miércoles, 21 de julio de 2010

Personaxes ilustres: Fermín Bouza Brei

Fermín Bouza Brei (Ponteareas 1901 - Santigo de compostela 1973) e un dos personaxes máis ilustres o noso concello, historiador, etnografo e escritor que escriviu a maioria das suas obras en galego.

Publicou seu primeiro articulo no 1919, chamado Teatro de antaño en Santiago, escrita en castelán. No 1923 foi un dos fundadores do Seminario de estudios gallegos. O seguinte ano publicaría seu primeiro articulo en galego, Os estudantes ao arcebispo. Neses anos tamén foi colaborador das revistas Cristal, Resol e Nós.

Xuiz dende 1929, foi retirado deste cargo durante a dictadura por galeguista ata o 1938 0nde o reacmitiron trasladandose a Viella (Lleida) onde estivo nese cargo nesa localidade ata ser transladado A Estrada. Ingresou na Real Academia Galega no 1941.

Como poeta destaca por ser o iniciador do "neotrovadorismo", tendenza a cal seguirian outros autores coma Álvarez Blazquez ou Álvaro Cunqueiro Neste campo foi autor de Seitura e Nao senlleira.

A pesar da dictadura seguiu estudando a historia da Galiza, sobre todo no campo da arqueoloxía e prehistoria no instituto Padre Sarmiento. Desenrrolou un gran estudo científico nesta sección, na que ademáis engadiu estudos na numismática, epigrafía e etnografía. Suas obrascientificas máis importantes foron Bibliografía da prehistoria galega, Pehistoria e Folklore da Barbanza e A civilización neo-eneolítica galega.

No campo hisorico tamén se investigou o igual o autor deste blog a situazom do Monte Medulio, no cal os últimos galaicos castrexos resistiron os romanos pra despois suicidarse. Femín Bouza Brei situou este emblemático monte nun cumio da parroquia de Meder, en Salvaterra de Miño, o cal posiblemente máis adiante estudemos.

Tamén foi biografo de outros autores coma Rosalia de Castro. No ano 1992 dedicouselle o día das letras galegas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario