cúbicos de madera. El sector considera que, a pesar de que inicialmente, su uso dentro de las condiciones de erradicación de la plaga podía verse como ser un problema, está muy lejos de la realidad ya que los árboles pueden consumirse o procesarse –con tratamiento térmico– en la zona lo que garantiza a las autoridades un eficaz control de la plaga, detectada por vez primera en Galicia en la comarca del Condado.

La presencia de la plaga fue confirmada por la Xunta el 26 de noviembre, y provocó inicialmente un examen especial en un radio de veinte kilómetros a la redonda, y la retirada de toda la madera en un radio de kilómetro y medio, desde la "zona cero".
El Bursaphelenchus xylophilus, más conocido como nemátodo de la madera del pino, es un gusano microscópico que surgió en Norteamérica y apareció por primera vez en Europa en 1999 en Setúbal (Portugal). Tiene estatus legal de organismo nocivo reconocido por la Unión Europea (UE) y en apenas veinte años ha logrado extenderse por todo el territorio luso.


No primeiro lugar decir que os veciños levan tempo tentando dirixirse os medios para protestar ante tal medida a que se bem forzosamente obrigados, pero parece que nos medios só lles importa publicar o económico e manipular según lle mandan, pois parece que os veciños nom teñen nim voz nim voto neste asunto nos cales som eles os perxudicados o igual co medio ambente.

agora empecemos coa noticia, esta fala de praga como se esta xa se espandise por orixe divina, cando supostamente só se atopou unha arbore afectada e o resto estan sanas.
Aínda quedan moitas preguntas sem responder, ¿como chegou ali o nemátodo? Según eles o transportou o escarabello que o transporta no seu interior, xa que este cando deposita os ovos tamén deposita os gusanos microscopicos nemátodos, ¿pero eles nom saben que este escaravello inverna nestas terras pois nom soén sair en temperaturas inferiores os 20 grados? ¿e que só recorre como máximo na súa vida 3 Km? isto entre outras moitas...

O primeiro sería tentar saber como chegou pra tentar previrse para outros casos, pero aqui nom, só deron explicación rápida básica e fora...

Outra cousa que sorprende da noticia e que só se fala da perda ecónomica, ¿e o resto nom importa? Pois vaise talar nunha primeira fase máis de 1,5 km a redonda, pero tamén teñen unha segunda fase da que nom falan de uns 20 km a redonda, incluido os arbores dos xardins, o que deixaria a zona sur do Condado desertica e sem poder voltar plantar en 3 anos, sim contar logo con outros problemas como desaparición da fauna, desiertización, riadas...

Logo decir que na noticia parece como se a poboación estivese dacordo e colavorase coa Xunta, cando isto e totalmente falso. Os veciños teñen unha total incertidume, case só saben que teñen ata o 28 de febreiro pra talar por súa conta os seus montes, senón entrara a Xunta a "acción", e para nada apoián vivir nunha explanada calva e queren conservar seus montes.

Outra cousa curiosa coma sempre nestes casos "extraños" e que a unica empresa que pode recoller o sarrín destas arbores e a multicional galega FINSA...

A isto sumado que esta zona sera num futuro un enclave extratexico na industria galega, pois e onde estan realizando as obras da autoestrada que unira o Porto Seco ca autoestrada das Rías Baixas, sumado o que soe mirar a Xunta polo medio ambente, onde poden máis os cartos que a vida, isto da moito que sospeitar...

Este e o parecer o protocolo que establece a UE seguir, pero aqui só se descubriu (se nom e manipulación) o parásito nunha arbore, pola cal faran unha masacre. Só poñen exemplos terrorificos de medo, como o caso de Portugal onde se espandiu por todo o páis, pero porque nom poñen outros casos como o de Xapón, onde sem facer barbaries, con moito control, controaron que nos seus casos nom se expandise unha praga sem danar o medio.
Según avance este triste caso irase dando máis noticias aqui, é esperase dar dentro de pouco un reportaxe máis amplo e fotografico.

jueves, 20 de enero de 2011

Paisaxes do O Condado

Vista parcial dende o centro medico do casco vello de Ponteareas.
Verdes leiras da parroquia de Padrons cos montes de Coto de Eira o fondo.

Fermoso antigo lavadoiro nas aforas de Ponteareas no barrio das Cachadas

Vista a praia fluvial de Mondariz-Balneario

Panorámica da ponte medieval do Cavalon sobre o Río Uma nunha tarde invernal.

Persoaxes ilustres: Álvaro Pino

Álvaro Pino Couñago, é un dos deportistas máis destacado dete concello, naceu na parroquia de Fontenla o 17 de agosto de 1956, é ex ciclista e foi no 2010 director deportivo do Xacobeo Galicia.

Comezou coma profesional no 1981, ano no que gañou a súa primeira etapa na Volta Ciclista a España no recorrido Zaragoza-Torrejón, tras unha escapada de 200 km. No 1983 foi cuarto na volta España, chegando a ser líder poñendo en apertos ao propio Bernard Hinault.
Pero seria no 1986 cando quedara vencedor da Volta España derrotando en todos os terreos a primeiras figuras como Sean Kelly, Robert Millar, Laurent Fignon ou Pedro Delgado. No1988, gañou o Gran Premio da Montaña e tres etapas máis. En 1989 gañou a célebre etapa dos Lagos de Covadonga. Nesa volta, co equipo ZOR, foi dúas veces primeiro na clasificación por equipos (en 1983 e en 1985).

No Tour de Francia, acadou en dúas ocasións a oitava posición (en 1986 e 1988).

Outras vitorias importantes no seu palmares serián a Subida ao Naranco en 1982, a Volta a Cataluña, dúas etapas e a Escalada ao Montjuic no 1987. Ademais da mencionada vitoria na Volta a Cataluña de 1987, foi segundo en 1986, cuarto en 1988 e terceiro en 1989. Na Subida ao Naranco, ademais da devandita vitoria, foi dúas veces terceiro: en 1987 e 1989.

Na Volta Asturias subiu tres veces ao podio: foi terceiro no 1982, segundo en 1983 e terceiro de novo no 1989. Foi terceiro no Gran Premio de Navarra (hoxe Premio Miguel Indurain) en 1985, tamén terceiro na Subida ao Urkiola en 1988 e segundo na Klásica de Primavera do 1989.

Na Volta Galiza, a súa mellor posición foi 2º en 1988, ano en que gañou tamén unha etapa e o Gran premio da Montaña. Tamén gañou o Gran premio da montaña da Volta Euskadi esa tempada.

Tamén foi campión galego de ciclocross 1987-88, 1988-89.

Foi seleccionado en sete ocasións para disputar o campionato do mundo de ciclismo de fondo por estrada. En 1988 recibiu o Premio Superprestixio de Unipublic. Quedou no posto 18º no Giro Italia do 1983, especialmente deseñado para rodadores e velocistas.

En total, estivo como ciclista profesional 11 anos, dende 1981 a 1991, se ben as tempadas de 1984 e 1990 pasounas practicamente inactivo debido á lesións. Con todo, a súa participación na primeira metade da Volta ciclista España de 1990 foi decisiva para o triunfo final do seu compañeiro de equipo Marco Giovanetti. Tivo que retirarse, por múltiples lesións, cando estaba de 10º na clasificación xeral.

Como profesional correu nos equipos Colchón CR, BH, Seur e Kelme, retirándose en 1991. Posteriormente, foi director deportivo do conxunto ciclista español Kelme (1992 a 1999) e despois do suízo Phonak (de 2002 a principios do 2005). Foi o descubridor para o ciclismo de élite dos corredores galegos Marcos Serrano e Óscar Pereiro.

En maio de 2006, foi presentado oficialmente como director técnico do equipo profesional de ciclismo galego Xacobeo Galicia. Con el como director de equipo, o Xacobeo Galicia proclamouse campión por equipos da Volta ciclista España 2009.

sábado, 15 de enero de 2011

Actualidade: Novo atentado ambiental gravísimo en Leirado

De novo as mafias privadas e do goberno voltanse unir as mans para seus propios bens, e como sempre é o mesmo o que sae mal parado, o medio ambente.

Pois aínda nom pasau, pero apunto está de voltar levar outro golpe máis noso monte, esta vez na parroquia de Leirado en Salvaterra de Miño, e en menor medida na de Taboexa, As Neves.

Todo comezou fai un mes máis ou menos, cando se detectou num piñeiro unha enfermidade que provoca un gusano o cal denominan “nematodo”, o parecer e contaxiosa. Decir que esta enfermidade vexetal xa se deran casos en Portugal e nom fixeron a carnicería que estes “especialistas” tentan facer. O caso é que viñeron especialistas da Xunta e dixeron que había que talar todas as coníferas num radio de entre 500 e 3.000 metros, quedando o final estipulado en 1.500 m, e decir unhas 400 Ha, unhas 130 veces máis ou menos o castro de Troña pra facerse unha idea. Todo isto sem dar case explicacións os veciños nim facer moita investigación, xa que claro Galiza ten tanto monte que unha calva máis nom se nota, o problema e que esa forma de pensar un día acabarase, pois xa nom habrá máis.

Algúns veciños empezaron a venta dos piñeiros a prezos case de valde, pois teñen un plazo cortísimo para súa venda, mentres que outros nom saben bem o que vai acontecer. As talas xa comezaron estes días e as incineracións, polo que poideronse ver fogueiras elevándose sobre Leirado. Añadir que se incinerou xa o único piñeiro que deu positivo, máis uns 15 que o rodeaban os cales nos análisis nom deran positivo. A empresa “publica” (que nom sei que ten de publica) SEAGA puxose xa mans a obra neste suposto “saneamento” dos montes de Leirado.
O certo e que cando isto remate, quedara unha zona totalmente desolada de 400 Ha, coa consecuenza da marcha dos seus animais, uns veciños que quedan sem monte, a desertización, aparte de que veremos cando chova e faganse riadas, pois nom hai nada que as conteña, logo pasa o que pasa e nos queixamos, pero claro os que executan estas ordes normalmente viven en apartamentos da costa.

Tamén esperemos saber en curto plazo para que serviu esta tala, o típico soe ser estradas novas, un viñedo novo, unha canteira… e o maior problema é que sempre saen ca súa, nos engañan mil veces e seguimos a corriente felices e sem facer nada.

Este fermoso piñeiral desaparecera.
Primeiras talas e incineracións en Leirado

lunes, 10 de enero de 2011

Prehistoria: Molde de Machado tipo Barcelos de Guillade

Neste contexto falaremos da aparición dun molde de fundición tipo Barcelos aparecido no monte das Carballas na parroquia de Guillade.

Este hallazgo corresponde a Idede de Bronce, a cal está dividida en tres fases, a inicial do 1.800 ao 1.500 a.C, na cal se atoparon varios depósitos de armas de bronce coma o de Roufeiro na provincia de Ourense. A segunda, que abarca dende 1.500 ata o 1.200 a.C, onde destaca os machados tipo Barcelos, os que se apareceron nalgúnhas partes do territorio do norte de Portugal e na Galiza, no que tratase dunha maneira común de fabricar machados. Por último o bronce final, do 1.200 ao 700 a.C, coincidindo seu final cos inicios da cultura castrexa e cos contactos con pobos mediterráneos e centro europeos, nestes últimos desenvolviase a cultura “dos campos de Urnas”.

ASENTAMENTO DO BRONCE MEDIO EN GUILLADE

Este posible asentamento situase no lugar das Carballas na parroquia Guillade. Está enclavado nun pequeno estreito val, que está a medio caminño entre Os Montes da Paradanta e o val do Tea.

Foi descubeto o abrir una pista, no que se descubriu un solo arcilloso con restos de carbón e algunas pedras traballadas, que en conxunto formarían parte de una vivenda. Nas cercanías foi onde atopariase o molde do machado tipo Barcelos e algúns restos de cerámica. Aínda que o sitio e rico no que en materiais se refire, aínda se espera un estudio da zona pa poder datar precisamente o asentamento e súa función.

Nota do autor: Esta noticia descoñece o autor da súa datación e onde se atopa na actualidade o molde, pois parece que quedou todo bastante tapado o igual co asentamento.

Espero en próximo visitar o lugar e ver como se atopa a zona, seguramente nom quedara ningún resto a vista, pero ver o entorno e as súas cualidades para poder imaxinar porque os habitantes neoliticos ponteareáns o elixiron, e poder asi comparar con outros atopados nos redores e na comarca e poder ver as semellanzas para un mellor estudo.

Un saudo, o autor.


Machado común do tipo Barcelos.