martes, 24 de agosto de 2010

Parroquias: Fozara, terra de fontes, folclore e ríos bravos.

Ponte de Caneira, a cal se di que noutros tempo poido ser a romana de Cons
Capela de San Xoán.

As bravas Pías.
A levada de Garavite.
A festa folclorica do Serán.

Parroquia pontareán situada a orillas do Tea. Ten unha superficie de 3,3 Km2 e onta cunha poboación de 374 habitantes. Seu patrón cristián e San Bartolomeu.

Seu relevo e montañoso aínda que nom conta con altitudes descables, o mesmo tempo que conta con pequenos vales interiores as ribeiras dos rios Tea e Maceira. Linda o este co concello de Mondariz Balneario, coa parroquia de Vilar pra ser máis exactos e o norte con Touton, parroquia do concello de Mondariz.

O paso por esta freguesia do Tea e dos máis fermosos do concello, súa braveza e rápidos entre os penedos fan que a súa beleza sexa inigualable, sobre todo na zona conocida coma as Pías, onde se atopa unha praia fluvial.

Ten unha rica historia e patrimonio, case sempre ligada os ríos. Esta parroquia conta con dous poboados castrexos, pola que súa importanza en esta época debeu ser importante. Asi temos un dos poboados castrexos máis importantes e reconocidos do concello, a Cidade ou Cividade de Caneira, moi preto do Tea. Este poboado atopouse o ser extraido barro dos seus redores visializaron cos seus muros, nel atopouse unha importante espada de antenas que hoxe atopase no museo de Pontevedra. A día de hoxe podense ver moi poucos restos deste antigo poboado galaico sin ser algúns restos de muros. O outro poboado atopase no barrio Outeiro de Castro, o cal encontrase nunha zona urbanizada e chea de terras de cultivo na actualidade, aínda que como bem di o nome do barrio, seu cruceiro, os restos petreos da zona asi como dun posible foso e dun muro que se conserva ata día de hoxe, a existenza deste poblado esta máis que probada.

Na época romana ten altisimas posibilidades de que a mítica ponte de Cons desaparecida hoxe en día estivese onde hoxe se atopa a de Caneira, moi preto do castro da Cividade de Caneira.
Tamén hai outra ponte que poido ter orixe medieval sobre o río Maceira, co seu linde con Padrons.

En canto súa aquitectura relixiosa súa igrexa parroquial data do século XVIII, tamén posué unha fermosa capela no barrio da Lomba adicada a San Xoán, onde se soe celebrar o samaín na noite do santo. Conten tamen cruceiros coma o de Outeiro de Castro.

A auga sempre o simbolo desta parroquia, asi o demostra as numerosas fontes coas que conta, asi como coa antiga levada de auga de Garavite que atravesa a parroquia con máis de 2 Km de recorrido, recuperada fai poucos.

A agricultura foi e segue sendo importante na vida dos fozarenses, aínda que hoxe sexa menos significante e valorada. Nos seus pequenos veles cercanos os ríos e levadas cultivase case que de todo. Súa industria e moi escasa sen ser algunha fábrica na zona de Baldo. Tamén nesta zona estase a construir súa casa Cultural, xa que dende fai pouco nom contaba con un edificio en condicións pra os veciños. Aínda asi queda moito que mellorar e segue sen contar practicamente con zoas recreativas, alcantarillados...

Posúe un rico folclore, asi coma a lenda da Cidade de Caneira, onde di que se a desenterran pode haber ouro que enrriqueza toda a zona, auga que a inunde ou veleno que a mate, aínda que esta lenda nom e creible e propia de toda Galiza, e máis bem inventada pola Xunta pa nom envestir en patrimonios aterrados. Tamén conta con outras lendas que teñen que ver cos ríos a día de hoxe case desaparecidas.
Celebrase ademáis unha fermosa festa folclorica do Serán organizada pola asociación cultural Pedra da Garza, asi como unha xuntanza cabalar a cal se organizaba irregularmente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario