viernes, 24 de diciembre de 2010

O Apalpador, o papa noel galego.

O Apalpador, a personaxe mítica do Nadal galego.

O Apalpador (tamén coñecido como Pandigueiro ou Apalpadoiro) é un vello carboeiro que mora nas montañas do Courel. Leva unha vida sinxela, sen grandes preocupacións, sempre vestido co seu vello casaco remendado e a súa boina. É unha persoa humilde, sen avareza, que partilla o pouco que ten co resto da xente. E as castañas son a súa larpeirada preferida!

Cada 24 de decembro (ou 31 de decembro, segundo a zona) baixa das montañas e vai visitar os meniños e meniñas galegas. Entre nas casas á noitiña, cando están a durmir, e apálpalles o bandullo para saber se están ben mantidos. A quen pasaron fame e teñen a barriga vacía, déixalles unha presa de castañas co desexo de que no próximo ano vivan con fartura. A quen a teñen chea déixalles tamén unha presa de castañas co desexo de que continúen así todo o ano.

Mais o Apalpador é xeneroso e non só deixa castañas, senón que tamén dá presentes aos cativos. Estes presentes non son obxectos de consumo nin de grandes almacéns, son detalles feitos á man, libros, música non comercial, produtos de comercio xusto... Produtos sinxelos dun home sinxelo.

Entón xa sabedes, este Nadal lembraivos deste vello carboeiro á hora de pedir os regalos!

♫ Vaite logo meu nenín, ♫
♫ marcha agora prá camiña, ♫
♫ que vai vir o Apalpador ♫
♫ apalparche a barriguiña. ♫

jueves, 23 de diciembre de 2010

Patrimonio iniciará "de inmediato" la redacción del plan de recuperación del Castro de Troña

PONTEAREAS. El director xeral de Patrimonio de la Xunta, José Manuel Rey Pichel, anuncia la "inminente" redacción del Plan Director do Castro de Troña que garantizará la protección y conservación de este monumento ubicado en la parroquia de Pías y de sus inmediaciones.
Rey Pichel visitó la zona, el pasado viernes, junto al alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, y el concejal de Cultura, Andrés Sampedro Fernández. Juntos comprobaron, sobre el terreno, la situación en la que se encuentra el Castro de Troña que comprende un área de 105.990 metros cuadrados y su entorno de protección abarca 169.621 metros cuadrados.
El área del monumento, declarado Bien de Interés Cultural por la Xunta, incluye el recinto castreño y todas sus estructuras, y engloba la zona exterior, por lo que se extiende sobre un área en todo su perímetro que puede albergar terrenos de actividad relacionados con el poblado. El contorno de protección del monumento responde al preceptuado en la Lei do patrimonio Cultural de Galicia.
El director xeral de Patrimonio valoró el actual grado de conservación del Castro de Troña y expresó el compromiso de su departamento de "iniciar de inmediato os trámites de redacción e posta en marcha do Plan Director do Castro de Troña".
Además de los trabajos que se desarrollen al amparo de este plan, la Dirección Xeral de Patrimonio desarrollará, como primera medida, trabajos de reparación de la Capela do Doce Nome de Xesús, tanto en su interior como en el recinto cubierto de acceso.
Según apuntó José Manuel Rey Pichel, se trata de "adoptar todas aquelas medidas que sexan necesarias para a protección dun dos castros máis salientables e mellor conservados de Galicia".


FONTE FARO DE VIGO.

jueves, 2 de diciembre de 2010

Ponteareas na Historia: Grandes invasións e Reino Suevo

“Sométense á dominación dos bárbaros que dominan as súas provincias.” Relato de Hidacio da Limia, contemporáneo e bispo de Chaves.

No século V da nosa era o Imperio Romano atopabase nunha gran crise, os emperadores nom duraban máis dun par de anos, constantes guerras civís e usurpacións do trono, pestes, fames e inetsbilidade nas fronteiras onde os xermános transpasaban sem case resistencía.

Asi a principio do século V, no ano 409 chegan a península Ibérica un conxunto de pobos xermános favorecidos polas constantes loitas romanas interna, estes eran catro pobos, os vándalos (asdingos e silingos), suevos e alanos. Decir que os suevos eran de orixe escandinava e asentaranse entorno o I a.C no norte de Alemaña, nom estaban compostos por un só pobo, senóm que eran varios coma marcomanos, cuados...

Aproveitando que o rebelde hispano Xeroncio nomeara a seu fillo Máximo emperador do imperio deixou que estes pobos se asentasen na península, deixando soamente a provincia da Tarraconense libre dos bárbaros. asi despois de varios saqueos os xermános dividen o territorio e asentanse, quedandose na provincia da Gallaecia os suevos cuados no convento Bracarense e os vándalos-asdingos no lucense entorno no 411. Moitos galaicos ante este temor voltaron a repoboar os antigos castros pra estar máis protexidos como mostran os restos arqueolóxicos no castro de Troña.
Isto o galaico Hidacio o narra como unha desgraza ou mesmo o fim do mundo, o cal relata os sanguentos crimes dos soldados bárbaros, os saqueos nunha sociedade en crise polas guerras internas de Roma, os tiranos romanos e as invasións. A poboación pasaba fame o que fixo que unha terrible peste arrasase parte desta.

Pero Hidacio aprobeitou partes da biblia como se fora unha catástrofe, aparte estaba na súa vellez e num mundo que morria pra nacer outro e chegara a estar preso polos suevos. O mesmo tempo temos outro cronista tamén galego o cal o pillan nestes momentos na súa xuventude polo que nos fala destes feitos doutra forma máis positiva. Este fala dos bárbaros como un pobo menos violento do que se pensa, xente que utiliza as armas se nom teñen outra opción e mesmo as cambian polos arados, som xentes con leis moi firmes é según el tentan ser amigos dos romanos, nom seus enemigos.

Asi nestes momento oscuros da historia apareceria o primeiro reino independete do imperio romano de occidente, o Reino Suevo da Gallaecia, no que se pon a data de inicio no 429 no reinado de Hermerico. Aínda que num principio colleron os arados pronto usaron outro tipo de recurso pra abastecerse, a rapiña e saqueo. Asi os primeiros contra os que acometen foron cos vándalos-asdingos da parte lucense, os cales acaban abandoando o territorio.
Usarián esta táctica de abastecemento ata pasados a metade de século saqueando case que toda a península e incrementando seu territorio, ata que Roma se farta e manda a súa man militar, os visigodos, que derrotan e dan morte o rei suevo Reckiario na batalla do río Órbigo (preto de Astorga) para entrar nunha época de crise do Reino Suevo.

Decir que antes no 445 e 446 presentase unha flota vándala frente as costas de Turonio, supostamente Tui. Estas nom sabemos se por iniciativa vándala ou por mediación do imperio contra Reckila saqueán a as terras de Tui, incluidas as terras de Toroño, as cales se din no século XIII nos foros de Tui que se atopaba o castelo do Sobroso, polo que seguramente aqui refirese o val do Tea, onde sabemos que a vila romana de Angoares foi saqueada pois atoparonse restos de carbón e destrucción, aínda que ese emplazamento seguiria habitado.

Asi despois do ataque do visigodo Teodorico II o reino suevo caeu nunha crise case máis social que económica, pois os antigos terratenentes galaico-romanos e eclésiasticos perdián poder ante e terras ante a aristocracia sueva. Polo contrario o parecer as clases humildes adaptaronse bem e mesmo respetaronse asociacións agrarias no convento Lucense e fixeron parte do exercito suevo. Este crise fixo que o reino suevo dividirase en dous, o Bracarense e o Lucense.

Nunha destas loitas entre os aristocratas autóctonos e suevos mencionase unha zona que e digna de recordar, pois dise que o rei Remismundo ten problemas nas terras de Tui cos “aunonenses”, que querián rexentar as terras a maneira antiga. Sabendo que o val do Tea pertencia as terras de Tui e que a zona de Anguares aínda conservaba población e vestixios, pois era onde posiblemente aínda residisen os terratenentes desta zona , podese pensar que "aunomenses" poidan ser "anguarenses".

Despois disto o reino suevo entra nunha etapa oscura onde case nom hai datos escritos, pois nom se sabe nin os reis que gobernaron, o que si e que xa debián estar bastante influenciados polos visigodos, de hai ata cambiar o catolicismo pola relixión destes, o arianismo.

Voltase asi ter datos dos suevos apartires do 550, onde Teodomiro volta comberterse o catolicismo (aínda que hai quen di que foi seu antecesor Carririaco). Este era unha expresión de resistencia ante os visigodos arianos. Pero agora a sociedade sueva estaba moito máis asentada xa que a antiga aristocracia local que tanto odiaba os suevos agora colaboraba con eles e mesmo participaba activamente na corte.
Decir que este rei, Teodomiro no concilio de Lugo de 569, nomea a parroquia de Areas ou Aureas pertencente o obispado de Tui, aclarar que a Areas da época sería moito máis extensa ca actual e súa zona poboacional estaria máis preto do río, seguramente na zona da Fos. Isto nos di que estas terras deberon ter un incremento de poboación.

Nom sabemos se Teodomiro chega atacar os visigodos, pero si o que foi elexido seu sucesor, Miro, o cal emprega unha politica militar contra os visigodos apoiados pola aristocracia galaica antiga. Pero a empresa fracasa ante o rei visigodo Leovixildo o cal ataca a Gallaecia.
O sucesor de Miro, Ebrico tenta unha nova política de acercamento os visigodos, pero os aristocratas galaicos e o clero rebelanse a esta actitude e nomeán rei a Audeca, escusa que aproveita Leovixildo pra acabar co reino suevo entrando en Braga e O Porto no 585, dando asi fim a 156 anos do Reino Suevo da Gallaecia.

Destaca tamén un capitel tardo-romano aparecido num cruceiro de Couso, o cal dicen que atoparon nos montes de San Cibrán. Este pode ser de orixe suevético ou visigotico, e posiblemente chegara ali dende Angoares.

Capitel do cruceiro de Couso, de posible orixe sueva ou visigoda.


Solar de Angoares onde se situaba a vila romana que saquearon os vándalos, posteriormente construiuse unha capela similar a de Santa Comba de Bande. Este sitio seguiu poblado ata nosos días.

Bandeira do Reino Suevo Da Gallaecia.