miércoles, 21 de julio de 2010

Cultura castrexa: O Castro de Troña

As primeiras referncias deste emblematico xacemento castrexo pontareán datan de comezos do século pasado, cando se abriu unha pista o alto do monte do Dulce nome de Xesus é atoparase unha vivenda, unha anfora e restos ceramicos indixenas.

Este xacemento situado na parroquia de Pias, e o máis coñecidodo concello e un dos máis coñecidos tamén a nivel galego da cultura castrexa. Situado os pés da capela do Dulce nome de Xesus, a 232 metros de altitude, este castro ten unha datación notablemente antiga, dende o VI-V a.C ata desabitarse ala polo I d.C xa en época romana, tendo logo unha ocupación ocasional no IV d.C.
Ocupa unha area de case 2,5 Ha, aínda que pode ser máis extensa. Ten un aspecto defensivo e as vivendas encontranse nun terreo escalonado. Ten duas murallas, unha que rodea seu núcleo, e decir a croa e outra o xacemento enteiro, o leste atopase un gran foso de 18 metros de alto por 10 de ancho. En canto a portas o parecer tiña duas, unha o leste e outra o oeste.
No interior do xacemento atopanse as vivendas, a maioria de estructura circular e elípticas indixenas aínda que tamén as hai cadradas e rectangulares da época romanizadora. No alto, e dicir a croa, a zona máis antiga e importante do recinto apréciase dous periodos de ocupación, un primeiro antigo en que as vivendas estaban construidas con material vexetal e xabre, e un segundo nos que os muros xa som petreos. Na croa encontramos tamén outros importantes restos como o alxibe (usabase pa aprovisionar a auga) que aínda funciona a día de hoxe. Outro resto moi importante e o petroglifo serpentiforme gravado nunha pedra.Tratase dunha serpe cal se lle atribuiron moitas lendas no folclore da zona con respeto os habitantes do castro.
Nos redores da croa, alguns autores coma Hidalgo Cuñago nos falan dun protoubanismo na expansión do poboado, con terrazas, canalizacións, patios empedrados comúns a varias vivendas, almacens, vestibulos... Con isto sabemos que as vivendas estaban organizadas en pequenos barrios familiares, típico dos grandes castros portugueses ou galegos coma Santa Tegra o Lansbricae. Posiblemente a época de maior auxe do poboado sería no primeiro tercio do I d.C.
Os restos atopados no castro foron abundantes e variados, destacando asi na ceramica moitisimos restos indixenas e anforas romanas ou concas de vidrio, nos metais destacan fibulas, pinzas, alfinetes, aneis, pendentes, contas de colar, moedas romanas... No referente a materiais tamén destacan muiños de man, pedras de afiar, unha posible testa de berraco de pedra...
En canto os periodos de escavacións sabemos que a primeira realizarona López Cuevillas e Luis Pericot nos anos 1927 a 1930. Despois fixeronse outras campañas pero nas cales descoñecense directores e cales eran seus fins, pero postos a ser a época que eran pois nom e de estrañar que foran pa pillaxe e roubo. Voltaronse a reanudar as campañas de escavacións dende 1981 o 1990 a man de José Manuel Hidalgo Cuñarro, que som as que nos chegan hoxe en día.
Por útimo decir que seguramente a parte máis antiga deste importante xacemento castrexo atopase aínda sen excavar, xa que estaria debaixo da capela. O castro de Troña poido ser tal vez a capital dunha tribu dependente da dos Grovios (asentados no sur de pontevedra) que ocuparia o val do Tea e territorios colindantes.

Alxibe
Petroglifo serpentiforme na croa

Conxunto de vivendas fora da croa formando un barrio familiar.


FICHA TÉCNICA

LUGAR: Monte do Dulce nome de Xesus, Pías

ALTIDUDE: 230 metros

COORDENADAS: LONX: 08º 29´19” LAT: 42º 12´54”

TIPOLOXÍA: Asentamento fortificado (Castro)

DATACIÓN: Idade de Ferro

ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo estado, con alteracións na súa croa por construcción da capela e torreiro.

CLASIFICACIÓN DO SOLO: Solo rústico de protección do patrimonio

PROPIEDADE: Privada ( propietaios e mancomún) e pública (municipal)

No hay comentarios:

Publicar un comentario