martes, 24 de agosto de 2010

Parroquias: Fozara, terra de fontes, folclore e ríos bravos.

Ponte de Caneira, a cal se di que noutros tempo poido ser a romana de Cons
Capela de San Xoán.

As bravas Pías.
A levada de Garavite.
A festa folclorica do Serán.

Parroquia pontareán situada a orillas do Tea. Ten unha superficie de 3,3 Km2 e onta cunha poboación de 374 habitantes. Seu patrón cristián e San Bartolomeu.

Seu relevo e montañoso aínda que nom conta con altitudes descables, o mesmo tempo que conta con pequenos vales interiores as ribeiras dos rios Tea e Maceira. Linda o este co concello de Mondariz Balneario, coa parroquia de Vilar pra ser máis exactos e o norte con Touton, parroquia do concello de Mondariz.

O paso por esta freguesia do Tea e dos máis fermosos do concello, súa braveza e rápidos entre os penedos fan que a súa beleza sexa inigualable, sobre todo na zona conocida coma as Pías, onde se atopa unha praia fluvial.

Ten unha rica historia e patrimonio, case sempre ligada os ríos. Esta parroquia conta con dous poboados castrexos, pola que súa importanza en esta época debeu ser importante. Asi temos un dos poboados castrexos máis importantes e reconocidos do concello, a Cidade ou Cividade de Caneira, moi preto do Tea. Este poboado atopouse o ser extraido barro dos seus redores visializaron cos seus muros, nel atopouse unha importante espada de antenas que hoxe atopase no museo de Pontevedra. A día de hoxe podense ver moi poucos restos deste antigo poboado galaico sin ser algúns restos de muros. O outro poboado atopase no barrio Outeiro de Castro, o cal encontrase nunha zona urbanizada e chea de terras de cultivo na actualidade, aínda que como bem di o nome do barrio, seu cruceiro, os restos petreos da zona asi como dun posible foso e dun muro que se conserva ata día de hoxe, a existenza deste poblado esta máis que probada.

Na época romana ten altisimas posibilidades de que a mítica ponte de Cons desaparecida hoxe en día estivese onde hoxe se atopa a de Caneira, moi preto do castro da Cividade de Caneira.
Tamén hai outra ponte que poido ter orixe medieval sobre o río Maceira, co seu linde con Padrons.

En canto súa aquitectura relixiosa súa igrexa parroquial data do século XVIII, tamén posué unha fermosa capela no barrio da Lomba adicada a San Xoán, onde se soe celebrar o samaín na noite do santo. Conten tamen cruceiros coma o de Outeiro de Castro.

A auga sempre o simbolo desta parroquia, asi o demostra as numerosas fontes coas que conta, asi como coa antiga levada de auga de Garavite que atravesa a parroquia con máis de 2 Km de recorrido, recuperada fai poucos.

A agricultura foi e segue sendo importante na vida dos fozarenses, aínda que hoxe sexa menos significante e valorada. Nos seus pequenos veles cercanos os ríos e levadas cultivase case que de todo. Súa industria e moi escasa sen ser algunha fábrica na zona de Baldo. Tamén nesta zona estase a construir súa casa Cultural, xa que dende fai pouco nom contaba con un edificio en condicións pra os veciños. Aínda asi queda moito que mellorar e segue sen contar practicamente con zoas recreativas, alcantarillados...

Posúe un rico folclore, asi coma a lenda da Cidade de Caneira, onde di que se a desenterran pode haber ouro que enrriqueza toda a zona, auga que a inunde ou veleno que a mate, aínda que esta lenda nom e creible e propia de toda Galiza, e máis bem inventada pola Xunta pa nom envestir en patrimonios aterrados. Tamén conta con outras lendas que teñen que ver cos ríos a día de hoxe case desaparecidas.
Celebrase ademáis unha fermosa festa folclorica do Serán organizada pola asociación cultural Pedra da Garza, asi como unha xuntanza cabalar a cal se organizaba irregularmente.

miércoles, 18 de agosto de 2010

Actualidade: Incendios forestais, bem pa uns poucos mal pra vida de todos

Todos poidemos ver a imparable oleada de incendos forestais que ata agora asoballaron nosa terra e seguiran asoballando ata outubro. Poucas parroquias máis que do noso concello podese decir que de toda a bisbarra do O Condado libraronse da devastación do lume.

Pero detras destes desastres ecolóxicos encontrase como en todo o negocio e os cartos, xa que o que menos importa e destruilo todo e o dano que se fai, e se som vidas humanas pois o mesmo os cartos som os cartos.
Nom e dificil soispeitar que dende que empezaron os contratos dos brigadistas forestais foi como un boom de lumes que invadiron toda a Galiza.

A causa, pois só sabemos de posibles hipóteses ata agora, pero unha das craves máis cantosas podese ver coa privatización e capilización do sector forestal na Galiza, no que a loita contra o lume pasou a ser un negocio máis. A isto añadirlle as empresas madereiras, a construcción das carreteras, muiños de vento... e en menor medida de maneira accidental e pirómanos.

Asi ata o de agora deixan nas nosas terras incendios como o de Guillade, Cumiar e Oliveira, onde arderon 30 Ha e ata tuveron que desaloxar veciños. O incendio comezou por varios frontes e foi probocado.

Pero o peor ata o de agora levouse os nosos redores, por exemplo o de Fornelos de Montes onde arderon en dous lumes que nom se chegaron a xuntar pero en total foron 118 Ha e duas vidas humanas de dous brigadistas.

Polo de agora toca seguir esperando a que remate o veran e que por fin remate esta oleada de destrucción e morte da vida e do medio, co facil que seria ter xente traballando todo o ano limpando e previr as desgrazas do veran, aparte de dar emprego e profesionalizar os briagadistas, pero a tempo de hoxe o negocio manda.


jueves, 5 de agosto de 2010

Prehistoria: Paleloítico en Ponteareas

O Paleolítico e o periodo máis longo da Prehistoria e do ser humano neste mundo, calculase que abarca uns 4 millons de anos, e decir que dende o primeiro home ou primeira evolución do mono. Estes foron os primeiros habitantes humanos do mundo, de nómades cazadores a pouco a pouco establecerse e traballar as terras e os minerais coma os metais. O periodo que o segue e o Neolítico, que é cando o home comeza a traballar a metalurxía e a establecerse en lugares fixos, sembrando terras e coidando o gando.

Na Galiza calculase que o Paleolítico empezaria fai medio millón de anos e acabaria entorno o 5.000 a 3.000 a.C, segun a zona. O parecer estas terras do sur xunto co norte de Portugal evolucionarián antes cas terras do norte da antiga Kallai (nome que lle deron os gregos a Galiza, primer nome coñecido destas terras), asi o demostra que ata agora o lugar onde se atopou o primeiro rastro de vida humana se encontra na Gandaras de Budiño, Porriño.

En Pontareas pese a que nunca se buscou nada temos restos importantes que se atoparon de casualidade, que nos fan pensar que estas terras eran rondadas habitualmente polos primeiros cazadores nómades da Galiza, os cales andaban dun lugar pra outro buscando caza e froitos.

O máis importante ata agora atopado no concello foi un bifaz (antigo utensilio trallado prehistorico en forma de cuña acabado en pico que se soia por na punta dos paus ou empregado pa distintas tarefas). Este foi atopado no 1990 sumerxido nas augas do Tea moi preto da Ponte dos Remedios. Súa datación entornase o 14.000 a.C polo que é antiquisima, neste momento descoñezo seu paradeiro pero puden atopar uns debuxos nun antigo libro da historia de Ponteareas. Este bifaz xa o estudaremos máis adiante.

Outros restos desta longa étapa foron tamén a aparación nas orillas do Tea de novo, no seu cauce medio a altura da Freixa, Ribadetea, atoparonse varios restos de cuarcita e un bifaz discoide o cal tamén descoñecese seu paradeiro e datación.

Na Ponte das Partidas, Moreira, atopouse un hendedor e unha acuela raspadeira. Nos montes de Guillade, no de Albelle pra ser máis precisos atopouse dous bifaces posiblemente de traballos agricolas.

Por último tamén atoparase no barrio pontareán de Pedra de Auga un posible hendedor de cuarcita o cal decián que podia datar do 100.000 a.C, pero nom se sabe moito del, polo que pode ser unha simple lenda urban.

Nos redores do concello tamén atoparose restos abundantes, no mesmo Tea na súa conca alta, na parroquia de Maceira no covelo, atoparonse tres hachas de cuarcita. Todas estas pezas xuntas cas atopada nas Gandaras de Budiño e en todo o val do Miño e seus afluentes a ambos lados do río, fan unha rede e cultura moi similar entre os restos atopados. Esta rede podese ampliar as Rias Baixas pero descende a medida que avanza cara o norte, polo cal crese que súa base xeográfica era o Miño.

Debuxo do bifaz atopado sumerxido na zona da Ponte dos Remedios.