domingo, 19 de septiembre de 2010

Novas seccións no blog.

Novas seccións de Ponteareas na Historia, onde se tratara o noso concello dentro de sucesos historicos que o podeiron afectar, é Paisaxes de Ponteareas e o Condado, onde se pondran fotos de paisaxes da nosa bisbarra. Nesta sección crearase un correo electronico que xa pasaremos para quen queira poda pasar súas fotos de paisaxes pa ser publicadas xunto seu nome ou seudonimo.

Novas seccións no blog.

Paisaxes de Ponteareas e o Condado

Pastizal de Gargamala (Mondariz) con montes cercanos o Coto de Eiras
Serra do Galleiro.

Río Tea o paso por Ribadetea.

Vista o castelo do Sobroso coa vila de Vilasobroso, o fondo Montes da Paradanta nunha tarde de inverno.

Ponteareas na Historia: Vikingos en Ponteareas, mito ou realidade.

Primeiro veremos quen eran estes guerreiros do norte que asoballaron Europa durante case tres séculos. Pra empezar diremos que o termino vikingo e posterior as súas camapañas e ven referindose a "piratas", xa que os seus conteporaneos chamaronlle "normandos", que significa "homes do norte" aínda que hoxe en día se refira a unha rexión de Francia que leva seu nome por súa presenza. Tamén foron conocidos na Europa Oriental e nas estepas rusas como "rus", e "varegos" no Impreio Bizantino.

Estas xentes de Escandinavia dividianse en tres pobos ou reinos fundamentais, os Daneses, Noruegos e Suecos. Eran expertos mariñeiros que desarrollaron uns potentes barcos, rápidos, estreitos e alongados podian case remontar calquer río, chegando asi a sitios coma Paris remintando o Sena ou Contantinopla (Estambul) dende o Baltico.
O parecer se di que comezaron atormentando Europa cos seus crueis e rápios ataques por sorpresa pola escaseza que sufria Escandinavia, asi foron forzando unha lenda de sanguinarios e de demos da mar. Os normandos utilizaban indumentarias como cotas de malla, machadas, cascos de ferro, adornos con calaveras... polo que soian sembrar o terror entre os atacados. Seus sitios favaritos eran os mosteiros, pois tiñan gran riqueza e eran doados de saquear. O primeiro ataque da historia documentado foi o saqueo do mosteiro de Lindisfarme no 793, en Gran Bretaña.

As terras da Galiza nom foron axeas os seus saqueos, aínda que aqui a diferenza doutros lugares coma Gran Bretaña, Irlanda, Francia, Imperio Xermánico, Italia, Groenlandia, Islandia ata o que eles chamaron Vinland (seguramente Terranova, Canada) onde conseguiron facer grandes saqueos e levar grandes botíns, establecer terras fixas, cobrar grandes rescates e tributos...

O primeiro ataque coñecido na Galiza foi polo 843, onde xentes dun pequeno pobo cercano o Faro de Brigantium (A Coruña) erguiase vendo no mar deceas de embarcacións distintas as que sempre viran. Estes desembarcaron e sempraron o terror chegando as terras do interior e sur de Lugo. Ali nas cercanias de Chantada e onde se di que o rei astur-galaico Ramiro I os derrotou no lugar de "Camporamiro". Despois da derrota os vikingos escaparon a mar e perderon parte do seu botin o igual que 70 naves que foron incendiadas, pero deixando o interior da Galiza arrasado.

Na segunda expedición foi no 858 feita por Daneses, os cales elixiron a Ría de Arousa cun obxetivo claro, chegar a Iria Flavia (Padrón) onde estaba o santuario do Apostolo Santiago. Iria foi saqueada tendo que trasladar a tumba do apostolo a Compostela, que a piques estivo de ser arrasada se nom chega a ser por un tal Conde Pedro o cal os derrotou e expulsou, desde esa a tumba do apostolo quedaria en Compostela, xa que era máis segura ca fraxil Iria Flavia.

Durante o siglo X contnuaron as incursións, pero sempre deron con defensres efiaces coma o bispo Sisnacio II, o cal se decia que era bispo-guerreiro de Santiago. Este fortificou con murallas Santiago e fixo frente a campaña do cruel vikingo Gunderedo que truxo as cercanias de Santiago máis de cen barcos. Na batalla de Fornelos perderia a súa vida este valente bispo no medios das machadas Vikingas. Nesta campaña os vikingos chegarian a Braga e o mesmo Cebreiro no linde con Leon.

Esta invasión seria a máis cruel, tres anos que no cal chegarian a remontar o Río Miño e devastar Tui e Ourense. Tui foi completamente arrasada e nom se voltou habitar ata moitos anos despois xa que os poucos bispos que se salvaron escaparon as terras interiores da Limia. E neste ataque onde seguramente as terras pontareáns serián completamente arrasadas. Nom sabemos se remontarian cos seus barcos o río Tea, pero si que seguramente este val os vikingos pasearián súas e armas e seguramente a igraxa antiga de Angoares sería arrasada, asi como aldeas da zona como Areas.
Finalmente o sangunario de Gunderedo sería derrotado polo conde Gonzalo na súa volta en terras de Ferrol, onde o propio cruel rei vikingo cairia morto. Este deixou do 967-970 Galiza arrasada e teñida de sangue o igual que parte de Europa onde estivera Gunderedo.

As seguintes e últimas campañas vikingas xa despois do ano 1.000 nom foron tan fortes nin causaron tanto pánico, xa que apartires do visto despois de Gunderedo as costas galegas fortificaronse con torres coma as do Oeste (Catoira) ou as da Lanzada, e mesmo o bispo Xelmirez creou unha potenta flota pra frealos.

Aqui na Galiza deixaron desa maneira súa pegada, pois tal vez Gunderedo fixo os saqueos, crueldades e atrociedes piores da historia da Galiza en só tres anos. A estes mariñeiros-guerreiros tamén lles devemos que hoxe en día a tumba do apostolo este en Compostela e nom en Iria Flavia, as torres do Oeste e as da Lanzada na nosa variada e fermosa historia Galaica.

Torres do Oeste (Catoira) que defenián a entrada do Río Ulla e o asceso a Compostela e Iria Flavia, hoxe celebrase a festa do desembarco vikingo recordando a estes mariñeiros-guerreiros escandinavos.